Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 28 de maio de 2012 Páx. 20036

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 21 de maio de 2012 pola que se autoriza o cambio de denominación do instituto de educación secundaria Francisco Sánchez, do concello de Tui.

De conformidade co previsto no artigo 3.1 e 2 do Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria, aprobado polo Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto), por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

Dispoño:

Autorizar o cambio de denominación específica do seguinte centro:

Provincia: Pontevedra.

Concello: Tui.

Código: 36014544.

Denominación anterior: Instituto de Educación Secundaria Francisco Sánchez.

Nova denominación: Instituto de Educación Secundaria Indalecio Pérez Tizón.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2012.

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria