Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 14 de maio de 2012 Páx. 17963

III. Outras disposicións

Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2012 pola que se conceden subvencións en concorrencia competitiva a proxectos de aforro e eficiencia enerxética, incluídos na convocatoria efectuada mediante Resolución do 2 de setembro de 2011 (Diario Oficial de Galicia núm. 176, do 14 de setembro).

Antecedentes:

1. Ao abeiro da Resolución do 2 de setembro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións a proxectos de aforro e eficiencia enerxética para o exercicio 2011, no marco do convenio subscrito entre o IDAE e o Inega o día 3 de xullo de 2008 e con financiamento en parte do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional ao abeiro do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (en diante, bases reguladoras), solicitáronse subvencións entre outras nas seguintes liñas de axudas:

Concepto

Código

Estudos de viabilidade para coxeracións (EVC)

IN417S

Auditorías enerxéticas e proxectos de aforro e eficiencia enerxética no sector pesqueiro (PES)

IN417V

Auditorías enerxéticas e proxectos de mellora de eficiencia enerxética no sector agrario (AGR)

IN417W

2. Mediante Resolución do 17 de febreiro de 2012 (Diario Oficial de Galicia núm. 44, do 2 de marzo) efectuouse requirimento de emenda daquelas solicitudes que non reunían os requisitos previstos nos artigos 4 a 6 das bases reguladoras.

3. Unha vez rematado o prazo de emenda a comisión de valoración procedeu ao estudo e avaliación dos expedientes, seguindo os criterios establecidos no artigo 13 das bases reguladoras e de acordo coas contías máximas de axuda previstas por tipo de actuación no seu anexo I.

Consideracións legais:

1. Segundo o artigo 10 das bases reguladoras, o Departamento de Secretaría e Servizos Xerais do Instituto Enerxético de Galicia será o órgano competente para a instrución do procedemento administrativo de concesión das subvencións, e correspóndelle ao seu director ditar as diferentes resolucións que deriven del.

2. Neste procedemento só se teñen en conta aqueles feitos, alegacións ou probas aducidos polos propios interesados.

3. No artigo 14.4 das bases reguladoras disponse: «Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro. Con carácter xeral, non se enviarán notificacións postais e de conformidade co establecido no artigo 59.6.b) da indicada lei, no caso das resolucións de concesión das subvencións poderase substituír a notificación individual pola publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Inega (www.inega.es). Nesta publicación especificarase a data da convocatoria, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade da subvención. Coa publicación no DOG poderá remitirse aos beneficiarios a que consulten a información detallada da resolución a través do taboleiro electrónico de anuncios habilitado para estes efectos na páxina web do Inega».

De acordo con todo o anterior, esta dirección

RESOLVE:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das axudas concedidas con cargo ás aplicacións orzamentarias 08.A2.733A.471.3 / 08.A2.733A.471.4, tal e como figuran no anexo desta resolución.

Segundo. Todos os beneficiarios poderán obter información detallada da súa resolución accedendo ao taboleiro electrónico de dúas formas posibles:

1.ª Acceso pola páxina web do Instituto Enerxético de Galicia www.inega.es na parte dereita da portada, na opción taboleiro electrónico, onde, unha vez que acceda, se deberá teclear o código electrónico alfanumérico que aparece na esquina inferior esquerda da solicitude.

2.ª Acceso a través do correo electrónico remitido a cada beneficiario, sen necesidade de teclear o código electrónico alfanumérico, pois enlázase directamente co taboleiro de modo que o usuario xa ten á vista os documentos que figuran no arquivo.

Terceiro. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información, as persoas interesadas poderán dirixirse a esta entidade pública a través dos teléfonos 981 54 15 36/881 99 98 02/981 54 15 37, do número de fax 981 54 15 15 ou do enderezo de correo electrónico info@inega.es

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación ou notificación, de acordo co previsto nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, pódese interpoñer recurso administrativo de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun (1) mes contado do mesmo xeito, tal e como dispoñen os artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Todo iso sen prexuízo de calquera outro recurso que se considere oportuno.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2012.

Eliseo Diéguez García
Director do Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO
Subvencións concedidas

417S - Estudos de viabilidade para coxeracións (EVC).

Código solicitude

NIF

Datos do solicitante

Custo subvencionable (€)

Subvención
(€)

417S/11A09973

B36035939

Industrias Frigoríficas del Deza

7.325,00

5.493,75

417S/11A10038

B27290717

Hotel Balneario Aguas Santas, S.L.

5.050,00

3.787,50

417S/11A10087

A36606127

Ceamsa

11.250,00

8.437,50

417S/11A10669

A36615474

Harinas y Sémolas del Noroeste

15.000,00

11.250,00

417S/11A11313

A36014009

Nutrientos del Campo, S.A.

