Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 15 de maio de 2012 Páx. 18388

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Muras (expediente IN407A 2012/24-2, 7993 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a seguir se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 1.º, 27002 Lugo.

Denominación: reforma C.T. 00683 A Xestosa.

Situación: concello de Muras.

Características técnicas:

– L.M.T.A. a 20 kV, con orixe nun apoio metálico existente na L.M.T. Muras II da S.T. Setepontes e final no C.T.I. proxectado Xestosa, cunha lonxitude de 26 metros de conductor proxectado tipo LA-56.

– C.T.I. Xestosa, sobre apoio metálico, cunha potencia proxectada de 160 kVA, unha potencia inicial de 50 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230V.

– R.B.T.A. do C.T.I. Xestosa, formada por dous circuítos, tensada sobre apoios de formigón e pousada sobre fachada a unha tensión de 400-230 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 23 de abril de 2012.

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo