Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 25 de abril de 2012 Páx. 15187

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 do Porriño

EDICTO (300/2011).

No procedemento de referencia ditouse sentenza cuxo encabezamento e resolución son do seguinte teor literal:

«Sentenza número 8/12.

No Porriño o 24 de xaneiro de 2012.

Demandantes: Adolfo Varela Rey; Germán Blanco Fernández e José Carlos Blanco Sotelo.

Procuradora: Sra. De Miguel González.

Letrado: Sr. Lago Franco.

Demandada: Zona Sur Producciones, S.L.

Resolvo que estimo integramente a demanda presentada pola procuradora Sra. De Miguel González, en nome e representación de Adolfo Varela Rey, Germán Blanco Fernández e José Carlos Blanco Sotelo, e condeno a entidade Zona Sur Producciones, S.L. a aboar aos demandantes a cantidade de sesenta mil euros (60.000 euros), incrementada nos xuros previstos no fundamento xurídico terceiro desta resolución, e todo iso con expresa condena en custas á parte demandada.

Notifíqueselles ás partes en legal forma.

Modo de impugnación: esta resolución non é firme, e contra ela cabe interpoñer, ante este xulgado, recurso de apelación, para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, dentro do prazo de 20 días contados desde o día seguinte á notificación desta resolución.

Conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no Banesto, na conta deste expediente 1942 0000 03 030011, sinalando no campo concepto, a indicación Recurso seguida do código 02 Civil-Apelación.

Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separada por un espazo a indicación recurso seguida do código 02 Civil-Apelación.

No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando, neste caso, no campo observacións a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa».

E, como consecuencia do ignorado paradoiro de Zona Sur Producciones, S.L. expídese este para que sirva de notificación da sentenza recaída nas actuacións.

O Porriño, 8 de marzo de 2012.

O/a secretario/a xudicial