Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 25 de abril de 2012 Páx. 15191

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1053/2009).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1053/2009, por instancia de José Luis Blanco Iglesias, Santiago Manuel Figueroa Seoane, Raúl Méndez Varela, Samuel Méndez Chans, José Manuel Núñez Méndez, José Eduardo Oliveira García, María Dolores Pastora Cousillas, José Fernando Sueiro Suárez e Camilo Vilanova Botana, contra Norpol, S.A, J. Costas Mantenimiento Naval y Cogeneración, S.L., Contratación de Trabajos Navales, S.L. e Norpol Service Enerprays, S.L., sobre cantidade, en que recaeu sentenza con data 26 de decembro de 2011 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolvo que, estimando a demanda interposta polos demandantes José Luis Blanco Iglesias, Santiago Manuel Figueroa Seoane, Raúl Méndez Varela, Samuel Méndez Chans, José Manuel Núñez Méndez, José Eduardo Oliveira García, María Dolores Pastora Cousillas, José Fernando Sueiro Suárez e Camilo Vilanova Botana, debo condenar e condeno as empresas Norpol, S.A, J. Costas Mantenimiento Naval y Cogeneración, S.L., Contratación de Trabajos Navales, S.L. e Norpol Service Enerprays, S.L. a que aboen a cantidade de 11.488,02 euros a José Luis Blanco Iglesias; 9.657,18 euros a Santiago Manuel Figueroa Seoane; 17.952,71 euros a Raúl Méndez Varela; 971,51 euros a Samuel Méndez Chans; 10.734,26 euros a José Manuel Núñez Méndez; 2.191,47 euros a José Eduardo Oliveira García; 1.379 euros a María Dolores Pastora Cousillas; 8.745,07 euros a José Fernando Sueiro Suárez e 1.176, 08 euros a Camilo Vilanova Botana, polos conceptos reclamados na demanda máis o 10% en concepto de xuros por mora.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de que consignou a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade, no número de conta 0030 1846 42 0005001274.

E igualmente deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 150 euros en concepto de depósito especial para recorrer na conta 1534 0000 664105309.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma ás empresas contra Norpol, S.A, J. Costas Mantenimiento Naval y Cogeneración, S.L., Contratación de Trabajos Navales, S.L. e Norpol Service Enerprays, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 3 de abril de 2012.

A secretaria xudicial
Rubricado