Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 28 de maio de 2012 Páx. 20181

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería e polo Servizo Galego de Saúde no primeiro cuadrimestre do ano 2012.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG n.º 136, do 14 de xuño) impón a cada Consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para cumprir esa obriga, por medio da presente resolución dáselle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Sanidade e polo Servizo Galego de Saúde nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2012, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2012.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Secretario xeral tecnico da Consellería de Sanidade

ANEXO

Convenio

Importe €

Data sinatura

Convenio específico de colaboración entre a Administración central do Estado a través do Instituto de Saúde Carlos III e a Comunidade Autónoma de Galicia no programa de estabilización de investigadores e de intensificación da actividade investigadora no Sistema Nacional de Saúde

40.000,00 €

30.11.2011

Convenio de colaboración coa Fundación Josep Carreras para a loita contra a leucemia

426.860,00 €

29.12.2011

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Española contra el Cáncer (Xunta Provincial de Pontevedra) para a realización de actividades de voluntariado no Hospital Nicolás Peña

Sen achega económica

6.10.2011

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e Asociación Española contra el Cáncer (Xunta Provincial de Pontevedra) para a consolidación dun programa de atención integral a persoas con enfermidades avanzadas e aos seus familiares, no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo

Sen achega económica

6.10.2011

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (Feafes Galicia) para o desenvolvemento dunha serie de actividades de formación, información e apoio aos enfermos mentais e aos seus familiares e do programa coidamos de ti

104.871,00 €

9.1.2012

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Galega para a Asistencia e Investigación dos Trastornos da Personalidade para o desenvolvemento dunha serie de actividades de información e apoio aos enfermos e familiares

39.318,00 €

9.1.2012

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación de Asociaciones Galegas de Familiares de Enfermos de Alzheimer (Fagal) para o desenvolvemento dunha serie de actividades de información e apoio aos enfermos e familiares

72.675,00 €

9.1.2012

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Itínera, voluntarios en saúde mental para a realización de programas de fomento e formación do voluntariado no campo da enfermidade mental para o favorecemento dunha sociedade inclusiva

17.442,00 €

9.1.2012

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación de Pais de Nenos con Problemas Psicosociais Aspaneps para a realización do programa de atención á saúde mental infanto xuvenil na área de Ferrol

160.056,00 €

9.1.2012

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Aliad-Ultreia para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos

48.600,00 €

9.1.2012

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Antonio Noche para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos

27.702,00 €

9.1.2012

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Atox para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos

27.702,00 €

9.1.2012

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Érguete para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos

152.669,00 €

9.1.2012

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Renacer para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos

16.200,00 €

9.1.2012

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Rexurdir Provincial para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos

23.469,00 €

9.1.2012

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Érguete-Integración para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos

105.300,00 €

9.1.2012

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Cidadá de Loita contra a Droga da Coruña (Aclad) para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos adictivos relacionados con dependencias non alcohólicas

1.664.232,00 €

9.1.2012

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Cidadá de Loita contra a Droga Alborada para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos adictivos relacionados con dependencias non alcohólicas

1.479.301,00 €

9.1.2012

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Ferrolá de Drogodependencias (Asfedro) para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos adictivos relacionados con dependencias non alcohólicas

916.057,00 €

9.1.2012

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación As Burgas para o tratamiento e rehabilitación do enfermo alcohólico para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos adictivos de dependencia relacionados co alcohol, tabaco, xogo e outras dependencias sen substancia

168.392,00 €

9.1.2012

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Viguesa de Alcoholoxía Asvidal para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos adictivos de dependencia relacionados co alcohol, tabaco, xogo e outras dependencias sen substancia

198.847,00 €

9.1.2012

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Ex Alcohólicos de Ferrolterra para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos adictivos de dependencia relacionados co alcohol, tabaco, xogo e outras dependencias sen substancia

108.260,00 €

9.1.2012

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Ex Alcohólicos Luís Miguel Morás da Coruña para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos adictivos de dependencia relacionados co alcohol, tabaco, xogo e outras dependencias sen substancia

