Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 3 de maio de 2012 Páx. 16207

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 3 de abril de 2012, da Dirección Xerencia do Hospital da Costa, pola que se procede a dar publicidade á resolución da mesma data, na cal se convoca a provisión de varios postos de persoal sanitario diplomado.

De conformidade co establecido no artigo 5.1.j) da Orde do 15 de xuño de 2009, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, e en uso das atribucións conferidas, procédese ao seguinte anuncio:

Anunciar a convocatoria para cubrir, polo procedemento de concurso de méritos, varios postos de supervisor de unidade de enfermaría. As características das prazas xúntanse no anexo.

As retribucións dos postos ofertados serán as que correspondan de acordo coa orde pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica vixente.

A mencionada convocatoria estará exposta no taboleiro de anuncios do Hospital da Costa, así como na páxina web do Sergas (www.sergas.es).

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. As solicitudes deberán dirixirse ao director xerente do Hospital da Costa, e poderanse presentar no rexistro do hospital ou a través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Burela, 3 de abril de 2012.

José Insua Pernas
Director xerente do Hospital da Costa

Anexo

Unha praza de persoal estatutario sanitario.

Categoría: S-A2-03. Supervisión de Unidade do Servizo de Quirófano.

Unha praza de persoal estatutario sanitario.

Categoría: S-A2-03. Supervisión de Unidade do Servizo de Medicina Interna.

Unha praza de persoal estatutario sanitario.

Categoría: S-A2-03. Supervisión de Unidade do Servizo de Calidade.

Unha praza de persoal estatutario sanitario.

Categoría: S-A2-03. Supervisión de Admisión.

Unha praza de persoal estatutario sanitario.

Categoría: S-A2-03. Supervisión de Urxencias.

Unha praza de persoal estatutario sanitario.

Categoría: S-A2-03. Supervisión de Unidade Xeral.