Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 30 de abril de 2012 Páx. 15760

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2012, da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, pola que se dispón a cancelación definitiva da inscrición de entidades inscritas no Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento.

Antecedentes.

O DOG do 16 de febreiro de 2012 publicou a Resolución do 27 de xaneiro de 2012, da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, pola que se dispón a suspensión provisional da inscrición no Rexistro Galego de Axentes de Cooperación e a apertura do trámite de audiencia previo á cancelación definitiva da inscrición en relación cos expedientes do procedemento PR805A.

A devandita resolución establece que se vai «proceder á suspensión provisoria da inscrición das entidades relacionadas no anexo deste oficio, concedéndolles un trámite de audiencia de 15 días co fin de que poidan alegar e presentar os documentos e xustificacións que estimen pertinentes, e comunicándolles que, en caso de non facelo, procederá a cancelación definitiva da inscrición da súa entidade.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado desde a recepción desta notificación».

O prazo do trámite de audiencia rematou o pasado 6 de marzo. O prazo para interpoñer o recurso de alzada ante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza cumpriuse o 20 de marzo. As entidades relacionadas no anexo non presentaron ningunha documentación.

Fundamentos de dereito.

A Lei 3/2003, do 19 de xuño, de cooperación para o desenvolvemento establece no seu artigo 23 os axentes de cooperación.

O Decreto 326/2004, do 29 de decembro, polo que se regulan os órganos de coordinación e asesoramento en materia de cooperación para o desenvolvemento e polo que se crea o Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento, modificado polo Decreto 90/2011 (desde agora Decreto 90/2011) establece no seu artigo 13.1 que a inscrición no rexistro é voluntaria.

O artigo 19 do Decreto 90/2011 establece a obriga de comunicar ao rexistro calquera alteración dos datos rexistrados e di que a falta de comunicación da modificación dos datos inscritos aos que se refire o artigo 16 deste decreto –entre os que se atopa a modificación do domicilio social ou da súa delegación permanente en Galicia–, terá como efecto a suspensión provisoria da inscrición, que podería derivar en cancelación definitiva, logo de trámite de audiencia de acordo co previsto no artigo seguinte.

O artigo 20 do Decreto 90/2011 establece que a inscrición dun axente de cooperación ao desenvolvemento poderá ser cancelada, por instancia de parte interesada ou de oficio, entre outros, nos seguintes casos:

d) Por incumprimento da obriga de comunicar e acreditar calquera modificación da documentación achegada para a inscrición rexistral, de conformidade co disposto no artigo 15 deste decreto.

De acordo co indicado e á vista da lexislación aplicable,

RESOLVO:

Proceder á cancelación definitiva da inscrición das entidades relacionadas no anexo desta resolución.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado desde a recepción desta notificación.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2012.

Jesús María Gamallo Aller
Director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea

ANEXO

Sección e n.º

Denominación

ONGD3

Solidaridade Internacional Galega SIGA

ONGD 7

Asociación Juvenil Estudiantes Solidarios

ONGD10

Comité de Solidaridade con América Latina Cosal

ONGD 15

Asociación de Solidariedade Salvador Allende

ONGD 20

Centro Unesco de Galicia

ONGD 21

Asociación Babel

ONGD37

Fundación de Artistas e Intelectuales por los Pueblos Indígenas

ONGD 39

Asociación de Damas Salesianas

ONGD 49

Fraternidad Ayuda al Tercer Mundo FATEM

ONGD 51

Fundación Acción contra el Hambre

ONGD 53

Asociación Integración Ayuda y Desarrollo Africano AIDA

ONGD64

Asociación Benéfico Cultural Riparia

ONGD 65

Fundación Rokpa

ONGD 84

Asociación Brisa

ONGD 95

Asociación Dignidad

ONGD 118

Fundación Vicente Ferrer

ONGD 120

Asociación de Cooperación para o Desenvolvemento Amani Galiza-Laicos Combonianos Polo Sur

ONGD 121

Asociación Deporte, Cultura y Desarrollo

ONGD 124

Instituto Galego de Estudios de Seguranza Internacional e da Paz

ONGD 147

Asociación para la Salud Integral y el Desarrollo Humano ASIDH

ONGD 168

Asociación Organización de Solidaridad con los Pueblos de Asia, África y América Latina

ONGD 180

Fundación Ceps

Centro de Estudios Políticos y Sociales

ONGD 188

CUCO Galicia Asociación Cultura y Cooperación al Desarrollo