Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 7 de maio de 2012 Páx. 17088

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO relativo ao expediente expropiatorio por taxación conxunta para execución da obra de acondicionamento da rúa Rey de Viana, no concello de Leiro.

O Pleno da Deputación Provincial de Ourense, na súa sesión ordinaria do 30 de marzo de 2012, adoptou o acordo de aprobación inicial do proxecto de expropiación por taxación conxunta para a execución da obra de acondicionamento da rúa Rey de Viana, no concello de Leiro, e de sometelo a información pública.

Unha vez visto o exposto, faise público o citado proxecto de expropiación, o cal se tramita polo procedemento de taxación conxunta, promovido pola Deputación Provincial de Ourense, e no cal o beneficiario é o Concello de Leiro, para que, de conformidade co disposto no artigo 143 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, os interesados poidan examinar o expediente na Sección de Patrimonio e Expropiacións da Deputación Provincial de Ourense e formular as alegacións que estimen oportunas.

N.º parcela expte.

Referencia catastral

Tipo parcela

Propietario

M2

exprop.

1

2114620NG792150001JQ

Solo de núcleo rural

Carmen Pérez Fernández

10,15

2

2114620NG792150001JQ

Solo de núcleo rural

M.ª Barilde Otero Rodríguez

147,25

3

2114622NG792150001SQ

Solo de núcleo rural

Daría Iglesias Alén e Elena Romero Iglesias

36,00

4

2114621NG7921S0001EQ

Solo de núcleo rural

Benito Rivera López

41,60

Información: Sección de Patrimonio e Expropiacións. 988 38 51 27. Rúa Progreso, n.º 32. 32003 Ourense. Correo electrónico: patrimonio@depourense.es

Esta publicación servirá de notificación para os interesados descoñecidos ou de ignorado domicilio, para os efectos previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Ourense, 9 de abril de 2012.

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense