Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 4 de maio de 2012 Páx. 16329

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 24 de febreiro de 2012 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica que aproba as bases reguladoras das axudas do Igape á internacionalización das empresas galegas, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2012, en réxime de concorrencia non competitiva.

Advertido un erro na referida resolución, publicada no DOG n.º 41, do 28 de febreiro de 2012, procede facer a seguinte corrección:

No anexo I, 4. Liña de prospección internacional (procedemento IG173), punto terceiro da epígrafe de Conceptos subvencionables, páxina 7155, onde di: «– Gastos de viaxe e aloxamento desde Galicia (…). É dicir, non se subvencionarán por esta liña os gastos de viaxe», debe dicir: «– Gastos de viaxe e aloxamento desde Galicia (…). É dicir, non se subvencionarán por esta liña só os gastos de viaxe».