Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 15 de maio de 2012 Páx. 18343

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (730/2011).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 730/2011, por instancia de Andrés Raimundo Campos Hermida, José Ignacio Blanco Carro, Ángel Manuel Grela Bermúdez, Manuel González Rey, Santiago Maceira Grela, Alberto González López, Carlos Bustabad Anido, Jesús Manuel Lence Insua, Lydia Veiga Domínguez e José Manuel Morgade Viñas, contra Hierros y Derivados Antelo, S.L., administrador concursal de Hierros y Derivados Antelo, S.L. Bernardo Silva Regueira, sobre despedimento, en que recaeu sentenza con data 20 de marzo de 2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido que, estimando parcialmente a demanda interposta por Andrés Raimundo Campos Hermida, José Ignacio Blanco Carro, Ángel Manuel Grela Bermúdez, Manuel González Rey, Santiago Maceira Grela, Alberto González López, Carlos Bustabad Anido, Jesús Manuel Lence Insua, Lydia Veiga Domínguez e José Manuel Morgade Viñas, contra a entidade Hierros y Derivados Antelo, S.L, debo declarar a improcedencia do despedimento dos demandantes e a extinción da relación laboral, condenando a empresa demandada a que aboe aos demandantes a cantidade, en concepto de indemnización, de: Andrés Campos Hermida: 22.032,37 euros; José Ignacio Blanco Carro: 19.166,50 euros; Ángel Manuel Grela Bermúdez: 39.762,02 euros; Manuel González Rey: 20.882,05 euros; Santiago Maceira Grela: 19.208,69 euros; Alberto González López: 37.524,93 euros; Carlos Bustabad Anido: 33.037,45 euros; Jesús Manuel Lence Insua: 12.385,50 euros; Lydia Veiga Domínguez: 27.521,37 euros e José Manuel Morgade Viñas: 22.917,51 euros, máis o aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento –24 de xuño de 2011– ata a desta resolución, que ascende, para cada un dos demandantes, respectivamente, e pola orde anterior, a: 42,42; 43,8; 56,79; 43,51; 45,25; 47,39; 48,52; 45,25; 59,88 e 68,27 euros diarios.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza. E, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de que consignou a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade, no número de conta 0030 1846 42 0005001274.

E igualmente deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 150 euros en concepto de depósito especial para recorrer, na conta 1534 0000 64073011.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Hierros y Derivados Antelo, S.L. e o administrador concursal da empresa Hierros y Derivados Antelo, S.L. Bernardo Silva Regueira, expido e asino este edicto.

A Coruña, 24 de abril de 2012.

A secretaria xudicial