De conformidade co disposto nos artigos 59, 60 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, emprázanse os interesados indicados no anexo para seren notificados por comparecencia.
O acto foi adoptado polo director do Instituto Enerxético de Galicia.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Instituto Enerxético de Galicia, sito na rúa Avelino Pousa Antelo, n.º 5, 15703 Santiago de Compostela, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Santiago de Compostela, 30 de abril de 2012.
Eliseo Diéguez García
Director do Instituto Enerxético de Galicia
ANEXO
Expediente: IN414B-2012-3.
Interesada: Fidel Electricidad, S.L.
Acto que se notifica: requirimento de emenda.
Expediente: IN414B-2012-256.
Interesado: Electrodomésticos Menaje del Hogar (polígono).
Acto que se notifica: requirimento de emenda.
Expediente: IN414B-2012-330.
Interesada: Comercial Noya, C.B.
Acto que se notifica: requirimento de emenda.
Expediente: IN414B-2012-379.
Interesada: Electrodomésticos Menaje del Hogar, S.A. (Urzaiz).
Acto que se notifica: requirimento de emenda.
Expediente: IN414B-2012-387.
Interesado: Comercial Ricardo.
Acto que se notifica: requirimento de emenda.
Expediente: IN414B-2012-609.
Interesado: Couce Electrodomésticos.
Acto que se notifica: requirimento de emenda.
Expediente: IN414B-2012-617.
Interesado: Electrodomésticos Quique.
Acto que se notifica: requirimento de emenda.
Expediente: IN414B-2012-656.
Interesada: L&L Tecnolar, C.B.
Acto que se notifica: requirimento de emenda.