Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 15 de maio de 2012 Páx. 18297

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2012 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Creación, Dirección e Innovación na Empresa.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe positivo da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA).

Establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 15 de abril de 2011 (publicado no BOE do 11 de maio de 2011 por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 26 de abril de 2011).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artígo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial do Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG), neste caso, de primeiro inciso do número 5.1 da Memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo comunicado do 14 de outubro de 2008 da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas, e segundo o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Creación, Dirección e Innovación na Empresa, que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 21 de abril de 2012.

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Máster universitario en Creación, Dirección e Innovación na Empresa

Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas.

Universidades participantes: Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias

60

Optativas

0

Prácticas externas

16

Traballo fin de máster

14

Créditos totais

90

Cadro 2. Materias, créditos e módulos do máster.

Materia

ECTS

Carácter

Módulo

Sistema de Diagnóstico Estratéxico e Xestión do Coñecemento

3

Obrigatorio

Temas Avanzados en Xestión de Empresas e Economía

Sistema de Información Financeira para a Empresa

3

Obrigatorio

Temas Avanzados en Control de Xestión

3

Obrigatorio

Métodos Cuantitativos e Cualitativos de Análise Avanzados

3

Obrigatorio

Temas Avanzados en Dirección e Administración de Operacións

3

Obrigatorio

Economía de Redes: a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

3

Obrigatorio

Habilidades Directivas

3

Obrigatorio

Desenvolvemento e Comercialización de Proxectos I+D+i

3

Obrigatorio

Creación de Empresas

Financiamento para a Creación e Crecemento da Empresa: Planificación, Análise de Custos e Rendibilidade

3

Obrigatorio

Emprendemento: Valoración e Selección de Ideas de Negocio

3

Obrigatorio

Cadro Lexislativo e Fiscal para a Constitución, o Crecemento e a Innovación

4

Obrigatorio

Creación de Empresas de Base Tecnolóxica

3

Obrigatorio

Sistemas Español e Galego de Innovación

3

Obrigatorio

Xestión da Innovación, a Tecnoloxía e a Calidade

Xestión Medioambiental, da Seguridade e Saúde Laboral e da Responsabilidade Social Corporativa. Sistemas Integrados de Xestión de Calidade

3

Obrigatorio

Implantación de Sistemas de Xestión da Calidade: Modelos e Técnicas

3

Obrigatorio

Políticas de I+D e Innovación na Unión Europea

3

Obrigatorio

Dirección Estratéxica da Innovación e a Tecnoloxía: Ferramentas para a súa Xestión

5

Obrigatorio

Comercialización e Desenvolvemento de Novos Produtos

3

Obrigatorio

Xestión dos Recursos Humanos para a Innovación e a Mellora Continua

3

Obrigatorio

Traballo Fin de Máster

14

Obrigatorio

Traballo Fin de Máster

Prácticas en empresas ou organizacións de soporte para a investigación e innovación

16

Obrigatorio

Para a obtención do título de máster universitario en Creación, Dirección e Innovación na Empresa, o alumnado deberá superar os 90 ECTS dos que consta o máster.