7.296,00

5.472,00

417S/11A11444

B36401909

Oca Hotels, S.L.

4.805,00

3.603,75

417S/11A11458

A36035392

Conservas de Cambados, S.A.

7.265,00

5.448,75

417S/11A11682

A32257123

Coasa

15.000,00

11.250,00

417S/11A11976

A28579258

Gsc, S.A.

15.000,00

11.250,00

417V - Auditorías enerxéticas e proxectos de aforro e eficiencia enerxética no sector pesqueiro (PES).

Código solicitude

NIF

Datos do solicitante

Custo subvencionable (€)

Subvención

(€)

417V/11A09807

A15493059

Calvopesca, S.A.

10.880,00

8.160,00

417V/11A09870

A36659407

Sotelo Dios, S.A.

33.300,00

24.975,00

417V/11A09936

A15493059

Calvopesca, S.A.

10.880,00

8.160,00

417V/11A09938

A15493059

Calvopesca, S.A.

10.880,00

8.160,00

417V/11A09967

A15493059

Calvopesca, S.A.

10.880,00

8.160,00

417V/11A09974

A15493059

Calvopesca, S.A.

10.880,00

8.160,00

417V/11A09976

A15493059

Calvopesca, S.A.

10.880,00

8.160,00

417W - Auditorías enerxéticas e proxectos de mellora de eficiencia enerxética no sector agrario (AGR).

Código solicitude

NIF

Datos do solicitante

Custo
subvencionable (€)

Subvención

(€)

417W/11A10251

V27237064

Xustas, S.A.T. - núm. 1006 - Xuga

4.500,00

3.375,00

417W/11A10277

76519477H

María Teresa Mejuto Río

5.990,00

4.492,50

417W/11A11068

V27339068

Casa de Luis

1.250,00

937,50

417W/11A11117

J27391598

Avísuego, S.C.

2.500,00

1.875,00

417W/11A11242

33298772Q

Ángel Suárez Mouro

6.000,00

4.500,00

417W/11A11243

F15797830

Landeira, S.C.G.

6.000,00

4.500,00

417W/11A11244

F15706245

Perilla, S.A.T.

6.000,00

4.500,00

417W/11A11245

F15800220

Céltigos, S.C.G.

6.000,00

4.500,00

417W/11A11247

F15859002

Caamaño, S.A.T.

6.000,00

4.500,00

417W/11A11248

F15017346

Grille, S.C.G.

6.000,00

4.500,00

417W/11A11249

F15731219

Vila Albores, S.A.T.

6.000,00

4.500,00

417W/11A11250

F70171202

Forxabar, S.C.G.

6.000,00

4.500,00

417W/11A11251

F15844194

Cuma de Xallas e Barcala

6.000,00

4.500,00

417W/11A11253

J70194626

Gandeiría Doreiro, S.C.

6.000,00

4.500,00

417W/11A11299

F32001976

Centro Tecnológico Incubación

12.000,00

7.500,00

417W/11A11327

F32001976

Coop. Ourensanas, S.C.G.

12.000,00

7.500,00

417W/11A11354

B15860679

Galician Marine Aquaculture

10.000,00

7.500,00

417W/11A11443

33851466C

Mariano González López

1.000,00

750,00

417W/11A11459

B27314582

Grancorona, S.L.

3.500,00

2.625,00

417W/11A11500

78784097N

Antonio Varela López

4.990,00

3.742,50

417W/11A11620

A78470382

Grupo Tres Mares, S.A.

10.000,00

7.500,00

417W/11A11831

F15939184

S.A.T. Fungocerga 1259 Xuga

10.000,00

7.500,00

417W/11A11900

F27256148

Os Parentes, S.C.G.

1.400,00

1.050,00

417W/11A11921

V27276484

S.A.T. García núm. 1142 Xuga

1.200,00

900,00

417W/11A11927

33294281X

González Fernando Gómez

1.200,00

900,00

417W/11A11934

V27110139

S.A.T. A Campiña 726 Xuga

1.200,00

900,00

417W/11A11939

F27262997

Icos, S.C.G.

4.000,00

3.000,00

417W/11A11964

B36378974

Alimentación Projoscar, S.L.

10.000,00

7.500,00

417W/11A12038

J27335801

Riazon, S.C.

1.200,00

900,00

417W/11A12174

V36487320

S.A.T. Saa núm. 1270 Xuga

4.090,00

3.067,50

417W/11A12183

V36240083

Casamaro S.A.T. 906 Xuga

10.360,00

7.500,00