Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 4 de maio de 2012 Páx. 16770

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 11 de abril de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan todos os interesados no recurso contencioso-administrativo, interposto contra resolución relativa á zona de concentración parcelaria de Vilapedre (Vilalba-Lugo).

Visto o oficio do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia CON/AD Secc 1 001, ditado no procedemento ordinario 0000055/2011, polo cal se reclama o expediente administrativo do recurso contencioso-administrativo interposto por Fulgencio Valentín Fraga Fraga contra o acordo da Consellería do Medio Rural e do Mar, ditado no expediente de concentración parcelaria para Vilapedre (Vilalba-Lugo),

A consellería, de conformidade co disposto nos artigos 48 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, resolveu:

A remisión do correspondente expediente administrativo ao referido tribunal, notificando e emprazando as persoas interesadas no procedementos para que poidan comparecer e mostrarse parte nos autos mediante procurador e con asistencia de letrado con poder para o efecto, no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na Coruña, no prazo de nove días, contados desde o seguinte á publicación deste anuncio, se o consideran conveniente.

De non compareceren no prazo citado, continuará o procedemento polos seus trámites, sen que teña que practicárselles notificación de ningunha clase.

O que se fai público para os efectos de notificación e emprazamento aos interesados no procedemento.

Lugo, 11 de abril de 2012.

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo