Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 15 de maio de 2012 Páx. 18266

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CORRECCIÓN de erros. Orde do 4 de maio de 2012 pola que se regulan os criterios de repartición e a convocatoria de subvencións de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida da liña en concorrencia non competitiva e da liña en concorrencia competitiva, destinadas a entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia, do Fondo de Compensación Ambiental.

Advertido erro na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 87, do 8 de maio de 2012, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 17128, no artigo 20, letra f), número 6, onde di: «Que a entidade local aprobou no prazo legalmente establecido o seu orzamento vixente e non o ten prorrogado: 1 punto», debe dicir: «Que a entidade local aprobou no prazo legalmente establecido o seu orzamento vixente e non o ten prorrogado: 2 puntos».