Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 25 de abril de 2012 Páx. 15196

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1077/2009).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1077/2009 por instancia de Rosa Ángel Ultchak contra Norquimia, S.A. e Soluquímicas Centro XXI, S.L., sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 16.12.2011 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido que, estimando a demanda interposta pola demandante Rosa Ángela Ultchak debo condenar e condeno a empresa Norquímica, S.A. a que aboe á demandante a cantidade de 6.487,04 euros polos conceptos reclamados en demanda, cantidade que se debe incrementar co xuro por demora no pagamento do salario ata a data da sentenza, e desde esta co xuro por demora procesual ata o efectivo pagamento.

Notifíquese esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta, deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade, no número de conta 0030 1846 42 0005001274.

E, igualmente, deberá no momento de interpoñer o recurso consignar a suma de 150 euros en concepto de depósito especial para interpoñer recurso na conta 1534000064107709.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a Norquimia, S.A. e Soluquímicas Centro XXI, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 3 de abril de 2012.

A secretaria xudicial