Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 16 de maio de 2012 Páx. 18677

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2012 pola que se anuncia a licitación do procedemento aberto multicriterio, non suxeito a regulación harmonizada, trámite ordinario das obras de infraestrutura viaria en Lugo, convenio Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (antiga Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes)-Concello de Lugo, 10.2.2009. Ponte Paradai-rúa Serra de Meira. Fase I: Glorieta Ponte Paradai-Glorieta Serra de Meira, de clave LU/09/019.03.2.1. (E/018/2012).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Axencia Galega de Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Contratación e Administración.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Área de Contratación e Administración.

2) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4) Teléfono: 981 54 99 86.

5) Telefax: 981 54 47 91.

6) Enderezo da internet do perfil do contratante:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17488, (prego de cláusulas administrativas particulares, cadro de características). Tamén se poderán obter o prego de cláusulas administrativas, cadro de características, proxecto e soporte dixital na copistaría Copy Nino, rúa dos Feáns n.º 19 e Rosalía de Castro n.º 58, 15706 Santiago de Compostela, A Coruña. Teléfono +34 981 58 89 38.

d) Número de expediente: LU/09/019.03.2.1. (E/018/2012).

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: obra.

b) Descrición: obras de infraestrutura viaria en Lugo, convenio Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (antiga Consellería de Política, Territorial, Obras Públicas e Transportes)-Concello de Lugo 10.2.2009. Ponte Paradai-rúa Serra de Meira. Fase I: Glorieta Ponte Paradai-Glorieta Serra de Meira.

c) División por lotes e número de lotes/Número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega:

1) Localidade e código postal: Lugo.

e) Prazo de execución: 14 meses.

f) Clasificación: grupo B, subgrupo 2, categoría e. Grupo G, subgrupo 6, categoría e.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 45233125-1.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: a oferta economicamente máis vantaxosa tendo en contra os criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 2.519.432,38 euros, sen IVE. IVE 453.497,83 euros.

5. Garantías exixidas.

Provisional: non se exixe.

Garantía definitiva: 5% do orzamento base de licitación (sen IVE). Ver punto H do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, se é o caso: a exixida, no punto 2 anterior.

b) A capacidade técnica segundo o especificado no parágrafo I.2 A), do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Os empresarios estranxeiros non clasificados deberán acreditar a súa capacidade e solvencia, segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares de conformidade co disposto nos artigos 75 e 77 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

d) Forma xurídica que deberá adoptar a agrupación de contratistas: axustarase aos requisitos previstos no artigo 59 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

7. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data de presentación: o prazo de admisión das proposicións rematará o vixésimo sexto día natural, que non coincida en domingo ou festivo, seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, sito no edificio administrativo de Santiago de Compostela e segundo se especifica no punto 3.4 do prego de cláusulas administrativas particulares, ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80.4 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

2) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Admisión de variantes, se procede: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses conforme o artigo 161 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

8. Apertura de sobre B e sobre C: terá lugar na data e hora que será anunciada no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17488, con 3 días hábiles de antelación á realización do acto público de apertura dos sobres B e C, na sala de xuntas da Axencia Galega de Infraestruturas, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Se por algún motivo houbese que modificar o acto público de apertura dos sobres B e C reflictirase a nova data no perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17488

9. Outras informacións: a mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre A), segundo se especifica no punto 3.6 Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Gastos dos anuncios: por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo DOG: por liña 10,82 euros.

11. No caso de que a información reflectida no enderezo da internet non concorde cos datos publicados no anuncio de licitación prevalecerá este.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2012.

Ethel María Vázquez Mourelle
Directora da Axencia Galega de Infraestruturas