Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 7 de maio de 2012 Páx. 17087

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilalba

ANUNCIO de información pública sobre apertura dun taller mecánico e despezamento en Moscarán (Árbol).

Cesáreo José Boo García, con DNI 33817563-L, solicitou desta alcaldía licenza municipal para a apertura dun taller mecánico e despezamento, que se situará no lugar de Moscarán-Árbol (Vilalba-Lugo). En cumprimento do disposto no artigo 8, punto 3, do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días, contados a partir da última publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, coa finalidade de que durante este poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgunha maneira se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións e observacións que xulguen oportunas.

Vilalba, 26 de marzo de 2012.

Gerardo Criado Guizán
Alcalde