Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 15 de maio de 2012 Páx. 18293

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2012 pola que se anuncian os actos en conmemoración do Día das Letras Galegas.

En execución do Plan de actividades da Escola Galega de Administración Pública (en diante, EGAP) para o ano 2012, a EGAP anuncia a celebración dos actos en conmemoración do Día das Letras Galegas conforme as seguintes bases:

1. Obxectivos.

A Real Academia Galega dedícalle o Día das Letras Galegas de 2012 ao xurista, político galeguista, empresario e tamén ensaísta e poeta Valentín Paz Andrade (Pontevedra, 1898–Vigo, 1987). Por este motivo, a EGAP, como institución pública galega, súmase á homenaxe deste galego insigne organizando un acto literario, así coma unha viaxe de interese cultural polos escenarios nos que se desenvolveu boa parte da vida de Valentín Paz Andrade.

2. Destinatarios.

No acto literario poderá participar o persoal das administracións públicas e calquera outra persoa interesada. Á viaxe cultural terá acceso só o persoal ao servizo de calquera das administracións públicas de Galicia (ata 40 prazas). No caso de presentárense máis solicitudes que prazas, terá preferencia o persoal da Xunta de Galicia.

Para a selección da viaxe cultural terase en conta a data de entrada da solicitude no rexistro xeral da EGAP ou a data do fax, sempre de acordo coa preferencia sinalada no parágrafo anterior.

3. Desenvolvemento.

3.1. Un relatorio a cargo do presidente do Consello da Cultura Galega e catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela, Ramón Villares Paz, sobre a polifacética traxectoria do autor agasallado.

– Data: 22 de maio.

– Hora: 19.00.

– Lugar: salón de actos e sala de exposicións da EGAP.

Tras o relatorio, actuarán a soprano Laura Alonso Padín, acompañada ao piano por Juan M. Varela, que interpretarán varias obras de música galega. Igualmente, no contexto deste acto procederase á inauguración da VIII Mostra colectiva das artes e das letras dos empregados da Administración autonómica galega.

3.2. Viaxe cultural:

Data: 17 de maio.

– O programa desenvolverase do seguinte xeito:

• Saída da Coruña ás 8.00 horas (Obelisco).

• Saída de Santiago de Compostela ás 9.00 horas (EGAP).

• Pontevedra: Finca de Montero Ríos en Lourizán.

• Petróglifos e Labirinto de Mogor.

• Bueu: Museo do Mar de Masso.

• Aldán, O Hío e a Costa da Vela.

• Subida ao Castro do Monte do Facho en Donón, incluíndo unha visita ao Santuario galaico-romano de Berobreo (O Hío).

• Xantar enxebre.

• Museo do Mar de Vigo.

• Panxón e a obra de Antonio Palacios.

• Baiona e o monumento da Virxe da Roca (Monte Sansón).

• Chegada a Santiago de Compostela sobre as 21.00 horas.

• Chegada á Coruña sobre as 22.00 horas.

– A visita será guiada polo historiador de arte e arqueólogo Felipe-Senén López Gómez.

Para coñecer o desenvolvemento da viaxe e para todo tipo de información, prégase contactar co Servizo de Estudos e Publicacións. Teléfonos: 981 59 72 51/981 54 62 39/981 54 62 35.

4. Inscrición.

As solicitudes, segundo o modelo oficial que figura ao final desta convocatoria, irán dirixidas ao director da EGAP, rúa de Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela; e presentaranse no rexistro xeral da EGAP ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro. Admitiranse tamén inscricións por telefax: 981 54 63 30/981 54 62 49.

As solicitudes deberán entrar no rexistro da EGAP antes das 12.00 horas do día 16 de maio.

5. Publicación e notificación da selección.

A confirmación da súa selección poderá obterse chamando por teléfono á EGAP, aos números 981 59 72 51/981 54 62 39/981 54 62 35, ou ben consultando a lista de seleccionados, que se exporá no taboleiro de anuncios deste centro e no seu portal web.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2012.

Pablo Figueroa Dorrego
Director da Escola Galega de Administración Pública

FOLLA DE INSCRICIÓN

1. SOLICITANTE

Apelidos

Nome

NIF núm.

Enderezo particular

Localidade

Provincia

CP

Teléfono

2. DATOS PROFESIONAIS

Posto de traballo

Corpo ou escala (1)

Nivel (2)

Entidade na que presta servizos

Enderezo do posto de traballo

Localidade

Provincia

CP

Teléfono

Telefax

Enderezo electrónico

3. ACTIVIDADE SOLICITADA

Solicita:

□ asistir ao acto literario o día 22 de maio de 2012 na EGAP.

□ participar na viaxe cultural o día 17 de maio.

Sinatura

_____________________________, ___ de __________________ de 2012

(1) e (2) Cubrir soamente no caso de ser funcionario

No cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal (BOE núm. 298, de 14.12.1999), infórmaselle de que os datos persoais recollidos nesta solicitude serán incorporados a un ficheiro para o seu tratamento, coa finalidade de xestionar este procedemento. Vostede pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición previstos na lei, mediante a presentación dun escrito dirixido a este mesmo centro, como responsable do ficheiro.

Director da Escola Galega de Administración Pública