Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 25 de abril de 2012 Páx. 15189

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (1186/2011).

Eduardo José Castaño Barreiro, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1186/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Eva María Cancelo Carracedo contra a empresa A Horta de Fran, S.L., e o Fogasa, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Decido que debo estimar e estimo integramente a demanda formulada por Eva María Cancelo Carracedo, con DNI 79321300-G, contra A Horta de Fran, S.L., e cualifico como improcedente o despedimento do 19.10.2011, e ante a imposibilidade de readmisión, declaro extinguida a relación laboral da demandante coa empresa demandada, con efectos da data de hoxe, día 23.3.2012, e condeno a devandita empresa a avirse por tal declaración, e a que aboe á Sra. Cancelo as seguintes cantidades:

Indemnización

Salarios de trámite 20.10.2011/23.3.2012

1.561,87 € (37,5 días × 41,65 €/día)

6.497,4 €

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándoo mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir do seguinte á súa notificación. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado do xustificante acreditativo de depositar a cantidade obxecto de condena (clave de ingreso 1531-60) na conta deste xulgado aberta en Banesto, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, na cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista debendo acreditar tamén na indicada conta (clave de ingreso 1531-34) a consignación da suma de 300 euros preceptiva para interpoñer recurso, sen este cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa A Horta de Fran, S.L., en ignorado paradoiro, expido esta para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de marzo de 2012.

O secretario xudicial