Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 16 de maio de 2012 Páx. 18512

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2012, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a realización dun curso homologado de nivel cualificado para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandaría e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán, aos organismos responsables, na Comunidade Autónoma, a homologación dos ditos cursos e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai celebrar.

En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel cualificado, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Centro de Formación ICA, S.L., de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso.

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel cualificado.

2. Entidade organizadora.

Centro de Formación ICA, S.L.

3. Data.

Os días 24, 25 e 31 de maio de 2012 e 1, 7, 8, 14, 15, 21, 22, 28 e 29 de xuño de 2012.

4. Lugar de celebración.

Centro de Formación ICA, S.L., rúa Portela, n.º 12, interior (O Calvario), 36205 Vigo, Pontevedra.

5. Número de prazas.

Máximo 20 alumnos.

6. Dirixido a:

Responsables técnicos das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas.

7. Criterios de selección.

Por rigorosa orde de recepción de inscricións.

8. Presentación de solicitudes.

Solicitude segundo modelo anexo.

9. Programa:

Día 24.5.2012

16.00-21.00 h

Praguicidas. Clasificación. Xeneralidades e modo de acción. Toxicidade. Lexislación I

Día 25.5.2012

16.00-21.00 h

Praguicidas. Historia. Descrición e xeneralidades. Lexislación I. Transporte, almacenamento, distribución e venda. Lexislación

Día 31.5.2012

16.00-21.00 h

Formulacións, preparación. Equipamentos de aplicación

Día 01.6.2012

16.00-21.00 h

Pragas de roedores. Estudo dos roedores. Raticidas para ratas e ratos. Desratización activa e pasiva

Día 07.6.2012

16.00-21.00 h

Pragas de roedores. Estudo dos roedores. Raticidas para ratas e ratos. Desratización activa e pasiva

Día 08.6.2012

16.00-21.00 h

Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios no caso de intoxicación por praguicidas. Antídotos

Día 14.6.2012

16.00-21.00 h

Pragas de insectos e ácaros. Estudos destes. Insecticidas e acaricidas. Métodos de loita antivectorial en ambientes urbanos

Día 15.6.2012

16.00-21.00 h

Pragas de insectos e ácaros. Estudos destes. Insecticidas e acaricidas. Métodos de loita antivectorial en ambientes urbanos

Día 21.6.2012

16.00-21.00 h

Desinfección. Produtos usados. Técnicas

Día 22.6.2012

16.00-21.00 h

Praguicidas e ambiente. Precaucións. Eliminación de restos e envases. Lexislación

Día 28.6.2012

16.00-21.00 h

Precaucións e normas de seguridade. Equipamentos de protección persoal. Saúde laboral

Día 29.6.2012

16.00-22.00 h

Exercicios prácticos. Proba de avaliación

10. Certificado de superación do curso.

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e en caso de superalas expedirá o certificado correspondente co cal poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade, o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel cualificado.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2012.

Manuel Antonio Varela Rey
Director xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO
Ficha de solicitude de inscrición

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel cualificado

– Entidade organizadora: Centro de Formación ICA, S.L.

– Datas: os días 24, 25 e 31 de maio de 2012 e 1, 7, 8, 14, 15, 21, 22, 28 e 29 de xuño de 2012.

– Lugar de realización do curso: Centro de Formación ICA, S.L., rúa Portela, n.º 12, interior (O Calvario), 36205 Vigo, Pontevedra.

– Duración: 60 horas teórico/prácticas e 1 hora de avaliación.

– Horario: das 16.00 ás 21.00 horas, agás o 29 de xuño de 2012 que será das 16.00 ás 22 horas.

– N.º de prazas: máximo 20 alumnos.

– Presentación de solicitudes: Centro de Formación ICA, S.L., rúa Portela, n,º 12, interior (O Calvario), 36205 Vigo, Pontevedra, teléfono: 986 37 77 79, fax: 986 26 53 00.

– Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude.

Alumno/a:

Enderezo: CP:

Localidade: Provincia:

Teléfono: Fax:

Correo electrónico:

Empresa: CIF: