Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Martes, 8 de maio de 2012 Páx. 17322

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Pobra de Trives

ANUNCIO de información pública sobre un punto limpo nos Chaos-A Cal (Sas de Xunqueira).

A Deputación Provincial de Ourense solicitou deste concello licenza municipal para a actividade de punto limpo que se instalará nos Chaos, lugar da Cal, en Sas de Xunqueira (A Pobra de Trives). En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

A Pobra de Trives, 13 de abril de 2012.

Francisco José Fernández Blanco
Alcalde