Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 16 de maio de 2012 Páx. 18689

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ortigueira

ANUNCIO de aprobación inicial dun estudo de detalle para ordenar, completar e reaxustar a aliñación interior dun soar en Ortigueira.

A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do día 30 de abril de 2012, aprobou inicialmente o estudo de detalle co obxecto de ordenar, completar e reaxustar a aliñación interior dun soar sito na rúa Luciano Pita, 27 da vila de Ortigueira, promovido por iniciativa particular por Carmen e Tomás Caula Villar, o cal queda sometido a información pública polo prazo de vinte días, contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en cumprimento do disposto no artigo 86.2.º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Durante o devandito prazo as persoas interesadas poderán examinar o seu contido nas oficinas do concello e formular as reclamacións e alegacións que consideren pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Ortigueira, 3 de maio de 2012.

Rafael J. Girón Martínez
Alcalde