Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 16 de maio de 2012 Páx. 18658

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 2012, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, sobre as constitucións, modificacións e cancelacións das sociedades agrarias de transformación (SAT) que se citan.

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, e para xeral coñecemento, acórdase publicar a relación das sociedades agrarias de transformación constituídas, modificadas e canceladas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, e a Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar, do 29 de abril de 1988, inscritas no Rexistro de SAT de Galicia, que se citan:

A) Constitucións:

a) A Sociedade Agraria de Transformación Ganadería Xesbar, SAT n.º 1411 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo social no lugar de Belsar, n.º 6, Xesteda-Cerceda (A Coruña); obxecto social: produción gandeira; capital social: 354.716,52 €; n.º de socios: 6. A súa Xunta Reitora está composta por: Francisco Gómez Iglesias, presidente; José Bello Liste, secretario; Ricardo López Castiñeiras, Pilar Mesias López, M.ª del Carmen Fariña Lamas e Francisca Dubra Castro, como vogais.

B) Modificacións:

a) A Sociedade Agraria de Transformación Os Puchos, SAT n.º 1363 XUGA, na asemblea xeral do 5 de marzo de 2012, toma o seguinte acordo:

1. Renovar a súa Xunta Reitora, que pasa a estar composta por: José Rielo Álvarez, presidente; José López Fernández, secretario; Jaime Fontal Millares, M.ª Isabel Galdo Romero, M.ª Paz Andrés Álvarez e Laura Millares Álvarez, como vogais.

b) A Sociedade Agraria de Transformación Eiravedra, SAT n.º 1225 XUGA, na asemblea xeral do 12 de marzo de 2012, toma o seguinte acordo:

1. Renovar a súa Xunta Reitora, que pasa a estar composta por: Felipe Iglesia Rodríguez, presidente; Marybel Iglesia Rodríguez, secretaria, e Josefa Rodríguez Ramudo, como vogal.

c) A Sociedade Agraria de Transformación O Balao, SAT n.º 1027 XUGA, na asemblea xeral do 10 de febreiro de 2012, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a baixa do socio Julio Gude Díaz, que transmite os 955 títulos que ten ao resto de socios que constitúen a sociedade, de forma que o capital social queda distribuído entre os socios da seguinte forma:

Julio Núñez Dacal     985 títulos 59.100,00 € de capital social

José Luis Tome Fouce     980 títulos 58.800,00 € de capital social

Manuel Chousa Núñez     980 títulos 58.800,00 € de capital social

M.ª Salomé Vázquez López     980 títulos 58.800,00 € de capital social

M.ª Carmen Pérez López     980 títulos 58.800,00 € de capital social

Francisca Escolante Pumariño     980 títulos 58.800,00 € de capital social

2. Aprobar a ampliación do capital en 5 títulos, para cada un dos seguintes socios: Manuel Chousa Núñez, Francisca Escolante Pumariño, José Luis Tome Fouce, M.ª Salomé Vázquez López e M.ª Carmen Pérez López.

Debido á ampliación de capital, o capital social total da sociedade queda distribuído finalmente entre todos os socios da seguinte maneira:

Julio Núñez Dacal     985 títulos 59.100,00 € de capital social

José Luis Tome Fouce     985 títulos 59.100,00 € de capital social

Manuel Chousa Núñez     985 títulos 59.100,00 € de capital social

M.ª Salomé Vázquez López     985 títulos 59.100,00 € de capital social

M.ª Carmen Pérez López     985 títulos 59.100,00 € de capital social

Francisca Escolante Pumariño     985 títulos 59.100,00 € de capital social

3. Modificar o artigo 11 do estatuto, tal e como consta na acta da asemblea, de forma que sexan seis os socios que constitúan a Xunta Reitora.

4. Modificar o artigo 2 do estatuto, que queda redactado como segue: o capital social cífrase en 354.600,00 € e estará representado por 5.910 títulos nominativos de 60,00 € cada un deles.

5. Renovar a súa Xunta Reitora, que pasa a estar composta por: José Luis Tome Fouce, presidente; Manuel Chousa Núñez, secretario; Julio Núñez Dacal, M.ª Salomé Vázquez López, Francisca Escolante Pumariño e M.ª Carmen Pérez López, como vogais.

d) A Sociedade Agraria de Transformación Os Herdeiros SAT n.º 1015 XUGA, na asemblea xeral do 17 de febreiro de 2012, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a baixa do socio Marcelino García González, que transmite os 57 títulos que ten ao seu neto e novo socio Borja Sesto García.

2. Aprobar a transmisión de 10 títulos propiedade de Manuel García Montoto, á súa dona e nova socia Beatriz Cacheda Bueno.

Como consecuencia da transmisión de títulos aprobada nos anteriores puntos, o capital social queda distribuído entre os socios da seguinte forma:

Beatriz Cacheda Bueno     10 títulos  6.010,20 € de capital social

Manuel García Montoto     50 títulos 30.051,00 € de capital social

M.ª Carmen Montoto Fontao     3 títulos  1.803,06 € de capital social

Borja Sesto García     57 títulos 34.258,14 € de capital social

María Aurora Troitiño Pájaro     60 títulos 36.061,20 € de capital social

3. Modificar o artigo 11 do estatuto, tal e como consta na acta da asemblea, de forma que sexan cinco os socios que constitúan a Xunta Reitora.

4. Renovar a súa Xunta Reitora, que pasa a estar composta por: Manuel García Montoto, presidente; Borja Sesto García, secretario; María Aurora Troitiño Pájaro, tesoreira; Beatriz Cacheda Bueno e Carmen Montoto Fontao, como vogais.

e) A Sociedade Agraria de Transformación Pesadoira, SAT n.º 1242 XUGA, na asemblea xeral do 22 de febreiro de 2012, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a baixa da socia Minia Gorgal Agra, que transmite o único título que ten ao socio José Baña Agra, polo que o capital social queda distribuído entre os socios da seguinte forma:

José Baña Agra     82 títulos 328.000,00 € de capital social

Germán Brea Antelo     38 títulos 152.000,00 € de capital social

María Elena Vidal Blanco     44 títulos 176.000,00 € de capital social

Juan José Vázquez Blanco     30 títulos 120.000,00 € de capital social

Carmen Grille Sande     53 títulos 212.000,00 € de capital social

2. Modificar o artigo 11 do estatuto, tal e como consta na acta da asemblea, de forma que sexan cinco socios os que constitúan a Xunta Reitora.

3. Renovar a súa Xunta Reitora, que pasa a estar composta por: Juan José Vázquez Blanco, presidente; Germán Brea Antelo, secretario; José Baña Agra, María Elena Vidal Ramos e Carmen Grille Sande, como vogais.

f) A Sociedade Agraria de Transformación Roandi, SAT n.º 1364 XUGA, na asemblea xeral do 25 de xaneiro de 2012, que ratifica a do 1 de outubro e 1 de novembro de 2011, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a baixa do socio Adriano Artunduaga Artunduaga, que transmite os vinte títulos que ten á nova socia Divina Gayoso Velasco.

2. Aprobar a baixa de Luis Ferney Artunduaga Vasquez, que transmite os vinte títulos que ten ao novo socio, José Luis Moral Gayoso.

Como consecuencia da transmisión de títulos aprobada nos anteriores puntos, o capital social queda distribuído entre os socios da seguinte forma:

Rogelio Moral Calvo     20 títulos 1.200,00 € de capital social

José Luis Moral Gayoso     20 títulos 1.200,00 € de capital social

Divina Gayoso Velasco     20 títulos 1.200,00 € de capital social

3. Renovar a súa Xunta Reitora, que pasa a estar composta por: Rogelio Moral Calvo, presidente; José Luis Moral Gayoso, secretario; e Divina Gayoso Velasco, como vogal.

4. Aprobar a transformación desta sociedade nunha sociedade limitada, é dicir, transformar a Roandi, SAT n.º 1364 XUGA, en Bodega Roandi, S.L.

g) A Sociedade Agraria de Transformación Dorna, SAT n.º 1305 XUGA, na asemblea xeral do 26 de decembro de 2011, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a alta da socia María Sol López López, a quen lle son transmitidos 359 dos 718 títulos do socio Bautista Potente Rodríguez, quedando o capital social distribuído entre os socios da seguinte forma:

Consuelo López Nieto     718 títulos 71.800,00 € de capital social

María Pilar Neira Barrio     718 títulos 71.800,00 € de capital social

Bautista Potente Rodríguez     359 títulos 35.900,00 € de capital social

Luis Castro Neira     600 títulos 60.000,00 € de capital social

Marcos Gandoy López     600 títulos 60.000,00 € de capital social

Ramón Cordido Astariz     600 títulos 60.000,00 € de capital social

María Sol López López     359 títulos 35.900,00 € de capital social

2. Modificar o artigo 11 do estatuto, tal e como consta na acta da asemblea, de forma que sexan sete os socios que constitúan a Xunta Reitora.

3. Renovar a súa Xunta Reitora, que pasa a estar composta por: Bautista Potente Rodríguez, presidente; Consuelo López López, secretaria; María Pilar Neira Barrio, Marcos Gandoy López, Ramón Cordido Astariz, Luis Castro Neira e María Sol López López, como vogais.

h) A Sociedade Agraria de Transformación Gandería Sar, SAT n.º 1388 XUGA, na asemblea xeral do 15 de marzo de 2012, toma o seguinte acordo:

1. Anular os acordos tomados na acta do 31 de xaneiro de 2012.

2. Dar de baixa a Manuel Jesús Tarrío Reboredo, quen transmite os 340 títulos que ten da seguinte forma:

– 330 títulos a José Souto Caneda.

– 10 títulos a Fernando Tarrío Martínez.

3. Dar de baixa a María Isabel Santos Rivas, que transmite os 330 títulos que ten a María Isabel Martínez Pérez.

Como consecuencia da compravenda dos títulos, o capital social queda distribuído da forma seguinte:

Carlos Fernández Ares     990 títulos 49.500,00 € de capital social

José Souto Caneda     660 títulos 33.000,00 € de capital social

Pedro Souto Santos     330 títulos 16.500,00 € de capital social

Fernando Tarrío Martínez     350 títulos 17.500,00 € de capital social

M.ª Isabel Martínez Pérez     670 títulos 33.500,00 € de capital social

4. Modificar o artigo 11 do estatuto, tal e como consta na acta da asemblea, de forma que sexan cinco os socios que constitúan a Xunta Reitora.

5. Renovar a súa Xunta Reitora, que pasa a estar composta por: Carlos Fernández Ares, presidente; Fernando Tarrío Martínez, secretario; Pedro Souto Santos, José Souto Caneda e M.ª Isabel Martínez Pérez, como vogais.

i) A Sociedade Agraria de Transformación Ganadería Insua, SAT n.º 943 XUGA, na asemblea xeral do 22 de marzo de 2012, que ratifica a do 7 de xaneiro de 2011 e a do 31 de xaneiro de 2012, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a alta do socio Adrián Vilas Iglesias, a quen lle son transmitidos 46 dos 100 títulos que ten o socio Enrique Vilas Iglesias.

2. Aprobar a transmisión de 50 dos 100 títulos que ten María Raviña Otero a Purificación Iglesias Bendaña.

3. Aprobar a ampliación do capital social da sociedade en 22.393,26 €, representado por 46 títulos que se distribúen entre diferentes socios.

Como consecuencia da compravenda de títulos e ampliación do capital social, este queda distribuído entre os socios da seguinte forma:

Enrique Vilas Iglesias     54 títulos 26.287,74 € de capital social

José M.ª Vilas Raviña    100 títulos 48.681,00 € de capital social

María Raviña Otero     50 títulos 24.340,50 € de capital social

Adrián Vilas Iglesias     92 títulos 44.786,52 € de capital social

Purificación Iglesias Bendaña     57 títulos 27.748,17 € de capital social

4. Modificación do artigo 2 dos estatutos, que queda redactado da forma seguinte: o capital social cífrase en 171.843,93 € e estará representado por 353 títulos nominativos de 486,81 € cada un deles.

5. Modificar o artigo 11 do estatuto, tal e como consta na acta da asemblea, de forma que sexan cinco os socios que constitúan a Xunta Reitora.

6. Renovar a súa Xunta Reitora, que pasa a estar composta por: Enrique Vilas Iglesias, presidente; José María Vilas Raviña, secretario; María Raviña Otero, Purificación Iglesias Bendaña e Adrián Vilas Iglesias, como vogais.

j) A Sociedade Agraria de Transformación Ganadería Tañoi, SAT n.º 1158 XUGA, na asemblea xeral do 22 de marzo de 2012, toma os seguintes acordos:

1. Anular os acordos tomados na acta de asemblea que tivo lugar o 25 de febreiro de 2012.

2. Aceptar a baixa da socia Julia Sanjurjo Bascoy pola venda dos 128 títulos que ten, que distribúe de forma equitativa entre o resto de socios, pasando a ter cada socio o seguinte capital:

Matías Jesús Sánchez Rodríguez     148 títulos 116.831,20 € de capital social

Manuel Luis Novoa Suárez     148 títulos 116.831,20 € de capital social

Dosinda Suárez Ponte     148 títulos 116.831,20 € de capital social

María Pilar Rodríguez Mira     148 títulos 116.831,20 € de capital social

3. Modificar o artigo 11 do estatuto, tal e como consta na acta da asemblea, de forma que sexan catro os socios que constitúan a Xunta Reitora.

4. Renovar a súa Xunta Reitora, que pasa a estar composta por: Matías Jesús Sánchez Rodríguez, presidente; Dosinda Suárez Ponte, secretaria; Manuel Luis Novoa Suárez e María Pilar Rodríguez Mira, como vogais.

k) A Sociedade Agraria de Transformación Regueiro Picón, SAT n.º 1135 XUGA, na asemblea xeral do 24 de febreiro de 2012, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a redenominación do capital social, que pasa a ser de 393.054,00 €, representado por 654 títulos de 601,00 € cada un deles, e deixando unha reserva indispoñible de 7,92 €.

