Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 18 de maio de 2012 Páx. 18801

III. Outras disposicións

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2012, da Dirección Xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC), pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por este ente público no primeiro cuadrimestre do ano 2012.

Para os efectos previstos no artigo 11.1) da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, acórdase dar publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC) nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2012 e que se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2012.

M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable

ANEXO

N.º 1.

Título: Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e o Centro Informático de Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC) para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación.

Obxecto: a participación nas actividades da EGAP do persoal dependente do CIXTEC, así como a colaboración e o desenvolvemento conxunto de actividades de carácter formativo, divulgador e investigador en materias da competencia das institucións asinantes del; actuando de forma máis eficaz e eficiente na utilización dos medios humanos, materiais e organizacionais de cada unha delas, para un mellor cumprimento dos fins de ambas as dúas partes, en beneficio da cidadanía e da sociedade galega.

Sinatura: 24 de xaneiro de 2012.

Importe: 0 €.