Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 4 de maio de 2012 Páx. 16764

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

EDICTO do 16 de abril de 2012, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo á iniciación de expediente de clasificación como veciñal en man común do monte coa denominación de Costa de Arriba, Costa de Abaixo, Monterroso I e II, e Outeiro, a favor dos veciños de Bouzas, da parroquia de Garabás, no concello de Maside.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense acordou, en sesión que tivo lugar o 25 de xaneiro de 2012, iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte coas características que a seguir se relacionan:

Concello: Maside.

Denominación do monte: Costa de Arriba, Costa de Abaixo, Monterroso I e II, e Outeiro.

Comunidade veciñal solicitante: Veciños de Bouzas, parroquia de Garabás.

Superficie total: 76.924 m2 aproximadamente.

– Costa de Arriba.

Superficie: 53.488 m2.

O monte está integrado no polígono 3 do plano catastral do concello de Maside, coas parcelas seguintes:

Parcela 84 (superficie 45.574 m2).

Parcela 85 (superficie 4.221 m2).

Parcela 420 (superficie 1.309 m2).

Parcela 9007-camiños do monte (superficie 2.384 m2).

Lindes:

Norte: Avelina Quintela Álvarez, Josefa Quintela, Elisa Domínguez Otero, Ernesto García González, Eligio González González, Carmen Álvarez Álvarez, Rogelio Mato Álvarez e outros.

Sur: María Carmen López Crespo, José Antonio Gómez González, Raúl Emilio Rodríguez Álvarez, común de Gulfar e outros.

Leste: coa estrada a Bouzas, Jesús Pinto Morante, Antonio Rodríguez Domínguez, Avelina Quintela Álvarez e outros.

Oeste: Juana Pousa Pérez, Andrés Carid García, Pío González, María Otero Pousa e outros.

– Costa de Abaixo.

Superficie: 976 m2.

O monte está integrado no polígono 7 do plano catastral do concello de Maside, coas parcelas seguintes:

Parcela 929 (superficie 237 m2).

Parcela 510 (superficie 150 m2).

Parcela 449 (superficie 589 m2).

Lindes:

A parcela 929 linda ao sur e ao leste con camiño e ao oeste coa estrada de Bouzas a Cea, o norte con valado do predio de Jesús Pinto Morante.

A parcela 449 linda ao norte, sur, leste e oeste con camiño, cruzado de leste a oeste por un tendido eléctrico de alta tensión.

A parcela 510 linda ao norte e ao leste con camiño, ao oeste coa estrada de Maside a Cea, ao sur con predio de Emilio Fernández (Gobia en medio).

– Monterroso I.

Superficie: 11.589 m2.

O monte está integrado no polígono 7 do plano catastral do concello de Maside, na parcela 451 (superficie 11.589 m2).

Lindes:

Norte: estrada de Bouzas a Sueirexa.

Sur: Rosa González González.

Leste: granxa de Benita Casares García.

Oeste: María del Carmen Rubianes Suárez, Encarnación Soto Gayoso, Esther Álvarez, Manuel Ramón Brenlla Anllo e outros.

– Monterroso II.

Superficie: 7.359 m2.

O monte está integrado no polígono 7 do plano catastral do concello de Maside, coas parcelas seguintes:

Parcela 920 (superficie 6.626 m2).

Parcela 981 (superficie 254 m2).

Parcela 963 (superficie 479 m2).

Lindes:

Norte: estrada de Bouzas a Sueirexa.

Sur: Francisca Álvarez González, María Gloria González García, María Dolores García Quintela, Juan Barrosa Filgueira, María del Carmen Rubianes Suárez e outros.

Leste: estrada Maside-Sueirexa e parcela comunal de Sueirexa.

Oeste: Odilo Álvarez Quintela e outros. A parcela está cruzada de leste a oeste por un camiño que parte da estrada de Maside a Sueirexa e leva a unha granxa e ao comunal de Monterroso.

– Outeiro.

Superficie: 3.512 m2.

O monte está integrado no polígono 7 do plano catastral do concello de Maside, na parcela 921 (superficie 3.512 m2).

Lindes:

Norte e leste: camiño.

Sur: César Rodríguez Blanco, Manuel Rodríguez Peña, Francisca Crespo García e outros.

Oeste: María González Rodríguez, Manuel González Rodríguez, Eligio González González, Manuel Pérez e outros.

O que se pon en coñecemento de todos os interesados indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que consideren convenientes así como presentar os documentos ou informacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Ourense, 16 de abril de 2012.

Ricardo Ignacio Vecillas Rojo
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Ourense