Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Martes, 8 de maio de 2012 Páx. 17272

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2012/23-2, 7992 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: NCG División Grupo Inmobiliario, S.L.

Domicilio social: avda. Linares Rivas, n.º 30, planta 3.ª, 15005 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T. e R.B.T. para alimentar a edificio na avda. Breogán n.º 23.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas: L.M.T.S. a 20 kV en canalización existente e proxectada, consistente en anelar o C.T. proxectado avda. Breogán, 23, entre o C.T. Baloira e o OCR Orquídea 2, cunha lonxitude de 220 metros en condutor novo e 110 metros de condutor recuperados en obra tipo R.H.Z.-240.

C.T. avda. Breogán, 23, en edificio non prefabricado, no cal se instalan tres celas de liña e unha de protección de trafo, cunha potencia proxectada de 630 kVA, unha potencia inicial de 250 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

R.B.T.S. con orixe no C.T. proxectado e final nas CXP do edificio a electrificar en condutor tipo R.Z.1-K(AS).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real Decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 11 de abril de 2012.

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo