Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 15 de maio de 2012 Páx. 18299

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2012 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Biotecnoloxía Avanzada.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe positivo da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA).

Establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 11 de febreiro de 2011 (publicado no BOE do 16 de marzo de 2011 por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 25 de febreiro de 2011).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG), neste caso, do primeiro inciso do número 5.1 da Memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais segundo o anexo do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo comunicado do 14 de outubro de 2008, da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas, e segundo o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Biotecnoloxía Avanzada, que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 21 de abril de 2012.

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Máster universitario en Biotecnoloxía Avanzada

Rama de coñecemento: Ciencias.

Universidades participantes: A Coruña e Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias

42

Optativas

18

Prácticas externas

18

Traballo fin de máster

12

Créditos totais

90

Cadro 2. Materias, créditos e módulos do máster.

Materia

ECTS

Carácter

Curso

Módulo

Enxeñaría Xenética e Transxénese

4,5

Obrigatorio

1.º

I. Metodoloxías e Procesos

Enxeñaría Celular e Tisular

3

Obrigatorio

1.º

Xenómica e Proteómica

4,5

Obrigatorio

1.º

Bioinformática

3

Obrigatorio

1.º

Biotecnoloxía Industrial

6

Obrigatorio

1.º

Procesos e Produtos Biotecnolóxicos

3

Obrigatorio

1.º

Técnicas de Aplicación en Biotecnoloxía

6

Obrigatorio

1.º

Organización e Xestión: Xestión Empresarial e Xestión Eficaz do Laboratorio

4,5

Obrigatorio

1.º

II. Xestión, Control e Auditoría de Bioempresas

Auditoría de Empresas Biotecnolóxicas

4,5

Obrigatorio

1.º

Aspectos Legais e Éticos en Biotecnoloxía

3

Obrigatorio

1.º

Biotecnoloxía Alimentaria

3

Optativo

1.º

III. Biotecnoloxía Alimentaria e Agropecuaria

Análise de Alimentos, Seguridade Alimentaria e Rastrexabilidade

3

Optativo

1.º

Biotecnoloxía Animal

3

Optativo

1.º

Biotecnoloxía Aplicada ao Desenvolvemento Sustentable

3

Optativo

1.º

Biotecnoloxía Vexetal

3

Optativo

1.º

Biotecnoloxía Aplicada ao Desenvolvemento Sustentable

3

Optativo

1.º

IV. Biotecnoloxía Ambiental

Contaminación Ambiental

3

Optativo

1.º

Tecnoloxía Ambiental e Xestión da Auga

3

Optativo

1.º

Tecnoloxía Ambiental e Xestión do Solo e Aire

3

Optativo

1.º

Prevención, Xestión e Auditorías Ambientais

3

Optativo

1.º

Diagnóstico e Terapia Molecular

3

Optativo

V. Biotecnoloxía Sanitaria

Reprodución Asistida

3

Optativo

1.º

Deseño e Produción de Vacinas e Fármacos

3

Optativo

1.º

Deseño de Novos Fármacos Específicos (Farmacoloxía e Farmacoxenómica)

3

Optativo

1.º

Ferramentas Biotecnolóxicas para Análise Forense

3

Optativo

1.º

Traballo fin de máster

12

Obrigatorio

2.º

VI. Proxecto fin de máster

Prácticas externas

18

Obrigatorio

2.º

VII. Prácticas externas

Para a obtención do título de máster universitario en Biotecnoloxía Avanzada, o alumnado deberá superar 72 ECTS obrigatorios e optar por unha das especialidades ofertadas, que se corresponden cos módulos III, IV ou V, cursando 15 créditos da especialidade e 3 ECTS que se escollerán entre as outras especialidades.