Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 16 de maio de 2012 Páx. 18554

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2012 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Enxeñaría de Soldadura.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe positivo da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA).

Establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 15 de abril de 2011 (publicado no BOE do 11 de maio de 2011 por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 26 de abril de 2011).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG), neste caso, do primeiro inciso do número 5.1 da Memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo comunicado do 14 de outubro de 2008, da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas, e segundo o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Enxeñaría de Soldadura, que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 21 de abril de 2012.

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Máster universitario en Enxeñaría de Soldadura

Rama de coñecemento: Enxeñería e Arquitectura.

Universidades participantes: Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias

48

Optativas

0

Prácticas externas

0

Traballo fin de máster

12

Créditos totais

60

Cadro 2. Materias, créditos e módulos do máster.

Materia

ECTS

Carácter

Módulo

Procesos de Soldadura por Arco Eléctrico

5,5

Obrigatorio

Procesos de Soldadura e o seu Equipamento

Outros Procesos de Soldadura

5

Obrigatorio

Prácticas sobre Procesos de Soldadura

4

Obrigatorio

Metalurxia da Soldadura

4,5

Obrigatorio

Materiais e o su Comportamento durante a Soldadura

Soldabilidades das Aleacións Férreas

5,5

Obrigatorio

Soldabilidades das Aleacións non Férreas

3,5

Obrigatorio

Cálculo e Deseño de Unións Soldadas

8

Obrigatorio

Cálculo e Deseño das Unións Soldadas

Fabricación de Construcións Soldadas

7

Obrigatorio

Fabricación e Aplicación por Soldadura

Aplicación Práctica de Códigos e Normas

5

Obrigatorio

Traballo Fin de Máster

12

Obrigatorio

Traballo Fin de Máster

Para a obtención do título de máster universitario en Enxeñaría de Soldadura, o alumnado deberá superar os 60 ECTS de que consta o máster.