Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 7 de maio de 2012 Páx. 16812

I. Disposicións xerais

Consellería de Facenda

CORRECCIÓN de erros. Decreto 112/2012, do 20 de abril, polo que se aproban determinadas modificacións en materia tributaria e de prezos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertidos erros no decreto anteriormente citado, publicado no Diario Oficial de Galicia número 77, do luns 23 de abril de 2012, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 14742, no artigo 12 bis. Liquidación, parágrafo 1, letra a), onde di: «...contidas no punto 13 do número 05», debe dicir: «contidas na subalínea 13 da alínea 05».

Na letra b), onde di: «...relacionadas no número 99», debe dicir: «...relacionadas na alínea 99».

Na letra c), onde di: «...contidas no número 02», debe dicir: «...contidas na alínea 02».

Na páxina 14743, no artigo 12 ter. Tarifas ACIS por unidade ou por servizo, parágrafo 1, onde di: «...contidas no punto 03 do número 99», debe dicir: «...contidas na subalínea 03 da alínea 99».

Na páxina 14744, no artigo 12 quáter. Tarifas ACIS pola cifra neta de negocios, parágrafo 1, onde di: «...contidas no punto 03 do número 99», debe dicir: «...contidas na subalínea 03 da alínea 99».