Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 16 de maio de 2012 Páx. 18667

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CÉDULA do 3 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se fai pública a notificación da resolución do recurso extraordinario de revisión do expediente sancionador PESAN1 2011/000413-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE n.º 285, do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a resolución do recurso extraordinario de revisión do expediente instruído por infracción da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro.

A persoa interesada dispón dun prazo de dez días, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto, para examinar o expediente e interpor, dentro do prazo que en cada caso se estableza, o recurso pertinente.

O expediente que se relaciona a seguir encóntrase á disposición do interesado na Xefatura de Coordinación da Área do Mar de Vigo, rúa Concepción Arenal, 8.

N.º de expediente: PESAN1 2011/000413-5.

Denunciado: Francisco Pazos Lubián.

DNI: 35258088-P.

Enderezo: rúa Beiramar 5-1.º, Campelo-Poio (Pontevedra).

Precepto infrinxido: 137.B.6.

Sanción: 300 euros.

Resolución: inadmisión.

De conformidade co previsto na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG n.º 235, do 5 de decembro), o importe da dita sanción deberá ser aboado nos prazos que establece o artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, ou do contrario procederase, sen máis trámite, ao seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria. Para o pagamento en período voluntario o interesado deberá recoller na antedita Xefatura de Coordinación da Consellería do Medio Rural e do Mar o documento de ingreso correspondente.

Vigo, 3 de maio de 2012.

Gerardo Zugasti Enrique
Xefe territorial de Pontevedra