2. Aprobar a alta do socio Amadeo Regueiro Picón, a quen lle son transmitidos os 218 títulos de Manuel Regueiro Picón, o que non supón variación no capital social.

Como consecuencia da compravenda de títulos, o capital social queda distribuído entre os socios da seguinte forma:

Amadeo Regueiro Mallo     218 títulos 131.018,00 € de capital social

Francisca Picón Sánchez     218 títulos 131.018,00 € de capital social

Amadeo Regueiro Picón     218 títulos 131.018,00 € de capital social

3. Modificación do artigo 2 dos estatutos, que queda redactado da forma seguinte: o capital social cífrase en 393.054,00 € e estará representado por 654 títulos nominativos de 601,00 € cada un deles.

4. Modificar o artigo 11 do estatuto, tal e como consta na acta da asemblea, de forma que os socios que constitúan a Xunta Reitora deben permanecer nos seus cargos durante un período de 6 anos.

5. Renovar a súa Xunta Reitora, que pasa a estar composta por: Amadeo Regueiro Mallo, presidente; Francisca Picón Sánchez, secretaria, e Amadeo Regueiro Picón, como vogal.

l) A Sociedade Agraria de Transformación San Cidre, SAT n.º 784 XUGA, na asemblea xeral do 27 de febreiro de 2012, que ratifica a do 2 de febreiro de 2010, a do 7 de xuño de 2010 e a do 7 de xaneiro de 2011, toma os seguintes acordos:

1. Renovar a súa Xunta Reitora, que pasa a estar composta por: José Enrique Merelas Freire, presidente; José María Santos Sánchez, secretario; Victor Manuel Fernández Martínez, tesoreiro; José Luis Pérez Merelas, Emilio Vázquez Rodríguez, Jesús Tome Vilariño e Sergio Martínez Díaz, como vogais.

2. Aprobar a alta de 9 socios, cunha achega ao capital social de 1.083,60 €, pasando o capital social de 5.339,74 € a 6.423,34 €, representados por 1.067 títulos de 6,02 €.

3. Aprobar a alta de 14 socios e a baixa doutros 14, o que non supón variación do capital social.

4. Aprobar a baixa de 29 socios, coa correspondente liquidación do capital social, o que supón unha redución do capital social que pasa de 6.423,34 € a 4.840,08 €, representado por 804 títulos de 6,02 € cada un deles.

5. Aprobar a alta de 4 socios, cunha achega ao capital social de 481,60 €, pasando o capital social de 4.840,08 € a 5.321,68 €, representados por 884 títulos de 6,02 € cada un deles.

6. Aprobar a alta de 3 socios cunha achega ao capital social de 361,20 €, pasando o capital social de 5.321,68 € a 5.682,88 €, representados por 944 títulos de 6,02 € cada un deles.

7. Aprobar a alta de 1 socio e a baixa doutro, o que non supón variación do capital social.

8. Aprobar a baixa de 9 socios, coa correspondente liquidación do capital social, o que supón unha redución do capital social, que pasa de 5.682,88 € a 4.990,58 €, representado por 829 títulos de 6,02 € cada un deles.

9. Modificación da Xunta Reitora, que pasa a estar composta por: José Enrique Merelas Freire, presidente; Sergio Martínez Díaz, secretario; Victor Manuel Fernández Martínez, tesoreiro; José Luis Pérez Merelas, Emilio Vázquez Rodríguez, Jesús Tome Vilariño e Manuel Miraz Díaz, como vogais.

Na asemblea xeral do 28 de febreiro de 2012 tómase o seguinte acordo:

1. Aprobar a alta de 1 socio e a baixa doutro, o que non supón variación do capital social.

2. Aprobar a baixa de 1 socio, coa correspondente liquidación do capital social, o que supón unha redución do capital social, que pasa de 4.990,58 € a 4.930,38 €, representado por 819 títulos de 6,02 € cada un deles.

Na asemblea xeral do 10 de abril de 2012 tómase o seguinte acordo:

1. Modificar o artigo 2 do estatuto social, que queda redactado como segue: o capital social cífrase en 4.930,38 € e estará representado por 819 títulos nominativos de 6,02 € cada un deles.

C) Cancelacións:

a) A Sociedade Agraria de Transformación Roandi, SAT n.º 1364 XUGA, na asemblea xeral do 25 de xaneiro de 2012, que ratifica a do 1 de outubro e 1 de novembro de 2011, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar o balance final e solicitar a cancelación da SAT no Rexistro Xeral.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2012.

José Álvarez Robledo
Director xeral de Produción Agropecuaria