Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 16 de maio de 2012 Páx. 18594

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (919/2008).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no proceso seguido por instancia de Joaquín Romero Vázquez contra o Fondo de Garantía Salarial, Rodríguez y Bocija, S.C., en reclamación por ordinario, rexistrado co n.º 919/2008, foi ditada sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva di:

«Asunto 919/2008.

Na cidade da Coruña, 19 de abril de 2012.

Lara M.ª Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, despois de ver os presentes autos sobre cantidades, por instancia de Joaquín Romero Vázquez, que comparece representado polo letrado Sr. Ferrero Ferrero, contra a empresa Rodríguez y Bocija, S.C. e o Fogasa, que non comparecen, ditou a seguinte sentenza:

Resolvo que, estimando a demanda interposta por Joaquín Romero Vázquez contra a empresa Rodríguez y Bocija, S.C., condénoa a aboarlle a cantidade de dous mil cento cincuenta e tres euros con noventa e nove céntimos (2.153,99 €).

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que é firme.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza».

E para que sirva de notificación a Rodríguez y Bocija, S.C., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 25 de abril de 2012.

A secretaria xudicial