Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 16 de maio de 2012 Páx. 18556

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 20 de abril de 2012 pola que se resolve a convocatoria pública de provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo anunciada pola Orde do 10 de febreiro de 2012.

Mediante Orde do 10 de febreiro de 2012, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 40, do 27 de febreiro de 2012, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

De conformidade co establecido nos artigos 17.4 e 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e demais normativa vixente,

DISPOÑO:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada pola Orde do 10 de febreiro de 2012 e designar os/as funcionarios/as cuxos datos se sinalan no anexo desta orde para ocupar os postos que tamén se especifican.

Segundo. O cesamento no actual destino efectuarase, segundo o previsto no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, no prazo de tres días contados a partir do seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente o/a funcionario/a presta servizos, ou dun mes se radica en distinta localidade ou comporta o reingreso ao servizo activo, de conformidade co disposto no referido precepto e na base sétima da convocatoria.

Terceiro. A xefatura do centro en que cause baixa o/a funcionario/a, así como a daquel en que obteña praza, consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, que serán trasladadas mediante copia á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2012.

Alfonso Rueda Valenzuela
Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

Apelidos e nome: Diz Gamallo, Ines María.

NRP: 3556128546 A2059.

Subgrupo: C2.

Posto de traballo: secretario/a delegado/a territorial.

Código do posto: PR.C99.00.000.36560.001.

Nivel: 18.

Complemento específico: 6.447,56.

Centro directivo: Delegación Territorial de Vigo.

Localidade: Vigo.

Apelidos e nome: Mosquera López, Pilar María.

NRP: 7672382757 A2059.

Subgrupo: C2.

Posto de traballo: secretario/a delegado/a territorial.

Código do posto: PR.C99.00.000.36560.002.

Nivel: 18.

Complemento específico: 6.447,56.

Centro directivo: Delegación Territorial de Vigo.

Localidade: Vigo.

Apelidos e nome: Rodríguez Fachado, José Antonio.

NRP: 3610145002 A2060.

Subgrupo: A1.

Posto de traballo: Xefatura Sección de Apoio Técnico e Coordinación Administrativa.

Código do posto: PR.C99.00.000.36560.005.

Nivel: 25.

Complemento específico: 11.775,82.

Centro directivo: Delegación Territorial de Vigo.

Localidade: Vigo.