Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 16 de maio de 2012 Páx. 18690

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Pino

ANUNCIO de información pública relativo a unha explotación de gando.

Begoña Duro Ramos solicitou nesta Alcaldía licenza municipal para a ampliación dunha explotación de gando en Quintás, San Breixo de Ferreiros, deste termo municipal. En cumprimento do disposto na lexislación de aplicación, sométese a información pública polo espazo de vinte días hábiles co fin de que durante este prazo poidan examinar o expediente na Secretaría do concello as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e poidan formular as alegacións que consideren oportunas.

O Pino, 23 de abril de 2012.

Manuel Taboada Vigo
Alcalde