Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 25 de abril de 2012 Páx. 15193

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (13/2011).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe certifico que neste xulgado se seguen autos número 13/2011 por instancia de Andrés Novo Garea contra Televisión de Galicia, S.A. – TVG, S.A., Vozdifusión Noticias, S.L., subrogada de Voz Audiovisual, S.A. e Vídeo Voz TV, S.A., Ader Recursos Humanos ETT, S.A., Productora Faro Lérez, S.L, Profeico Atlántico, S.L. e o Ministerio Fiscal, sobre despedimento, nos cales se ditou sentenza en data 22.12.2011, que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decisión que, estimando a demanda interposta por Andrés Novo Garea contra as empresas TVG, S.A. e Vozdifusión Noticias, S.L, debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado ao demandante, e condeno a demandada TVG, S.A. a que, no prazo de cinco días desde a data da notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata do demandante, nas mesmas condicións que posuía con anterioridade, ou o aboamento dunha indemnización de 18.976,01 euros máis, en ambos os dous casos, o aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a notificación da presente resolución, que ascende a 99,15 euros diarios, con responsabilidade solidaria de Vozdifusión Noticias, S.L en canto ás consecuencias económicas do despedimento.

Absólvense as demais demandadas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta, deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade no número de conta 0030 1846 42 0005001274.

E igualmente deberá no momento de interpor o recurso consignar a suma de 150 euros en concepto de depósito especial para recorrer na conta 1534000064001311.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, o pronuncio, mando e asino».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Productora Faro Lérez, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 3 de abril de 2012.

O secretario xudicial