Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 15 de maio de 2012 Páx. 18286

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2012 pola que se convoca a Xornada sobre a Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia.

Dentro do plan de actividades da Escola Galega de Administración Pública para o ano 2012 e de acordo coas funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escole, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócase, en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte, a Xornada sobre a Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, conforme as seguintes bases:

1. Obxectivos.

O obxectivo da xornada é dar a coñecer a nova Lei do deporte galego, Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia.

A xornada fará especial fincapé nas principais novidades da norma de recente publicación, en aspectos tales como as competencias das administracións públicas, as entidades deportivas, a xustiza deportiva, a protección da saúde dos deportistas, a loita contra a dopaxe e a loita contra as condutas contrarias á orde deportiva, entre outras materias.

Así mesmo, propiciarase un punto de encontro entre o ámbito xurídico e os axentes da actividade deportiva, no cal se aborden as cuestións recollidas pola nova lei.

Desta maneira, a xornada ten por principais obxectivos:

– Facilitar información sobre a nova Lei do deporte galego, Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia.

– Actualizar os coñecementos dos profesionais e entidades vinculadas ao ámbito deportivo tras a entrada en vigor da norma, para mellorar as competencias dos devanditos profesionais e entidades.

2. Contidos.

A xornada desenvolverase a través dunha acción caracterizada pola actualización, a calidade, a multidisciplinariedade e a especialización. Os contidos serán impartidos por profesionais en activo de recoñecido prestixio.

Entre outros, serán abordados os seguintes temas:

– Principais eixes regulatorios da nova lei.

– Os ámbitos autonómico, estatal e internacional na protección da saúde do deportista e a loita contra a dopaxe, e a loita contra as condutas contrarias á boa orde deportiva.

– As incidencias da lei no deporte galego e os seus axentes deportivos.

3. Destinatarios.

– Axentes da actividade deportiva.

– Profesionais do dereito relacionados coa actividade deportiva.

– Profesionais e interesados en xeral na materia.

4. Desenvolvemento.

Esta xornada desenvolverase na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) o día 30 de maio de 2012.

Duración: 4 horas lectivas, en horario de tarde.

5. Número de prazas.

Limitado pola capacidade do local.

6. Solicitudes.

As solicitudes irán dirixidas ao director da Escola Galega de Administración Pública (polígono das Fontiñas, rúa Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela), segundo o modelo que figura como anexo a esta convocatoria, e serán presentadas no Rexistro Xeral da EGAP, ou ben de calquera das formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Serán admitidas inscricións por medio de fax enviado ao número 981 54 63 30 ou por correo electrónico dirixido ao enderezo novas.egap@xunta.es

As persoas solicitantes poderán obter a confirmación da súa admisión se chaman por teléfono, das 8.30 ás 14.30 horas, aos seguintes números: 981 54 62 41/881 99 70 14.

7. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes finalizará o luns 28 de maio de 2012.

8. Modificacións.

A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e de resolver as incidencias que poidan xurdir no desenvolvemento desta xornada, así como a facultade de cancelala se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

9. Certificado de asistencia.

Entregarase un certificado de asistencia, ao final da xornada, a aquelas persoas inscritas que participasen asiduamente, e sempre que a súa asistencia sexa igual ou superior ao 85% das horas lectivas programadas. Neste documento aparecerán de forma expresa o contido, a data e o lugar de realización desta xornada.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2012.

Pablo Figueroa Dorrego
Director da Escola Galega de Administración Pública

Folla de inscrición

1. SOLICITANTE

Apelidos                                                                     Nome                                         DNI

2. DATOS PROFESIONAIS

Posto de traballo/profesión                      Corpo, subgrupo ou escala (1)                   Nivel (2)

Entidade en que presta servizos: (3)

Enderezo do posto de traballo:     Rúa         N.º     Localidade     Provincia         CP         Tfno.

Correo electrónico:

3. ACTIVIDADE SOLICITADA

Solicita asistir á Xornada sobre a Lei 30/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia que se desenvolverá na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) o día 30 de maio de 2012.

Sinatura:

.................................................., ......... de....................................... de 2012.

Os datos de carácter persoal contidos no impreso poderán ser incluídos nun ficheiro para o seu tratamento por este órgano administrativo, como titular responsable deste, no uso das funcións propias que teñen atribuídas e no ámbito das súas competencias. Así mesmo, infórmase da posibilidade de exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, todo isto de conformidade co disposto no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal (BOE núm. 298, do 14 de decembro).

(1, 2 e 3): cubrir só en caso de ser funcionario ou funcionaria.

Director da EGAP. Polígono das Fontiñas, rúa Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).