Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 30 de abril de 2012 Páx. 15784

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Covelo (expediente IN407A 2011/324-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se describen:

Solicitante: Central Eléctrica Sestelo & Cía, S.A.

Domicilio social: Doctor Fernández Vega, 14, 36000 Ponteareas.

Denominación: L.M.T.S., C.T. e R.B.T. Santa Mariña.

Situación: Covelo.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con condutor Hersatene D.H.Z. de 389 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado 4ES01087 na liña principal n.º 4 Ceo-Covelo-A Ermida e final no apoio proxectado 4ES01089 nesta unha vez entre e saia do C.T. proxectado. Centro de transformación de 160 kVA, R.T. 20 kV/400-230 V, situado en Santa Mariña, Covelo. Entubado de 417 metros de condutor R.Z. de baixa tensión.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independientemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de 12 meses a partir da recepción da presente resolución. Para os efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 27 de marzo de 2012.

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra