Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 18 de maio de 2012 Páx. 18802

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2012 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Xestión e Dirección Laboral.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe positivo da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA).

Establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 15 de abril de 2011 (publicado no BOE do 11 de maio de 2011 por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 26 de abril de 2011).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG), neste caso, do primeiro inciso do número 5.1 da Memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo comunicado do 14 de outubro de 2008, da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas, e segundo o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Xestión e Dirección Laboral pola Universidade de Vigo, que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 21 de abril de 2012.

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Máster universitario en Xestión e Dirección Laboral

Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas.

Universidades participantes: A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias

60

Optativas

30

Prácticas externas

0

Traballo fin de máster

30

Créditos totais

120

Cadro 2. Materias, créditos e módulos do máster.

Materia

ECTS

Carácter

Curso

Módulo

Políticas Sociolaborais

6

Obrigatorio

1.º

Cuestións Xurídico-Laborais e de Seguridade Social

Prevención de Riscos Laborais

6

Obrigatorio

1.º

Relacións Laborais

9

Obrigatorio

1.º

Seguridade Social

6

Obrigatorio

1.º

Teoría das Relacións Laborais

6

Obrigatorio

1.º

Auditoría Sociolaboral I

6

Obrigatorio

1.º

A Contorna Económica-Empresarial das Relacións Laborais

Dereito Tributario/Sistema Tributario

6

Obrigatorio

1.º

Dirección Estratéxica

9

Obrigatorio

1.º

Economía do Traballo e das Relacións Laborais

6

Obrigatorio

1.º

Seguridade Mineira

6

Optativo

1.º

Economía da Seguridade Social

6

Optativo

2.º

Especialidade en Seguridade Social

O Sistema Público de Seguridade

18

Optativo

2.º

Seguridade Social Complementaria

6

Optativo

2.º

Prácticum de Seguridade Social

30

Optativo

2.º

Dereito Colectivo do Traballo

6

Optativo

2.º

Especialidade en Recursos Humanos

Recursos Humanos

18

Optativo

2.º

Técnicas de Negociación Colectiva

6

Optativo

2.º

Prácticum de Recursos Humanos

30

Optativo

2.º

Auditoría Sociolaboral II/Iniciativa Emprendedora

4,5

Optativo

2.º

Especialidade en Xestión Sociolaboral

Contabilidade

4,5

Optativo

2.º

Dereito Societario e Cooperativo

6

Optativo

2.º

Informática de Xestión Sociolaboral

6

Optativo

2.º

Xestión Laboral e da Seguridade Social

4,5

Optativo

2.º

Xestión Tributaria

4,5

Optativo

2.º

Prácticum de Xestión Sociolaboral

30

Optativo

2.º

Para a obtención do título de máster universitario en Xestión e Dirección Laboral, o alumnado deberá superar os 120 ECTS de que consta o máster.