Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 7 de maio de 2012 Páx. 16939

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña

EDICTO (1224/2010).

María Elma Monzón Cuesta, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña, anuncia que no presente procedemento de xuízo verbal 1224/2010, seguido por instancia de Banco Popular Español, S.A, fronte a Ricardo Isabelino González e Sandra Beatriz Pecheco, se ditou sentenza do 25 de xaneiro de 2012 e auto do 27 de marzo de 2012 que corrixe a dita sentenza, nos cales figuran os seguintes particulares:

«Vistos por min, Milagritos Belso Sempere, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 desta cidade, estes autos de xuízo verbal, rexistrado co número 1224/2010-F, sobre reclamación de cantidade, en que foi parte demandante Banco Popular Español, S.A., representado pola procuradora Eva María Fernández Diéguez e coa asistencia letrada de Alfonso Cabeza Navarro-Rubio, e parte demandada Ricardo Isabelino González e Sandra Beatriz Pacheco, declarados en situación procesual de rebeldía.

Resolvo que estimando integramente a demanda formulada pola procuradora Sra. Fernández Diéguez, en nome e representación de Banco Popular Español, S.A., contra Ricardo Isabelino González e Sandra Beatriz Pecheco, rebeldes, debo condenar e condeno a esta a lle aboar á demandante a cantidade de seiscentos cincenta e cino euros con noventa e seis céntimos, así como os xuros legais desde a interposición desta demanda e os previstos no artigo 576 da LAC desde a data desta sentenza.

Con expresa imposición das custas procesuais á parte demandada.

Modo de impugnación: non cabe recurso.

Así, por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

A maxistrada xuíza».

Na resolución da dita sentenza, en lugar de pór «... cincuenta e cino...» debería pór «... cincuenta e cinco...».

E ao estar o demandado Ricardo Isabelino González en paradoiro descoñecido, expídese este edicto, que será entregado á parte demandante para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado, co fin de que se lle notifique en legal forma ao dito demandado, conforme o disposto no artigo 497 da Lei de axuizamento civil.

A Coruña, 30 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial