Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 15 de maio de 2012 Páx. 18345

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (19/2012).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 19/2012 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de José Luis Díaz Canoura contra a empresa Mieu, Promociones y Edificaciones, S.L., sobre despedimento e reclamación de cantidade, se ditou resolución cuxa decisión é a seguinte:

«DECIDO que estimando a demanda interposta por José Luis Díaz Canoura, debo declarar e declaro improcedente o despedimento do demandante con efectos de data 25 de novembro de 2011, e condeno a empresa demandada Mieu Promociones y Edificaciones, S.L. a que, no prazo de cinco días contados desde a notificación desta resolución, opte entre readmitir o demandante no seu posto de traballo ou indemnizalo pola extinción da relación laboral coa cantidade de 11.642,58 euros e, en todo caso, a aboarlle ao traballador os salarios de tramitación deixados de percibir desde a data do despedimento ata a notificación da presente resolución, en contía de 42,53 euros diarios, e deberá poñer en coñecemento do xulgado no prazo antes dito, se opta ou non pola readmisión. Así mesmo, condeno a demandada a aboarlle ao demandante a cantidade de 2.339,22 euros en concepto de salarios debidos.

Procede a absolución do Fogasa, sen prexuízo da ulterior responsabilidade que puidese alcanzarlle nos casos legalmente previstos».

E para que sirva de notificación en forma a Mieu, Promociones y Edificaciones, S.L., expido e asino o presente edicto.

Lugo, 23 de abril de 2012.

O secretario xudicial