Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 30 de abril de 2012 Páx. 15805

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 9 de abril de 2012, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social (RL 2011/0351-4).

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, mediante esta cédula notifícaselle á empresa que se relaciona a resolución recaída no expediente sancionador correspondente.

Expediente: RL 2011/0351-4.

Acta: I362011000120665.

Empresa: Palcos y Carpas Paco Salcedo, S.L.

NIF: B-36343630.

Enderezo: avda. de Vigo, 14, O Couto, Pontevedra.

Materia: seguridade e saúde.

Preceptos infrinxidos: artigos 15 e 19 da Lei 31/1995, do 8 de novembro.

Preceptos sancionadores: artigos 5.2, 12.1.b), 12.8, 39 e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Data da resolución: 9.2.2012.

Resolución: multa de 4.092 €.

Fáiselle saber ao interesado que pode formular recurso de alzada perante o director xeral de Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Advírteselle que, de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberá aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderá solicitar na Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Traballo e Benestar, no número de conta e na entidade bancaria e prazo que nel se sinala, xa que noutro caso incoarase o procedemento pola vía de constrinximento ante a Consellería de Facenda correspondente.

Vigo, 9 de abril de 2012.

Carmen Bianchi Valcarce
Xefa territorial de Vigo