Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 25 de abril de 2012 Páx. 15195

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (957/2009).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 957/2009 por instancia de Manuel Sabín Varela e Juan Sabín Varela contra Tracogas, S.L., sobre despedimento nos cales se ditou sentenza o 16.12.2011 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido que, estimando a demanda formulada por Manuel Sabín Varela e Juan Sabín Varela, contra a demandada Tracogas, S.L., rebelde procesual, debo condenar e condeno a demandada a aboarlle a Manuel a suma de 11.096,97 euros e a Juan a cantidade de 12.070,47 euros, máis o xuro correspondente.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este xulgado do social, no prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa notificación.

Prevense á empresa demandada que para recorrer deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións deste xulgado o importe da condena ou aval bancario solidario e 150,25 euros en concepto de depósito (díxito 65), sen cuxos requisitos non será admitido a trámite o recurso e quedará firme a sentenza.

Así, por esta a miña sentenza, da que se unirá certificación aos autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Tracogas, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 3 de abril de 2012.

O secretario xudicial