Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 4 de maio de 2012 Páx. 16768

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

EDICTO do 18 de abril de 2012, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo á iniciación de expediente de clasificación como veciñal en man común do monte coa denominación de Poulos, Campo de Lama e Fontaos, a favor dos veciños da parroquia de Lodoselo (Santa María), no concello de Sarreaus (Ourense).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar o 14 de marzo de 2012, acordou iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte coas características que a seguir se relacionan:

Concello: Sarreaus.

Denominación do monte: Poulos, Campo de Lama e Fontaos.

Comunidade veciñal solicitante: Veciños da parroquia de Lodoselo (Santa María).

Superficie total: 5,18 ha aproximadamente.

– Poulos.

Superficie: 1,07 ha.

Lindes:

Norte: parcelas particulares de Constantino López Gallego, Manuel Gallego Solveira e Casilda Rúa Pérez.

Sur: parcelas particulares de José Rodríguez Sotelo, Manuel Rodríguez Sotelo, Trinidad Sotelo Rodríguez e Ramona Carnero Carnero.

Leste: estrada de Vilar de Barrio a Vila de Rei.

Oeste: parcelas particulares de José Alonso Mellado, Cesáreo Alonso Iglesias, Avelino Rodríguez Carnero, Ramón Lois Gallego, Dolores Rodríguez Iglesias, José Alonso Mellado, Felisa Iglesias Garrido, Manuel Rodríguez Colmenero, José Blanco Míguez, Josefa Cordal Iglesias, Milagros Rodríguez Colmenero, Plácido López Rodríguez, Daniel Rodríguez Iglesias, Antonio Blanco Mellado, Antonio Iglesias González, María Rosa Mellado Carramiñana, Concepción González Blanco, José Rodríguez Sotelo, Manuel Rodríguez Sotelo, Trinidad Sotelo Rodríguez e Ramona Carnero Carnero.

– Campo da Lama.

Superficie: 2,58 ha.

Lindes:

Norte: parcelas particulares de Luis García Alvar e camiño público.

Sur, leste e oeste: camiño público.

– Fontaos.

Superficie: 1,53 ha.

Lindes:

Norte: parcelas particulares de José Cordal González, Serafín Alonso Casas, Milagros Rodríguez Colmenero.

Sur: José Rodríguez Mellado.

Leste: camiño público.

Oeste: José Carballo Carnero, Contemplación Pérez Alonso, Manuela Mellado Carnero, José Cordal González, Serafín Alonso Casas, Milagros Rodríguez Colmenero.

O que se pon en coñecemento de todos os interesados indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que consideren convenientes, así como presentar os documentos ou informacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Ourense, 18 de abril de 2012.

Ricardo Ignacio Vecillas Rojo
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Ourense