Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 16 de maio de 2012 Páx. 18545

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2012 pola que se convocan para o exercicio 2012, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas do Igape aos proxectos colectivos empresariais, cofinanciados co Fondo Social Europeo no marco do Programa operativo FSE Galicia 2007-2013, conforme as bases reguladoras publicadas mediante Resolución do 15 de abril de 2010 (DOG número 73, do 20 de abril) e modificadas mediante as resolucións do 10 de xaneiro de 2011 (DOG número 11, do 18 de xaneiro) e do 13 de febreiro de 2012 (DOG número 39, do 24 de febreiro).

O Consello de Dirección do Igape, na súa xuntanza do día 1 de marzo de 2010 acordou, por unanimidade dos membros asistentes, aprobar as bases reguladoras das axudas do Igape aos proxectos colectivos empresariais, publicadas mediante Resolución do 15 de abril de 2010 no DOG n.º 73, do 20 de abril. Na súa xuntanza do 15 de novembro de 2010 acordou a súa modificación, publicada mediante Resolución do 10 de xaneiro de 2011 no DOG n.º 11, do 18 de xaneiro e corrixida no DOG n.º 17, do 26 de xaneiro, e na súa xuntanza do 13 de outubro de 2011 acordou outra modificación, publicada mediante Resolución do 13 de febreiro de 2012 no DOG n.º 39, do 24 de febreiro facultando o director xeral a proceder á aprobación dos créditos e convocatoria para o ano 2012.

Na súa virtude, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Convocar para o exercicio 2012, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas do Igape aos proxectos colectivos empresariais previstas no apartado 1.1.º das bases reguladoras aprobadas polo Consello de Dirección do Igape o 1 de marzo de 2010 e publicadas mediante Resolución do 15 de abril de 2010 no DOG n.º 73, do 20 de abril e as súas modificacións, acordadas o 15 de novembro de 2010 e o 13 de outubro de 2011, e publicadas mediante Resolución do 10 de xaneiro de 2011 no DOG n.º 11, do 18 de xaneiro e mediante Resolución do 13 de febreiro de 2012 no DOG n.º 39, do 24 de febreiro.

Estas axudas poderán estar cofinanciadas ao 80% co Fondo Social Europeo no marco do Programa operativo FSE Galicia 2007-2013, eixe 1, tema prioritario 63.

Para os efectos da nova convocatoria, substitúese o anexo I, formulario de presentación da solicitude, segundo o modelo anexo.

Segundo. Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o día inicial ou final do prazo coincidise en sábado ou día inhábil en Santiago de Compostela, posporase ao día hábil seguinte.

Terceiro. Créditos.

Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria aboaranse con cargo á seguinte aplicación orzamentaria e polo seguinte importe:

Procedemento

Partida orzamentaria

Orzamento 2012

Proxectos Iniciativas Abertas de Difusión (IG114-Artigo 1.1)

08.A1.741A.4810

50.000,00 €

08.A1.741B.4811

350.000,00 €

O director xeral do Igape poderá ampliar os créditos e modificar as partidas orzamentarias, logo de declaración de dispoñibilidade dos créditos nos termos referidos no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, mediante resolución publicada para o efecto.

Cuarto. O prazo de execución dos proxectos non poderá superar o 30 de setembro do exercicio correspondente á anualidade establecida na resolución de concesión. Os beneficiarios deberán presentar a solicitude de cobramento no prazo improrrogable dun mes desde o día seguinte á devandita data (no caso de que coincida en sábado ou día inhábil en Santiago de Compostela, posporase ao día hábil seguinte).

Para os efectos desta convocatoria, substitúese o anexo II (formulario de solicitude de cobramento) polo que se acompaña á presente resolución. A declaración responsable contida no devandito formulario substituirá á exixencia de certificación bancaria recollida no artigo 18.6.1.c) das bases reguladoras, en cumprimento do disposto no artigo 5 da Orde do 12 de xaneiro de 2012 pola que se regula a habilitación de procedementos administrativos e servizos na Administración xeral e no sector público autonómico de Galicia (DOG n.º 10, do 16 de xaneiro).

Quinto. Os requisitos das letras c), e), f), h), i), k), l) e n) do artigo 20.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, indícanse nas bases reguladoras destas axudas aprobadas polo Consello de Dirección do Igape o 1 de marzo de 2010 e publicadas mediante Resolución do 15 de abril de 2010 no DOG n.º 73, do 20 de abril, e as súas modificacións, acordadas o 15 de novembro de 2010 e o 13 de outubro de 2011, e publicadas mediante Resolución do 10 de xaneiro de 2011 no DOG n.º 11, do 18 de xaneiro e mediante Resolución do 13 de febreiro de 2012 no DOG n.º 39 do 24 de febreiro.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2012.

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

missing image file
missing image file