Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 16 de maio de 2012 Páx. 18516

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2012, da Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes, pola que se dá publicidade ao prazo de presentación de solicitudes de pagamento da prima de mantemento, para o ano 2012, dos expedientes de axudas concedidas ao abeiro de distintas ordes relativas á forestación de terras non agrícolas e fomento de frondosas caducifolias.

O 15 de maio de 2007 publicouse a Orde do 9 de maio de 2007 de axudas para o fomento das frondosas caducifolias, o 18 de xuño de 2007 publicouse a Orde do 11 de xuño de 2007 de axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas, o 7 de febreiro de 2008 publicouse a Orde do 28 de xaneiro de 2008 de axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas, o 18 de febreiro de 2008 publicouse a Orde do 30 de xaneiro de 2008 de axudas para o fomento das frondosas caducifolias, o 27 de febreiro de 2009 publicouse a Orde do 20 de febreiro de 2009 pola que se modifican as bases reguladoras das axudas para o fomento das frondosas caducifolias e se convocan para o exercicio orzamentario 2009, e o 12 de marzo de 2009 publicouse a Orde do 26 de febreiro de 2009 pola que se modifican as bases reguladoras das axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas e se convocan para o exercicio orzamentario 2009. Nas devanditas ordes prevese, no caso de ser concedida, unha prima de mantemento que está destinada ao coidado, mantemento e demais traballos posteriores á plantación que son necesarios para lograr da plantación realizada. A prima de mantemento ten unha duración de cinco anos contados a partir do ano seguinte ao do pagamento da última comprobación.

O Regulamento (UE) n.º 65/2011 da Comisión, do 27 de xaneiro, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (CE) n.º 1698/2005 do Consello, no que respecta á aplicación dos procedementos de control e da condicionalidade en relación coas medidas de axuda ao desenvolvemento rural, establece no seu artigo 8 que as primas de mantemento se aboarán se se solicitan coas convocatorias anuais de solicitude.

Na derradeira disposición das ordes de fomento da primeira forestación de terras non agrícolas e de fomento das frondosas caducifolias, facúltase o director xeral de Montes para ditar todas as disposicións complementarias co obxecto de executar as ditas ordes de axudas.

Ao abeiro do decreto 46/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e do Mar, e do Fondo Galego de Garantía Agraria, as funcións do director xeral de Montes son asumidas polo secretario xeral do Medio Rural e Montes.

Por todo o exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Obxecto.

O obxecto desta resolución é dar publicidade ao prazo de presentación de solicitudes de pagamento da prima de mantemento para o ano 2012, dos expedientes de axudas concedidas ao abeiro da Orde do 9 de maio de 2007 de axudas para o fomento das frondosas caducifolias, da Orde do 11 de xuño de 2007 de axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas, da Orde do 28 de xaneiro de 2008 de axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas e da Orde do 30 de xaneiro de 2008 de axudas para o fomento das frondosas caducifolias, da Orde do 20 de febreiro de 2009 pola que se modifican as bases reguladoras das axudas para o fomento das frondosas caducifolias e se convocan para o exercicio orzamentario 2009 e da Orde do 26 de febreiro de 2009 pola que se modifican as bases reguladoras das axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas e se convocan para o exercicio orzamentario 2009.

Segundo. A data de apertura para presentación de solicitudes das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 11 de xuño de 2007 de axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. O prazo, para a presentación de solicitudes de pagamento da prima de mantemento 2012 dos expedientes de axudas concedidas polas ordes relacionadas no artigo 1 da presente resolución, remata con anterioridade ao día 30 de xuño de 2012.

Cuarto. Presentación de solicitudes.

As solicitudes das axudas presentaranse no Rexistro Único da Xunta, nos rexistros oficiais das delegacións territoriais ou na forma prevista no artigo 38 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

De acordo co establecido no Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades delas dependentes, e unha vez aprobada pola Orde do 15 de setembro de 2011 a posta en funcionamento da sede electrónica da Xunta de Galicia, os formularios de solicitude para iniciar telematicamente os procedementos administrativos ou solicitar a prestación de servizos estarán dispoñibles a través da devandita sede (http://sede.xunta.es).

No caso de utilización da Oficina Agraria Virtual (OAV) dispoñible a través de
http://emediorural.xunta.es/oav, determinaranse os oportunos mecanismos de comunicación para facer accesible a información da OAV a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

Quinto. Presentación de documentación.

Os beneficiarios das axudas, xunto coa solicitude de pagamento da prima de mantemento para o ano 2012 que se inclúe como anexo, deberán presentar a documentación exixida na orde de axudas correspondente:

5.1. Orde do 11 de xuño de 2007 de axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas (artigo 13 punto 7):

• «... factura ou no caso de que o beneficiario realice os traballos polos seus propios medios deberá presentar un documento xustificativo de ter realizado os traballos polos seus propios medios e os xustificantes dos gastos polo importe total do investimento, ...»

5.2. Orde de 9 de maio de 2007 de axudas para o fomento das frondosas caducifolias (artigo 13 punto 7), Orde do 28 de xaneiro de 2008 de axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas (artigo 13 punto 7) e Orde do 30 de xaneiro de 2008 de axudas para o fomento das frondosas caducifolias (artigo 13 punto 7):

• «... factura ou no caso de que o beneficiario realice os traballos polos seus propios medios deberá presentar un documento xustificativo de ter realizado os traballos polos seus propios medios e os xustificantes dos gastos polo importe total do investimento. No caso de propietarios particulares que realizaron os traballos polos seus propios medios será suficiente a presentación dun documento xustificativo de ter realizado os traballos polos seus propios medios e de posuír a maquinaria empregada na realización dos traballos, ...»

5.3. Orde do 20 de febreiro de 2009 pola que se modifican as bases reguladoras das axudas para o fomento das frondosas caducifolias e se convocan para o exercicio orzamentario 2009 (artigo 2, modificación oitava) e Orde do 26 de febreiro de 2009 pola que se modifican as bases reguladoras das axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas e se convocan para o exercicio orzamentario 2009 (artigo 2, modificación oitava):

• «...Coa solicitude presentarase factura e xustificante do seu pagamento ou, no caso de que o beneficiario realice os traballos polos seus propios medios, un documento xustificativo de tal circunstancia, no que figurarán horas de traballo/superficie, custo/hora, ... e de posuír a maquinaria empregada na realización dos traballos, acompañada dos xustificantes dos gastos polo importe total do investimento».

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2012.

Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral do Medio Rural e Montes

missing image file
missing image file
missing image file