192.827,00 €

9.1.2012

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Monte do Gozo para o desenvolvemento do programa terapéutico-educativo Proxecto Home de atención e rehabilitación de drogodependentes da Comunidade Autónoma de Galicia e do Programa de tratamento e rehabilitación, en réxime de comunidade terapéutica da dependencia alcohólica

933.959,00 €

9.1.2012

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Cruz Vermella de Lugo para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos adictivos relacionados con dependencias non alcohólicas

620.998,00 €

9.1.2012

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Comisión Europea, para o aseguramento do acceso á prestación de asistencia sanitaria do persoal afiliado ao réxime común de seguro de enfermidade RCSE da Comisión Europea que opte por recibila a través do Servizo Galego de Saúde

Sen achega económica

1.2.2012

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde, a Fundación Retina Plus+ e a Sociedade Española de Retina e Vitreo (SERV) para o desenvolvemento dun programa de formación de expertos en retina no CHUS

Sen achega económica

10.2.2012

Acordo de colaboración entre a Universidade Europea de Madrid e o Hospital Lucus Augusti, Servizo Galego de Saúde

Sen achega económica

23.12.2011

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas dos alumnos do Máster Universitario en Saúde Pública

Sen achega económica

9.2.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e as Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo para a realización de prácticas dos/das alumnos/as do máster interuniversitario en Técnicas Estatísticas

Sen achega económica

16.1.2012

5.ª Addenda ao convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación para a investigación, desenvolvemento e innovación do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (Fundación Idichus) para a xestión do proxecto de investigación Euclides do sétimo programa Marco Europeo

Sen achega económica

27.2.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e o Imserso, para a organización da prestación farmacéutica no centro de discapacitados físicos (CAMF) de Ferrol

Sen achega económica

14.2.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria (Fegas) para o ano 2012.

2.290.568,00 €

10.1.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e A Fundación Valdegodos para a organización da prestación farmacéutica no centro La Natividad de María (Vilamartín de Valdeorras)

Sen achega económica

8.3.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Fundación San Rosendo para a organización da prestación farmacéutica no centro residencia Stella Maris

Sen achega económica

8.3.2012

Convenio entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Mutua Gallega, para a mellora na xestión dos procesos de incapacidade temporal por continxencias comúns

Sen achega económica

1.3.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e o Servizo Galego de Saúde para a cesión de fondos bibliográficos existentes no hospital psiquiátrico Cabaleiro Goás de Toén e no Hospital Psiquiátrico de Conxo

Sen achega económica

21.3.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para a realización de programas de atención e protección da saúde

5.299.312,72 €

14.4.2012

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación de Larinxetomizados de Ourense (ALO) para a cesión dun local no hospital Santa María Madre (Complexo Hospitalario Universitario de Ourense)

Sen achega económica

27.3.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Científica da Asociación Española contra o Cancro para a elaboración do estudo Abordaxe e tratamento do cancro de mama en España

Sen achega económica

27.3.2012

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación de Familiares Enfermos de Alzheimer de Ourense (Afaor), para a cesión do ximnasio sito no servizo de rehabilitación do Hospital de Piñor-Complexo Hospitalario Universitario de Ourense

Sen achega económica

5.3.2012

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación Autismo Galicia para o desenvolvemento de actividades de formación e sensibilización no contorno sanitario

12.150,00 €

11.4.2012

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (Fegerec) para o desenvolvemento de actividades destinadas a mellorar a situación de saúde e calidade de vida das persoas afectadas de enfermidades raras e crónicas no contorno sanitario

32.106,00 €

11.4.2012

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación de Alcohólicos Rehabilitados de Galicia Farga para o desenvolvemento de actividades de formación, información, asesoramento e apoio a pacientes e familiares/coidadores

25.650,00 €

11.4.2012

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de pericias médico-psiquiátricas e a formación neste ámbito

12.000,00 €

11.4.2012

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas tuteladas dos/as alumnos/as do grao en óptica e optometría

Sen achega económica

9.4.2012

Convenio de cooperación entre a Consellería de Sanidade e o Hospital Miguel Domínguez, S.L. relativo á implantación do programa galego para a detección da xordeira en período neonatal

Sen achega económica

16.4.2012