Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 15 de maio de 2012 Páx. 18386

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Sarria (expediente IN407A 2011/121-2, 7956 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle, Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T. Galicia, 17.

Situación: concello de Sarria.

Características técnicas:

– L.M.T.S. a 20 kV consistente en anelar na liña SAR811 o C.T. proxectado entre o C.T. rúa Castelao e o C.T. Colexios, cunha lonxitude de 30 metros, en condutor R.H.Z.1-240.

– C.T. Galicia 17, en edificio non prefabricado de manobra exterior, cunha potencia de 400 kVA e unha relación de transformación de 20.000 V/400-230 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 23 de abril de 2012.

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo