Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 28 de maio de 2012 Páx. 20037

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2012 pola que se ditan instrucións para a elaboración e administración das probas de certificación e de clasificación das ensinanzas de idiomas de réxime especial na Comunidade Autónoma de Galicia.

O Decreto 191/2007 establece a ordenación das ensinanzas de idiomas de réxime especial e os currículos dos niveis básico e intermedio nas escolas oficiais de idiomas de Galicia, e o Decreto 238/2008 establece o currículo do nivel avanzado das devanditas ensinanzas. No artigo 19 do citado Decreto 191/2007 regúlanse as certificacións dos distintos niveis destas ensinanzas.

Así mesmo, a Orde do 8 de setembro de 2008, modificada pola Orde do 19 de abril de 2012, regula a avaliación e cualificación do alumnado que cursa as ensinanzas especializadas de idiomas de réxime especial. E no seu artigo 5 establece as características xerais das probas terminais de certificación, así como aspectos relativos á estrutura, elaboración, administración e cualificación destas mesmas.

A Orde do 5 de agosto de 2011, pola que se desenvolve o Decreto 189/2010, do 11 de novembro, polo que se establece o Regulamento orgánico das escolas oficiais de idiomas da Comunidade Autónoma de Galicia, e se regula a organización e o acceso ás ensinanzas de idiomas de réxime especial, establece, no seu artigo 23.10, que os departamentos didácticos das distintas escolas serán os responsables da elaboración, administración e avaliación das probas de clasificación consonte a estrutura e criterios de cualificación e corrección facilitados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Finalmente, o Decreto 229/2011, do 7 de decembro, regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia en que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Tendo en conta a experiencia adquirida na elaboración e administración das probas de certificación e clasificación, cómpre establecer un procedemento unificado para que as escolas oficiais de idiomas, a través dos seus departamentos didácticos, participen activamente na súa elaboración.

En consecuencia, e de acordo co establecido na disposición derradeira primeira do Decreto 191/2007, do 20 de setembro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas de idiomas de réxime especial e os currículos dos niveis básico e intermedio, a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

DISPÓN:

Artigo 1. Obxecto.

O obxecto desta resolución é establecer as características e o procedemento para a elaboración e administración das probas terminais de certificación así como das probas de clasificación.

Capítulo I
Probas terminais de certificación

Artigo 2. Finalidade e destinatarios.

2.1. As probas terminais de certificación teñen como obxectivo avaliar o nivel de competencia lingüística do alumnado de escolas oficiais de idiomas nas destrezas de comprensión de lectura, comprensión oral, expresión e interacción escrita e expresión e interacción oral, nos niveis básico (A2 do MCER), intermedio (B1 do MCER) e avanzado (B2 do MCER) establecidos nos currículos respectivos.

2.2. As probas terminais de certificación van dirixidas ao alumnado de todas as modalidades: oficial presencial, oficial a distancia e alumnado libre.

Artigo 3. Disposicións de carácter xeral.

3.1. As probas de certificación administraranse nas sedes das escolas oficiais de idiomas e, se é o caso, nas súas seccións. Para a correcta administración das probas deberase ter en conta o disposto nas guías de administración das probas de nivel básico, de nivel intermedio e de nivel avanzado, así como as guías para as persoas candidatas que figuran nos anexos I, II e III da presente resolución.

3.2. Estas probas teñen carácter unificado, polo que, con carácter xeral, se administrará a mesma proba na mesma data e hora en todas as escolas oficiais de idiomas de Galicia, e nas súas seccións, de acordo co calendario que estableza a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

3.3. No caso de que, por razóns excepcionais e xustificadas imputables ao centro, as probas unificadas non se poidan administrar nas datas establecidas, a dirección da escola deberá informar a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa e solicitarlle autorización para administrar a proba de reserva noutra data.

3.4. Con carácter excepcional, e logo de autorización da xefatura territorial correspondente, poderase variar o horario lectivo da escola ou sección naquelas franxas horarias en que a necesidade de espazos e profesorado o fagan necesario para o correcto desenvolvemento das probas.

Artigo 4. Procedemento de elaboración das probas de certificación do nivel básico.

4.1. As probas de certificación correspondentes ao nivel básico serán elaboradas polos departamentos didácticos das escolas oficiais de idiomas, seguindo os criterios que para tal fin estableza a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

4.2. Naqueles idiomas que se impartan nunha soa escola, a redacción das probas corresponderalles aos departamentos respectivos. No caso dos idiomas impartidos en so dúas escolas, os departamentos correspondentes deberán colaborar para a elaboración das probas de certificación de xeito conxunto.

4.3. Os departamentos designados para a elaboración das probas de nivel básico confeccionarán tres probas completas: proba A (convocatoria ordinaria), proba B (convocatoria extraordinaria) e proba R (reserva). O número e tipo de tarefas correspondentes a cada parte, así como as súas características, estarán recollidos na guía de especificacións que figura no anexo IV.

4.4. As direccións das escolas oficiais de idiomas que elaboren as probas de certificación de nivel básico responsabilizaranse de remitilas ás demais escolas onde se vaia administrar a proba antes do 15 de maio de cada ano en formato electrónico. As probas irán dirixidas á dirección da escola, que as fará chegar ás correspondentes xefaturas de departamento. Así mesmo, no mesmo prazo deberá enviarse unha copia das probas ao Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Artigo 5. Procedemento de elaboración das probas de certificación dos niveis intermedio e avanzado.

5.1. As probas de certificación dos niveis intermedio e avanzado serán deseñadas, a partir de tarefas redactadas polos departamentos didácticos das distintas escolas, por unha comisión de validación que constituirá a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. No caso de idiomas impartidos nun só centro, a elaboración destas probas será responsabilidade dos respectivos departamentos.

5.2. De acordo co artigo 8.3.d) da Orde do 5 de agosto de 2011, pola que se desenvolve o Decreto 189/2010, polo que se establece o Regulamento orgánico das escolas oficiais de idiomas da Comunidade Autónoma de Galicia, o horario do profesorado poderá incluír ata 3 horas asignadas pola dirección para a coordinación das probas de certificación. Esta coordinación implica participar no proceso de elaboración e organización das probas de certificación, e incluirá as seguintes funcións:

a) Seleccionar textos, redactar ítems e elaborar tarefas para as probas de certificación.

b) Elaborar os soportes necesarios (textos, gravacións e imaxes, libres de dereitos) para as probas de comprensión oral e de expresión e interacción oral.

c) Participar nas sesións de estandarización para a corrección de probas de certificación que se poidan levar a cabo nos departamentos.

Para cada un dos niveis, no caso do intermedio e avanzado, e antes do 30 de setembro, as direccións de cada escola, por proposta das xefaturas dos departamentos, designarán entre todo o profesorado dos departamentos os/as docentes que, de xeito voluntario ou por impartiren un nivel determinado, dedicarán as 3 horas semanais previstas no devandito artigo á redacción dos ítems e á xestión das probas. O número de profesorado con dedicación á coordinación de probas de certificación deberá garantir o cumprimento das tarefas que a comisión de validación asigne a cada departamento.

5.3. Comisión de validación.

5.3.1. Co obxecto de garantir a coordinación das diferentes escolas no proceso de elaboración das probas de certificación dos niveis intermedio e avanzado, a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa designará polo menos unha persoa por idioma, excepto nos idiomas impartidos nunha soa escola, como integrantes da comisión de validación. Os ditos membros deberán pertencer aos corpos de catedráticos/as ou de profesores/as de escolas oficiais de idiomas.

5.3.2. As funcións dos membros da comisión serán as seguintes:

a) Asignar e coordinar a elaboración das tarefas para probas de certificación cos distintos departamentos de cada idioma.

b) Recibir e supervisar as tarefas asignadas a cada departamento dos distintos idiomas e escolas.

c) Participar no control e análise da pilotaxe das tarefas recollidas, se é o caso.

d) Dar redacción definitiva ás distintas partes das probas de certificación na convocatoria ordinaria (proba A), extraordinaria (proba B) e de reserva (proba R) dos niveis intermedio e avanzado, utilizando as tarefas validadas que se remitan desde os departamentos didácticos.

e) Garantir que as probas se axustan en contido e forma ás especificacións establecidas para a certificación do nivel correspondente, así como aos respectivos currículos.

f) Revisar e actualizar, cando proceda, as especificacións e as distintas guías de cada nivel (de administración e corrección, e das persoas candidatas).

g) Manter un banco de todas as tarefas elaboradas para a certificación dos niveis intermedio e avanzado, e levar o rexistro da súa administración.

5.3.3. Procedemento e calendario para a elaboración das probas:

a) Na primeira quincena de setembro de cada ano, a comisión de validación reunirase para fixar o procedemento xeral que se debe seguir para garantir a coordinación entre niveis e idiomas.

b) Na segunda quincena de setembro, os membros da comisión farán chegar ás xefaturas de departamento de cadanseu idioma o número de tarefas e a(s) destreza(s) asignadas aos departamentos desa lingua en cada escola. O número e tipo de tarefas correspondentes a cada parte da proba, así como as súas características, estarán recollidos nos documentos de especificacións, que a comisión de validación facilitará ás persoas encargadas da elaboración de tarefas nos departamentos correspondentes.

c) Os departamentos didácticos deberán elaborar as tarefas asignadas de acordo cos documentos de especificacións mencionados, e entregalas á comisión de validación en dous prazos: ata o 10 de xaneiro e ata o 20 de maio de cada ano.

d) Os membros da comisión de validación farán unha selección dos ítems e tarefas recibidos, a partir da análise da súa idoneidade e da adecuación das tarefas e textos ás especificacións. No caso de que as tarefas non se axusten ás especificacións ou ás instrucións establecidas ao inicio de curso, requirirase a súa corrección aos/ás elaboradores/as dos departamentos correspondentes.

e) Os membros da comisión seleccionarán os ítems e tarefas máis axeitadas ás especificacións e aos criterios de avaliación do currículo respectivo e, se é o caso, iniciarán un proceso de pilotaxe destas.

f) Unha vez rematada a pilotaxe, os membros da comisión farán unha análise dos resultados que inclúa os índices de dificultade e discriminación, e remitirán ao profesorado redactor as tarefas ou ítems que se deben corrixir.

g) Os membros da comisión deberán decidir que criterios e marxes de coeficiente de dificultade se aceptarán para a validación dos ítems, tendo en conta as características propias de cada idioma.

h) Os departamentos didácticos organizarán, como mínimo, unha sesión de estandarización para a corrección das probas de certificación do nivel intermedio e outra para o nivel avanzado, nas cales participará o profesorado implicado na administración e corrección das probas de certificación correspondentes.

i) O proceso de elaboración de tarefas para as probas de certificación contará coa supervisión da inspección educativa.

j) Ao remate de cada convocatoria de probas de certificación, a comisión de validación elaborará un informe sobre a administración e os resultados das correspondentes probas por idioma e nivel, que será remitido á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Artigo 6. Convocatoria de probas de certificación para o alumnado oficial.

6.1. O alumnado oficial matriculado nun curso final de nivel terá que superar a proba de certificación correspondente para obter o certificado dese nivel que lle permita promocionar, se é o caso, ao nivel inmediatamente superior.

6.2. O alumnado oficial matriculado nun curso non final de nivel que desexe matricularse nunha proba de certificación de calquera nivel, poderá facelo co pagamento previo dos prezos públicos correspondentes e achegando a documentación requirida para a matrícula do alumnado libre dentro do prazo establecido.

Artigo 7. Convocatoria de probas de certificación para o alumnado libre.

7.1. A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa convocará as probas de certificación para o alumnado libre, polo menos unha vez ao ano, que terán lugar, con carácter xeral, no mes de xuño.

7.2. A matrícula nas probas de certificación polo réxime libre só dará dereito a unha única convocatoria. A participación en cada proba implicará o pagamento do correspondente prezo público, sen que exista límite no número de convocatorias.

7.3. Poderanse matricular nas probas de certificación do idioma que cursasen como primeira lingua estranxeira na educación secundaria obrigatoria aquelas persoas que teñan dezaseis anos cumpridos ou que os cumpran antes do 31 de decembro do ano en que se convocan as probas.

7.4. Poderanse matricular nas probas de certificación dos idiomas que non cursasen como primeira lingua estranxeira na educación secundaria obrigatoria aquelas persoas que teñan catorce anos cumpridos ou que os cumpran antes do 31 de decembro do ano en que se convocan as probas.

7.5. O alumnado libre poderá matricularse, dentro do prazo establecido para tal fin, en calquera nivel das probas de certificación, co pagamento previo dos prezos públicos correspondentes, sen que sexa requisito ter obtido o/s certificado/s do/s nivel ou niveis anterior/es.

7.6. O alumnado libre que supere a proba de certificación de nivel básico ou intermedio poderá incorporarse ao primeiro curso do nivel intermedio ou avanzado, respectivamente, do réxime de ensinanza oficial presencial en calquera escola oficial de idiomas, sempre e cando exista dispoñibilidade de prazas.

7.7. O alumnado non poderá estar matriculado no mesmo idioma e curso no mesmo ano académico por ensino oficial e libre simultaneamente.

7.8. O alumnado dos cursos de actualización lingüística e comunicativa (CALC), establecidos no artigo 5.1 da Orde do 18 de febreiro de 2011, que desexe certificar o nivel que estea a cursar deberá formalizar a matrícula polo réxime libre.

Artigo 8. Estatística.

Unha vez rematado o período de matrícula polo réxime libre, e sempre antes do 15 de maio de cada ano, as EOI remitirán ao Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial unha estatística co número de matrícula por idioma, nivel e modalidade, tanto da EOI como das seccións, se é o caso, consonte o anexo V desta resolución. Do mesmo xeito, a estatística incluirá o número de tribunais por idioma e nivel.

Artigo 9. Alumnado do programa That’s English!

9.1. O alumnado do programa That’s English! deberá superar a proba de certificación de nivel básico ao rematar o módulo correspondente para acadar a dita certificación e poder acceder ao seguinte nivel.

9.2. O alumnado que estea cursando o módulo correspondente a un curso final de nivel e teña superado(s) o(s) módulo(s) anterior(es) dese mesmo curso, deberá superar a proba de certificación do nivel correspondente para acadar o certificado de nivel básico, intermedio ou avanzado, segundo corresponda.

9.3. Este alumnado non terá que aboar prezos públicos polo acceso ás probas de certificación.

9.4. Os centros de apoio titorial deberán remitir a relación de alumnado, co nome, apelidos e DNI, aos centros de apoio administrativo respectivos para que as EOI correspondentes os inclúan nas probas de certificación de nivel básico, intermedio e avanzado, segundo corresponda.

9.5. O alumnado do programa That’s English! realizará as probas de certificación na escola de idiomas ou sección a que estea adscrito o centro de apoio titorial en que cursa os estudos.

Artigo 10. Incompatibilidades.

10.1. Non poderán examinarse das probas de certificación aquelas persoas que participasen na súa elaboración ou nos seus procesos de configuración final.

10.2. Así mesmo, o profesorado que imparta docencia nunha EOI, ou ben que a impartise nalgún momento do curso académico (no caso do profesorado interino ou substituto), non se poderá matricular nas probas de certificación de ningún idioma na propia EOI en que imparte ou impartise docencia nese curso académico, e, no caso do(s) idioma(s) que imparte, tampouco se poderá matricular para realizar as probas de certificación en ningunha EOI de Galicia.

Artigo 11. Formación do profesorado na elaboración de probas e tarefas.

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa ofrecerá formación específica, tanto no relativo á elaboración de ítems e redacción de tarefas como na edición de audio, para o profesorado dos departamentos didácticos responsables da redacción das probas de certificación de nivel básico e o profesorado que elabore tarefas para as probas de certificación de nivel intermedio e avanzado.

Artigo 12. Administración de probas de certificación para persoas con necesidades especiais.

As persoas candidatas ás probas de certificación con deficiencias visuais ou invidentes, con discapacidade auditiva parcial ou total, con trastornos da lectura e/ou escritura, con trastornos da fala ou con discapacidades múltiples terán dereito á adaptación das distintas partes da probas, consonte o disposto na disposición adicional primeira, punto dous, da Orde do 8 de setembro de 2008, e as medidas recollidas no anexo VI desta resolución.

Capítulo II

Probas de clasificación

Artigo 13. Finalidade e destinatarios.

13.1. As probas de clasificación teñen por obxecto facilitar a incorporación a calquera curso e nivel dun idioma do alumnado que dispoña de coñecementos previos do idioma e cumpra os requisitos establecidos no artigo 23 da Orde do 5 de agosto de 2011.

13.2. Para a elaboración, administración e avaliación das probas de clasificación, os departamentos didácticos das distintas escolas deberán seguir as especificacións recollidas no anexo VII da presente resolución.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2012.

José Luis Mira Lema
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

ÍNDICE

1. Introdución.

2. Información xeral sobre a proba de certificación.

2.1. Lexislación aplicable.

2.2. Convocatorias.

2.3. Matrícula.

2.4. Certificación.

3. Características, duración e partes da proba.

3.1. Contidos.

3.2. Duración.

3.3. Comprensión de lectura.

3.4. Comprensión oral.

3.5. Expresión e interacción escrita.

3.6. Expresión e interacción oral.

4. Puntuación e superación das partes e da proba.

5. Recomendacións e normas.

5.1. Antes da proba.

5.2. Durante a proba.

5.3. Despois da proba.

1. Introdución.

A presente información refírese ás probas específicas de certificación para a obtención do certificado de nivel básico que se realizarán nas escolas oficiais de idiomas de Galicia.

As probas terminais específicas de certificación son probas de dominio, non de aproveitamento. O obxectivo da proba de certificación é verificar se a persoa candidata é capaz de «facer», de aplicar ao mundo real o que aprendeu. Co fin de levar todo isto a cabo, no contexto de dominio que lle corresponde ao nivel básico –nivel A2 do Marco común europeo de referencia para as linguas (MCERL)– e de certificar o devandito nivel en cada unha das catro destrezas comunicativas, comprobarase se a persoa candidata está en condicións de realizar funcións básicas da lingua como intercambiar e pedir información, responder cando se lle solicita ou expresar opinións de xeito sinxelo en contextos relacionados coa vida cotiá. Igualmente, verificarase se é quen de se desenvolver nas relacións sociais de xeito sinxelo pero eficaz, utilizando expresións simples e correntes, seguindo as fórmulas básicas e demostrando o seu coñecemento das convencións relacionadas con elas.

Xa que logo, considerarase que a persoa candidata alcanzou o nivel básico establecido no currículo correspondente cando, tanto nas destrezas de comprensión –oral e escrita– como nas de expresión e interacción –oral e escrita–, amose un grao de competencia comunicativa suficiente na utilización eficaz e apropiada do idioma en actividades comunicativas sinxelas e habituais, relativas a necesidades inmediatas e que requiran comprender e producir textos breves, nun rexistro neutro, e que conteñan expresións, estruturas e termos básicos e sinxelos.

2. Información xeral sobre a proba.

2.1. Lexislación aplicable.

As probas de certificación correspondentes ao nivel básico están reguladas polo marco legal e administrativo establecido nos seguintes documentos:

– Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. Nos seus artigos 59, 60, 61 e 62 establécese que as ensinanzas de idiomas de réxime especial se organizan en tres niveis: básico, intermedio e avanzado.

– Real decreto 1629/2006, do 29 de decembro. No seu artigo 2 declara que as ensinanzas do nivel básico terán as características e a organización que as administracións educativas determinen. O devandito nivel terá como referencia as competencias propias do nivel A2 do Consello de Europa segundo se define este nivel no Marco común europeo de referencia para as linguas (MCERL).

– Decreto 191/2007, do 20 de setembro de 2007. Establece a ordenación das ensinanzas de idiomas de réxime especial e os currículos dos niveis básico e intermedio para a nosa comunidade e incorpóranse nel as ensinanzas mínimas fixadas polo Real decreto 1629/2006.

– Orde do 8 de setembro de 2008 pola que se regula a avaliación e cualificación do alumnado que cursa as ensinanzas especializadas de idiomas de réxime especial que se establecen na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG do 26 de setembro) e modificada pola Orde do 19 de abril de 2012 (DOG do 30 de abril).

– Orde do 5 de agosto de 2011 pola que se desenvolve o Decreto 189/2010, do 11 de novembro, polo que se establece o Regulamento orgánico das escolas oficiais de idiomas da Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a organización e o acceso ás ensinanzas de idiomas de réxime especial.

2.2. Convocatorias.

Para o alumnado oficial das escolas oficiais de idiomas haberá unha convocatoria ordinaria e outra extraordinaria de probas terminais específicas de certificación no mes de xuño e setembro nas mesmas datas e horario en todas as escolas oficiais de idiomas de Galicia, segundo o calendario establecido pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. O alumnado libre disporá unicamente da convocatoria ordinaria.

Todas as comisións respectarán escrupulosamente os horarios establecidos, e non poderán alteralos por ningún motivo sen aviso previo á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

2.3. Matrícula.

Para matricularse é necesario facer a solicitude de matrícula e formalizala posteriormente na secretaría da escola oficial de idiomas que corresponda. Hai que cumprir os seguintes requisitos:

– Poderanse matricular nas probas de certificación daquel idioma que curse como primeira lingua estranxeira na educación secundaria obrigatoria aquelas persoas que teñan dezaseis anos ou que os cumpran antes do 31 de decembro do ano no que se matriculan.

– Poderanse matricular nas probas de certificación daqueles idiomas que non curse como primeira lingua estranxeira na educación secundaria obrigatoria aquelas persoas que teñan catorce anos ou que os fagan antes do 31 de decembro do ano en que se matriculan.

– O alumnado non poderá estar matriculado no mesmo idioma e curso no mesmo ano académico por ensino oficial e libre simultaneamente.

– Efectuar os trámites de inscrición en liña e ter aboado os prezos públicos correspondentes para realizar as probas dentro dos prazos establecidos. Así mesmo, a validez da matrícula está condicionada á entrega en prazo e forma da documentación requirida na secretaría da EOI en que desexa matricularse.

As persoas candidatas que declaren algún tipo de discapacidade deben xustificar estas necesidades especiais no momento de formalización da matrícula mediante certificación oficial da súa minusvalidez e o grao desta, segundo o anexo IX da Orde do 8 de setembro de 2008.

2.4. Certificación.

Co fin de seguir as recomendacións do Consello de Europa, a persoa candidata que, logo de realizar as probas, non supere todas as destrezas que dan dereito ao certificado poderá solicitar, nas condicións en que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria determine, a certificación de que alcanzou o nivel de dominio requirido nalgunha das destrezas comunicativas que as probas correspondentes avalíen.

3. Características, duración e partes da proba.

3.1. Contidos

Os contidos obxecto de exame non se corresponden con ningún libro de texto en concreto. Serán os establecidos no currículo regulado polo Decreto 191/2007, do 20 de setembro, no seu anexo 1, epígrafe 3 (DOG do 9 de outubro de 2007).

3.2. Duración.

As probas para a obtención do certificado de nivel básico durarán aproximadamente tres horas e realizaranse en dúas sesións, que poderán ter lugar en datas distintas.

Na primeira sesión inclúense, por esta orde, as seguintes destrezas: a Comprensión de lectura, a Expresión e interacción escrita e a Comprensión oral.

Na segunda sesión administrarase a destreza de Expresión e interacción oral. Cada destreza realizarase de modo independente, sen establecer partes eliminatorias.

A sesión correspondente á destreza de expresión e interacción oral poderá ter lugar antes ou despois da sesión correspondente ás outras destrezas, e a intervención das persoas candidatas poderá ser gravada.

1.ª sesión

Comprensión de lectura (máx. 55 minutos)

Pausa: 10 minutos

Expresión e interacción escrita (máx. 55 minutos)

Pausa: 10 minutos

Comprensión oral (máx. 35 minutos)

2.ª sesión

Expresión e interacción oral (máx. 15 minutos)

3.3. Comprensión de lectura.

– Os textos empregados como soporte para as tarefas serán auténticos e versarán sobre temas distintos.

– Os tempos indicados para cada tarefa son simplemente orientativos e a persoa candidata poderá distribuír a totalidade do tempo (55 minutos) á súa elección.

– Cada tarefa empezará cun exemplo que ilustre como se debe realizar.

  • Tarefa 1

    Asociar 9 textos breves ou imaxes cos enunciados correspondentes.

    Aprox. 15 minutos

    9 puntos

    Tarefa 2

    Responder un total de 8 enunciados de V/F referidos a 2 ou 3 textos.

    Aprox. 15 minutos

    8 puntos

    Tarefa 3

    Responder un total de 8 enunciados de elección múltipla (a, b ou c) referidos a 1 ou 2 textos.

    Aprox. 25 minutos

    8 puntos

    Máx. 55 minutos

    Total 25 puntos

3.4. Expresión e interacción escrita.

– Haberá dúas tarefas, guiadas e contextualizadas, con intencións comunicativas e temáticas diferentes.

– Un dos formatos requiridos será de correspondencia.

– Entregaranse as dúas tarefas á vez.

– Os tempos indicados para cada tarefa son simplemente orientativos e a persoa candidata poderá distribuír a totalidade do tempo (máx. 55 minutos) á súa elección.

– Cómpre desenvolver todos os puntos das tarefas.

– Só se poderá escribir con bolígrafo de cor azul ou negra. Non se avaliará ningunha tarefa escrita con lapis ou emendada con líquidos ou cintas correctoras.

– Non se avaliará o contido escrito fóra dos recadros habilitados para tal fin.

– Non se avaliarán «borradores» das tarefas. A folla empregada para tal efecto deberá ser entregada ao remate da proba.

  • Tarefa 1

    Escribir un texto descritivo, narrativo ou expositivo (80-100 palabras).

    Aprox. 25 minutos

    12 puntos

    Tarefa 2

    Escribir un texto cun formato de correspondencia (80-100 palabras).

    Aprox. 30 minutos

    13 puntos

    Máx. 55 minutos

    Total 25 puntos

3.5. Comprensión oral.

– Os textos orais utilizados como soporte para as tarefas serán auténticos ou verosímiles.

– A tipoloxía dos textos será diversa. Procederán de fontes tales como radio, televisión, podcasts, material gravado (audio ou audiovisual), etc.

– Pode ofrecerse un apoio visual e un texto breve (oral e/ou escrito) que introduza o oínte no contexto onde se desenvolverá a audición.

– Cada tarefa empezará cun exemplo que ilustre como se debe realizar.

– As instrucións de cada tarefa presentaranse na lingua obxecto de exame.

  • Tarefa 1

    Asociar 8 textos orais cos enunciados escritos ou imaxes correspondentes.

    Aprox. 10 minutos

    8 puntos

    Tarefa 2

    A partir dun texto:

    a) responder 8 preguntas breves con 1-2 palabras ou con cifras.

    ou

    b) completar diagramas, cadros, esquemas cos 8 datos requiridos (con 1-2 palabras ou con cifras).

    Aprox. 10 minutos

    8 puntos

    Tarefa 3

    Responder un total de 9 enunciados de elección múltiple (a, b ou c) referidos a 1 ou 2 textos.

    Aprox. 15 minutos

    9 puntos

    Máx. 35 minutos

    Total 25 puntos

3.6. Expresión e interacción oral.

– Haberá dúas tarefas, monólogo e diálogo, que se realizarán nesa orde.

– Ambas as tarefas estarán guiadas e contextualizadas.

– Antes de comezar a proba propiamente dita, haberá unha fase de acollida das persoas candidatas que durará de 2 a 3 minutos e que non é avaliable.

– Antes de cada tarefa, a comisión avaliadora dará as instrucións e explicará o procedemento que se vai seguir usando a lingua obxecto de exame.

– A temática da tarefa 1 será distinta á da tarefa 2.

– As persoas candidatas disporán de 1 minuto para preparar cada tarefa.

– As propostas para a tarefa 1 versarán sobre un tema común con dúas variantes, unha para cada candidato/a (ou tres en caso de número impar de candidatos).

– A actuación das persoas candidatas no monólogo realizarase por estrita orde alfabética dos apelidos.

– Durante a fase de monólogo, as persoas candidatas non poderán interromper ao/á outro/a candidato/a.

– A proba de expresión e interacción oral poderá ser gravada.

  • Introdución

    Fase de acollida

    Aprox. 2 minutos (por parella)

    Non avaliable

    Tarefa 1

    Monólogo

    Aprox. 2 minutos (por candidato/a)

    12 puntos

    Tarefa 2

    Diálogo

    Aprox. 5 minutos (por parella)

    13 puntos

    Máx. 15 minutos

    Total 25 puntos

4. Puntuación e superación das destrezas e da proba.

– A superación da proba é a única vía de obtención da certificación de nivel básico.

– A puntuación total da proba será de 100 puntos e a de cada destreza, 25 puntos. Para superar cada destreza a puntuación mínima requirida será de 15 puntos.

– Para obter a certificación será necesario superar as catro destrezas de que se compón a proba.

– Gardaranse as destrezas aprobadas na convocatoria ordinaria para a convocatoria extraordinaria.

– A cualificación outorgada á persoa candidata será de apto, non apto ou, se é o caso, non presentado.

5. Recomendacións e normas.

5.1. Antes da proba.

As persoas candidatas deberán estar presentes no lugar de realización das probas 15 minutos antes do seu inicio.

Todas as persoas candidatas deben levar ás probas un documento de identidade, DNI, NIE, pasaporte ou documento nacional do país de orixe.

As persoas que se matriculan para a proba de certificación pola modalidade libre deberanse presentar á proba co xustificante da matrícula. Aquelas que non presenten o xustificante o día de realización da proba non serán avaliadas mentres non se comprobe na secretaría do centro a veracidade da súa matrícula.

As persoas candidatas serán chamadas ata dúas veces por orde de lista antes de entrar na aula para cada unhas das destrezas. Unha vez rematada a lista, serán chamadas por terceira e última vez ás persoas candidatas que non responderon. De non estaren presentes neste terceiro chamamento, non serán admitidas para a realización da destreza correspondente.

5.2. Durante a proba.

1. As persoas candidatas depositarán os efectos persoais no espazo habilitado para tal uso que indique o/a administrador/a da proba. Accederán ao seu posto co material indispensable para a realización das probas.

2. As persoas candidatas non poderán botar man de materiais de consulta de ningún tipo nin comunicarse con outras persoas candidatas e/ou persoas externas ás probas.

3. As persoas candidatas deberán ter enriba da mesa un documento de identidade (DNI, pasaporte...) á vista en todo momento.

4. As persoas candidatas terán que escribir en todos os folios da proba a identificación que se lles solicite. Non se avaliarán exames anónimos.

5. Todas as destrezas e tarefas de que constan as probas se realizarán no idioma correspondente.

6. Só se poderá escribir con bolígrafo de cor azul ou negra. Non se avaliará ningunha tarefa escrita con lapis ou emendada con líquidos ou cintas correctoras.

7. Só se poderá abandonar a aula cando remate a entrega das probas, por parte do/a administrador/a, a todas as persoas candidatas presentes na aula, agás na destreza de Comprensión oral, en que non se poderá abandonar a aula ata a fin da proba.

8. As persoas candidatas deberán ler con atención as instrucións que se dan para cada destreza e tarefa.

9. Está completamente prohibido comer e beber durante a proba, agás auga.

10. Os teléfonos móbiles deberán permanecer totalmente apagados durante a proba.

11. Por respecto, rógase ás persoas candidatas que desactiven todos os mecanismos que poidan perturbar a concentración e o bo desenvolvemento da proba, como, por exemplo, as alarmas do reloxo.

12. As persoas candidatas non se poderán dirixir ao persoal administrador en relación a aspectos didácticos das probas.

13. Unha vez rematado o tempo, as persoas candidatas deberán entregar as probas xunto con todos os folios empregados como borrador e asinar na listaxe establecida para tal fin.

14. Unha vez entregada a proba, as persoas candidatas abandonarán a aula en completo silencio. Ningunha persoa candidata poderá permanecer nos corredores do centro, para evitar ruídos que interfiran na realización adecuada das probas.

15. Nas partes de Comprensión de lectura e Comprensión oral:

– Non se interromperá nunca a audición, salvo causa de forza maior.

– Anularanse as respostas que non sexan claras e/ou lexibles e que non estean dentro dos espazos habilitados para tal fin.

– Anularanse as respostas en que se marque máis dunha opción, sempre que non se indique con suficiente claridade que se trata dun erro. En caso de erro, as persoas candidatas marcarán a nova resposta cun X rodeado por un círculo: V.

16. No exercicio de Expresión e interacción escrita:

– As persoas candidatas deberán axustarse ao número de palabras indicado para o desenvolvemento das dúas tarefas de Expresión e interacción escrita. Non se poderá exceder o espazo habilitado nin os límites establecidos.

– Facilitarase á persoa candidata un folio para facer borradores, esquemas, etc. O folio empregado durante a realización das tarefas deberá ser entregado xunto coas dúas tarefas.

– Non se avaliarán tarefas escritas completamente en maiúsculas.

17. Durante a proba de Expresión e Interacción oral:

– As persoas candidatas non poderán utilizar notas escritas nin ningún outro tipo de material nin soporte.

– As intervencións das persoas candidatas poderán ser gravadas.

18. Non se permitirá a saída e posterior ingreso de ningunha persoa candidata na aula. A saída da aula supón a finalización e entrega do exercicio.

19. Durante as pausas, as aulas permanecerán pechadas sen que ningunha das persoas candidatas poida ter acceso ao seu interior.

5.3. Despois da proba.

De acordo coa Orde do 8 de setembro de 2008, calquera persoa candidata, sexa oficial ou libre, que considere que o proceso de avaliación non se axustou ao establecido, poderá presentar unha reclamación ante a dirección da escola oficial de idiomas en que realizou a proba nun prazo de dous días hábiles contados a partir da publicación dos resultados finais. A reclamación terá que estar baseada nalgún dos seguintes aspectos:

a) Inadecuación dos obxectivos, contidos e criterios de avaliación da proba aos establecidos no currículo oficial e na programación didáctica do departamento correspondente.

b) Incorrecta aplicación dos procedementos e instrumentos de avaliación e/ou do criterio de cualificación establecidos para estas probas.

Se desexa obter máis información sobre o proceso debe dirixirse ao/á director/a ou ao/á xefe/a de estudos do centro en que estea matriculado. A seguir, extráctase un breve resumo dos pasos máis destacados no proceso de reclamación:

– A dirección da escola resolverá a reclamación nos dous días hábiles seguintes á presentación da reclamación ratificando ou rectificando a cualificación. Para iso, solicitará do departamento didáctico o correspondente informe, e informará por escrito a persoa candidata implicada da resolución adoptada.

– De continuar o desacordo coa cualificación, a persoa candidata poderá interpor recurso de alzada perante a xefatura territorial correspondente no prazo de dous días hábiles a partir do seguinte ao da súa recepción.

– A xefatura territorial resolverá no prazo dun mes a partir da presentación do recurso, o que porá fin á vía administrativa.

missing image file
missing image file

ÍNDICE

1. Introdución.

2. Recoñecemento da certificación.

3. Perfil das persoas candidatas.

4. Requisitos para presentarse ás probas.

5. Número de convocatorias.

6. Dereitos das persoas candidatas.

7. Obrigas das persoas candidatas.

8. Definición do nivel intermedio.

9. Estrutura da proba de certificación de nivel intermedio.

10. Distribución e orde de administración da proba.

11. Contidos.

12. Temas.

13. Tipos de texto.

14. Características de cada parte da proba.

15. Resultados.

16. Recomendacións finais.

1. Introdución.

O presente documento contén a descrición das probas de certificación correspondentes ao nivel intermedio que se realizarán nas escolas oficiais de idiomas (EOI) de Galicia. Ten a finalidade de facilitar información sobre a estrutura e o contido destas probas ás persoas candidatas.

As probas de certificación do nivel intermedio están reguladas polo marco legal e administrativo establecido nos seguintes documentos:

– Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (BOE do 4 de maio).

– Real decreto 1629/2006, do 29 de decembro (BOE do 4 de xaneiro de 2007), que fixa os aspectos básicos do currículo das ensinanzas de idiomas de réxime especial reguladas pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

– Decreto 191/2007, do 20 de setembro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas de idiomas de réxime especial e os currículos dos niveis básico e intermedio (DOG do 9 de outubro).

– Orde do 8 de setembro de 2008 pola que se regula a avaliación e cualificación do alumnado que cursa as ensinanzas especializadas de idiomas de réxime especial que se establecen na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG do 26 de setembro) e modificada pola Orde do 19 de abril de 2012 (DOG do 30 abril).

– Orde do 5 de agosto de 2011 pola que se desenvolve o Decreto 189/2010, do 11 de novembro, polo que se establece o Regulamento orgánico das escolas oficiais de idiomas da Comunidade Autónoma de Galicia, e se regula a organización e o acceso ás ensinanzas de idiomas de réxime especial.

2. Recoñecemento da certificación.

As certificacións que expiden as EOI son titulacións de recoñecido prestixio no mundo laboral e profesional. É a única titulación oficial con validación en todo o territorio español, expedida polo Ministerio de Educación ou polas comunidades autónomas con competencias educativas, en que se certifica o dominio dun nivel de competencia lingüística dunha lingua estranxeira ou das diferentes linguas autonómicas.

Estas certificacións son validadas e recoñecidas por distintos organismos oficiais como, por exemplo:

–  Créditos de libre configuración nas universidades galegas.

–  Horas de formación para funcionarios de Galicia e das diferentes comunidades autónomas do Estado español.

–  Horas de formación permanente para o profesorado (sexenios, concursos, concesións de bolsas, intercambios, programas europeos...), segundo a Orde do 1 marzo de 2007 (DOG do 14 de abril), da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

–  Méritos en concursos de traslados para persoas funcionarias de Galicia e das diferentes comunidades autónomas do Estado español.

–  Méritos na fase de concurso-oposición para o acceso á función pública en territorio español.

3. Perfil das persoas candidatas.

O perfil do alumnado das EOI é moi variado, tanto pola idade como pola súa formación, nivel cultural e motivación.

En consecuencia, as probas serán «neutras», adaptadas aos trazos que caracterizan un alumnado heteroxéneo, e non incluirán, en ningún caso, tarefas que lles exixan un certo grao de complexidade cognitiva ás persoas candidatas.

4. Requisitos para presentarse ás probas.

Poderán presentarse a estas probas aquelas persoas que desexen obter unha certificación académica que faga constar o seu nivel de competencia lingüística no idioma obxecto de exame e que cumpran os seguintes requisitos:

–  Ser maior de 16 anos (ou maior de 14 anos se se examina dunha lingua distinta á que cursa como primeira lingua na educación secundaria obrigatoria) ou que os cumpra no ano en que se matricula, independentemente do seu nivel de estudos ou profesión.

–  Efectuar, dentro dos prazos establecidos, os trámites de inscrición e aboar os dereitos correspondentes para realizar as probas.

5. Número de convocatorias.

A Administración educativa organizará para o alumnado oficial polo menos dúas convocatorias anuais de probas para a obtención dos certificados correspondentes, unha convocatoria ordinaria en xuño e outra extraordinaria en setembro, que serán comúns en todas as EOI de Galicia. O alumnado do réxime libre terá dereito unicamente á convocatoria ordinaria.

O calendario de probas para cada convocatoria será fixado na correspondente circular da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa e poderá consultarse nas diferentes EOI e nas súas páxinas web.

6. Dereitos das persoas candidatas.

– Adaptación da proba para persoas con discapacidades.

É posible a adaptación da proba ás necesidades especiais daquelas persoas candidatas que presenten algún tipo de discapacidade motriz, visual ou auditiva.

As persoas candidatas que se matriculen en réxime libre deben declarar e xustificar estas circunstancias no momento da formalización da matrícula mediante certificación oficial acreditativa da súa minusvalidez e do grao desta. A escola poñerao en coñecemento dos equipos de orientación específicos dependentes da xefatura territorial respectiva para que emitan un informe sobre as medidas necesarias para avaliar estas persoas candidatas.

– Xustificantes de asistencia.

As persoas candidatas poderán solicitar un xustificante de asistencia ao exame. Este xustificante solicitarase ao/á profesor/a administrador/a unha vez finalizada a proba escrita ou oral.

– Dereito a reclamar.

De acordo coa lexislación vixente (Orde do 8 de setembro de 2008 pola que se regula a avaliación e cualificación do alumnado que cursa as ensinanzas especializadas de idiomas de réxime especial que se establecen na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación), calquera persoa candidata que estea en desacordo coa súa cualificación final poderá presentar unha reclamación ante a dirección da escola oficial de idiomas nun prazo de dous días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación dos resultados.

A reclamación terá que estar baseada nalgún dos seguintes aspectos:

a) Inadecuación dos obxectivos, contidos e criterios de avaliación da proba aos establecidos no currículo oficial.

b) Incorrecta aplicación dos procedementos e instrumentos de avaliación e/ou dos criterios de cualificación establecidos para estas probas.

Segundo estipula o artigo 7 da citada orde, a dirección da escola resolverá nos dous días hábiles seguintes á presentación da reclamación, ratificando ou rectificando a cualificación. Para iso, solicitaralle ao departamento didáctico o correspondente informe e notificaralle por escrito á persoa candidata a resolución adoptada e os recursos que caben contra a citada resolución.

7. Obrigas das persoas candidatas.

As persoas candidatas deberán:

–  Ser puntuais e presentarse na aula onde se realizarán as probas á hora indicada na convocatoria. Non se permitirá a entrada á aula a ningunha persoa candidata despois do último chamamento.

–  Presentar o DNI, pasaporte ou calquera outro documento acreditativo da identidade cando lles sexa requirido na aula de exame.

–  Presentar o xustificante da matrícula (persoas candidatas libres).

–  Usar bolígrafo azul ou negro para a realización do exame porque as probas escritas con lapis ou emendadas con fluído ou cinta correctora non serán cualificadas.

–  Manter apagados os teléfonos móbiles e calquera outro dispositivo electrónico durante toda a proba.

–  Asinar a entrega de cada parte da proba.

–  Abandonar a aula con discreción.

–  Permanecer en silencio fóra da aula para non molestar as demais persoas que continúen realizando a proba.

8. Definición do nivel intermedio.

O nivel intermedio das EOI de Galicia (que inclúe os cursos Intermedio 1 e Intermedio 2) equivale ao nivel B1 definido no Marco europeo común de referencia para as linguas (MECRL), un documento creado pola división de Política Lingüística do Consello de Europa, coa intención de proporcionar, en toda a súa zona de influencia, unha base común para a elaboración de programas de linguas, orientacións curriculares, exames, manuais, etc.

Tendo en conta este documento e a lexislación vixente en Galicia:

«O nivel intermedio [...] ten a finalidade de capacitar o alumnado para a utilización do idioma oralmente ou por escrito de maneira eficaz, apropiada e flexible, en situacións comunicativas diversas relativas a temas coñecidos ou de interese persoal, que requiran comprender e producir textos en lingua estándar, nun rexistro neutro, formal e informal, e que conteñan variedade de expresións, estruturas e locucións idiomáticas frecuentes e termos habituais e cultos de uso común non especializados.

Este nivel de uso do idioma deberá permitir igualmente actuar mediando entre falantes de distintas linguas que non poidan comprenderse de maneira directa así como garantir a relación fluída entre falantes e culturas».

Decreto 191/2007, do 20 de setembro (DOG do 9 de outubro)

Polo tanto, a persoa que acada este nivel:

–  «É capaz de comprender os puntos principais de textos claros e en lingua estándar se tratan sobre cuestións que lle son coñecidas, xa sexa en situacións de traballo, de estudo ou de lecer.

–  Sabe desenvolverse na maior parte das situacións que poden xurdir durante unha viaxe por zonas onde se utiliza a lingua.

– É capaz de producir textos sinxelos e coherentes sobre temas que lle son familiares ou nos que ten un interese persoal.

–  Pode describir experiencias, acontecementos, desexos e aspiracións, así como xustificar brevemente as súas opinións ou explicar os seus plans».

MECRL, Niveis comúns de referencia. Escala global. Descritores nivel B1

9. Estrutura da proba de certificación de nivel intermedio.

Partes da proba (destrezas)

Puntuación mínima

Puntuación total

Comprensión de lectura

15 puntos

25

Expresión e interacción escrita

15 puntos

25

Comprensión oral

15 puntos

25

Expresión e interacción oral

15 puntos

25

10. Distribución e orde de administración da proba.

A proba administrarase en dúas sesións:

1.ª sesión:

Partes da proba (destrezas)

Duración

Comprensión de lectura

60 minutos

Pausa

10 minutos

Expresión e interacción escrita

75 minutos

Pausa

10 minutos

Comprensión oral

35 minutos

Total

190 minutos

(3 h 10 min.)

2.ª sesión:

Parte da proba (destreza)

Duración (por parella)

Expresión e interacción oral

15 minutos

Total

15 minutos

A sesión correspondente á destreza de expresión e interacción oral poderá ter lugar antes ou despois da sesión correspondente ás outras destrezas, e gravarase en audio a intervención das persoas candidatas.

11. Contidos.

Os contidos xerais da proba de certificación de nivel intermedio serán os descritos no currículo vixente para as escolas oficiais de idiomas (Decreto 191/2007, do 20 de setembro, anexo 2, epígrafe 3).

12. Temas.

Os temas sobre os cales se basearán os distintos exercicios da proba serán os descritos no currículo vixente para as escolas oficiais de idiomas (Decreto 191/2007, do 20 de setembro, anexo 2, epígrafe 3.2.1.1.):

Identificación persoal: información sobre o traballo. Linguas estranxeiras. Relixión.

Vivenda, fogar e contorna: tipos de vivenda. Descrición da vivenda. Localización da casa (periferia, barrio, medio rural, etc.).

Traballo e profesión: actividade profesional. Organización do traballo (lugar, cargo, horario, etc.). Condicións de traballo.

Tempo libre e actualidade: descrición das actividades de lecer e culturais (localidades e instrumentos usados para actividades deportivas, xéneros cinematográficos, etc.). Acontecementos do momento.

Viaxes e transportes: entrada e saída dun país. Comunicación con empregados de locais para aloxamento. Planificación das vacacións. Viaxes ligadas ao turismo (axencias de viaxes, monumentos, etc.).

Relacións humanas e sociais: tipos e formas de relación social (levarse ben, levarse mal, conflitos, etc.). Formas de tratamento. Asociacións.

Saúde e coidados físicos: posición do corpo e movementos. Sensacións e percepcións físicas. Especialidades médicas. Servizos de saúde. Accidentes e lesións. Síntomas de enfermidades. Adiccións e drogas.

Educación: actividades escolares. Nomes de materias. Títulos e diplomas. Servizos de educación (matrícula, inscrición, bolsas, etc.). Exames.

Compras e actividades comerciais: relacións co persoal comercial. Compra de alimentos.

Alimentación: convites e brindes. Comer fóra. Características das comidas e das bebidas. Relacións co persoal de hostalaría. Preparación de comidas e de bebidas. Produtos alimentarios.

Bens e servizos: policía. Automóbil (reparación, asistencia na estrada, etc.). Gasolineira e alugueiro de coches.

Clima, condicións atmosféricas e ambiente: cualificativos para o ambiente. Partes da cidade. Flora e fauna. Problemas ambientais.

Ciencia e tecnoloxía: instrucións de aparellos de uso cotián. Tecnoloxías da información e da comunicación.

13. Tipos de texto.

Os tipos de texto que constitúen a base dos distintos exercicios da proba serán os descritos no currículo vixente para as escolas oficiais de idiomas (Decreto 191/2007, do 20 de setembro, anexo 2, epígrafe 3.2.3.2.2.). Utilizaranse textos auténticos adaptados ás características e obxectivos dos exercicios:

Posibles textos orais

Posibles textos escritos

-Anuncios publicitarios na radio e televisión e anuncios por megafonía

-Instrucións e indicacións detalladas

-Conversas cara a cara e en grupo

-Reunións de traballo

-Debates

-Discusións formais

-Entrevistas: de traballo, académicas, médicas, etc.

-Enquisas

-Textos audiovisuais: películas, programas de TV ou de radio, telexornais, documentais, material gravado

-Conferencias, presentacións e declaracións públicas

-Cancións

-Representacións teatrais

-Conversas telefónicas e mensaxes en contestadores automáticos

-Anuncios publicitarios (en paneis, na prensa, etc.) e anuncios por palabras

-Correspondencia persoal e formal (cartas comerciais, reclamacións, pedimentos, telefax, notas, mensaxes, invitacións, felicitacións, etc.)

-Textos xornalísticos (noticias, reportaxes, crónicas, cartas ao director, artigos de opinión, entrevistas)

-Informes

-Resumos e esquemas

-Apuntamentos

-Textos literarios (contos, relatos breves, poemas, diálogos teatrais)

-Bandas deseñadas e tiras cómicas

-Documentos oficiais (formularios, impresos, instancias)

-Documentos comerciais (contratos, facturas, albarás, cartas comerciais, extractos bancarios)

-Catálogos

-Manuais de instrucións

-Guións

-Currículos

-Dicionarios

-Prospectos

-Receitas de cociña

-Adiviñas

-Biografías

14. Características de cada parte da proba.

Comprensión lectora

Obxectivos

-Comprender información global e ideas principais.

-Comprender información detallada.

-Comprender información de forma selectiva.

-Comprender información implícita e explícita.

-Comprender opinións, actitudes, desexos e sentimentos.

Número de exercicios: entre 3 e 5

Posible formato dos exercicios

-Emparellar textos con imaxes, con enunciados ou con títulos que resuman a idea principal.

-Contestar preguntas de resposta breve.

-Ordenar parágrafos ou frases.

-Discriminar afirmacións identificando as verdadeiras e as falsas.

-Contestar preguntas de opción múltiple (a, b, c) cunha soa resposta correcta.

Comprensión oral

Obxectivos

-Comprender información global e ideas principais.

-Comprender información detallada.

-Comprender información de forma selectiva.

-Comprender información implícita e explícita.

-Comprender opinións e actitudes.

-Ordenar e discriminar información.

Número de exercicios: entre 3 e 5

Posible formato dos exercicios

-Emparellar textos con imaxes, con enunciados ou con títulos que resuman a idea principal.

-Contestar preguntas de resposta breve.

-Completar información en esquemas, diagramas, etc.

-Discriminar afirmacións identificando as verdadeiras e as falsas.

-Contestar preguntas de opción múltiple (a, b, c) cunha soa resposta correcta.

As gravacións correspondentes a cada exercicio escoitaranse dúas veces.

Ningunha persoa candidata poderá abandonar a aula antes de que remate a audición de todos os documentos sonoros.

Expresión e interacción escrita

Obxectivos

-Solicitar e transmitir información.

-Expoñer e avaliar información.

-Describir experiencias, espazos, persoas e sensacións.

-Narrar sucesos e acontecementos.

-Expresar desexos.

-Formular propostas e conclusións.

-Expresar e xustificar opinións.

Número de exercicios: 2

Descrición da proba

Exercicio 1: escribir correspondencia formal ou informal.

Extensión: mínimo 110 palabras – máximo 140 palabras.

Exercicio 2: escribir un texto narrativo, expositivo ou descritivo (sobre temas cotiáns de carácter xeral) para unha revista ou un xornal, un foro da internet, unha web, etc.

Extensión: mínimo 150 palabras – máximo 180 palabras.

  • Trataranse todos e cada un dos puntos indicados nos exercicios.

Avaliación

Dobre corrección por un tribunal de 2 profesores/as.

Utilizarase un baremo baseado nos seguintes criterios:

-Adecuación

Refírese:

-ao cumprimento da tarefa, é dicir, ao desenvolvemento de todos os puntos citados nela.

-ao respecto do número de palabras que estea estipulado para o texto.

-ao axuste ao formato requirido (carta, nota informal, narración, etc.).

-á adecuación do rexistro en función do destinatario, propósito e situación, reflectido no léxico e estruturas.

-á adecuación do contido ao tema proposto.

-Coherencia

Refírese á organización da información, das ideas e ao mantemento da liña discursiva.

-Cohesión

A cohesión reflíctese na disposición e na unión de oracións e parágrafos (uso de conectores, pronomes, adverbios e demais mecanismos de referencialidade).

-Corrección

Refírese ao correcto uso gramatical, léxico e ortográfico.

-Riqueza

Refírese á variedade e precisión do léxico e das estruturas utilizadas.

Expresión e interacción social

Obxectivos

-Describir experiencias, espazos, persoas e sensacións.

-Narrar sucesos e acontecementos.

-Realizar propostas.

-Explicar proxectos ou plans.

-Expresar e xustificar puntos de vista e opinións.

-Mostrar acordo e desacordo.

-Intercambiar información, cooperar e negociar para chegar a un consenso.

-Responder/formular preguntas e propoñer solucións.

-Recapitular e reformular información.

-Iniciar, manter e concluír a exposición dun tema.

-Tomar e ceder a quenda de palabra.

Número de exercicios: 2

Descrición da proba

A proba realizarase por parellas.

A proba constará das seguintes fases:

1.ª Acollida e presentación das persoas candidatas e do tribunal (non avaliable).

2.ª Exercicio 1: Diálogo entre as persoas candidatas sobre unha situación comunicativa da vida cotiá.

-Lectura das instrucións do exercicio: 1 minuto.

-Diálogo: mínimo 4 minutos – máximo 5 minutos (7 en caso de trío).

3.ª Exercicio 2: Exposición dun tema.

-A exposición realizarase individualmente seguindo as instrucións dunha ficha que entrega o/a profesor/a administrador/a.

-Cada persoa candidata terá ata 3 minutos para preparar o seu tema.

-Unha vez transcorrido o tempo de preparación, cada persoa candidata expoñerá o seu tema ao/á compañeiro/a durante 2-3 minutos.

-Ao finalizar cada exposición, o/a profesor/a administrador/a realizará unha pregunta sobre o tema á persoa candidata que escoita.

4.ª Despedida (non avaliable).

Avaliación

Tribunal formado por 2 profesores/as.

Un/unha profesor/a administra e o/a outro/a avalía.

Utilizarase un baremo baseado nos seguintes criterios:

-Adecuación

Refírese:

-ao cumprimento da tarefa, é dicir, ao desenvolvemento de todos os puntos citados nela.

-á relevancia do contido.

-á capacidade de colaborar e interactuar na fase de diálogo.

-ao uso dun rexistro e entoación axeitados ao contexto comunicativo.

-ao respecto ao tempo estipulado.

-Coherencia

Refírese á organización da información e das ideas de maneira lóxica de modo que o discurso sexa facilmente comprensible.

-Cohesión

A cohesión reflíctese na disposición e na unión de oracións e parágrafos (uso de conectores, pronomes, adverbios e demais mecanismos de referencialidade).

-Fluidez

Refírese á capacidade de desenvolverse cun ritmo bastante regular.

-Corrección

Refírese ao grao de corrección gramatical, léxica, de pronunciación e á entoación.

-Riqueza

Refírese á variedade e precisión do léxico e das estruturas utilizadas.

15. Resultados.

Os resultados das probas de ambas as convocatorias publicaranse antes de finalizar o mes da súa realización. Cada escola determinará a data exacta de publicación.

A cualificación outorgada será de apto, non apto ou non presentado, segundo corresponda.

A cualificación será positiva (apto) cando se obteñan 15 puntos de 25 (o 60%) en cada unha das destrezas; é necesario aprobar todas e cada unha das destrezas para superar a proba de certificación.

O alumnado polo réxime oficial só terá que examinarse na convocatoria extraordinaria de setembro das destrezas non aprobadas na convocatoria ordinaria de xuño.

De non obter a cualificación de apto en todas as destrezas na convocatoria de setembro, o alumnado oficial deberá concorrer de novo ás probas de certificación para ser avaliado de todas as destrezas.

As persoas candidatas que obteñan a cualificación de non apto na proba de certificación, se tivesen aprobada algunha/s destreza/s, poderán solicitar unha certificación académica de ter acadado o dominio requirido na/s destreza/s aprobada/s.

A escola oficial de idiomas en que se realiza a proba expedirá o correspondente certificado de nivel intermedio a aquelas persoas candidatas que superasen esta proba. Para expedir este certificado acreditativo, a persoa candidata non terá que realizar trámite ningún. A EOI efectuará a comunicación oportuna, unha vez emitidos os certificados.

16. Recomendacións finais.

– Antes da proba.

• Lea atentamente a guía para persoas candidatas e familiarícese co proceso de realización das probas.

• Asegúrese do día, hora e aula de cada parte da proba.

– Durante a proba.

• Lea con atención todas as instrucións.

• Distribúa adecuadamente o tempo de que dispón para realizar os diferentes exercicios. Resulta conveniente reservar uns minutos finais para poder facer un repaso xeral e corrixir posibles erros.

• Escriba con letra clara en todas as partes das probas.

• Escriba ou marque as respostas con claridade.

– Despois da proba.

• Abandone a aula con discreción e permaneza en silencio para non incomodar as demais persoas que continúen realizando as probas.

missing image file

ÍNDICE

1. Introdución.

2. Recoñecemento da certificación.

3. Perfil das persoas candidatas.

4. Requisitos para presentarse ás probas.

5. Número de convocatorias.

6. Dereitos das persoas candidatas.

7. Obrigas das persoas candidatas.

8. Definición do nivel avanzado.

9. Estrutura da proba de certificación de nivel avanzado.

10. Distribución e orde de administración da proba.

11. Contidos.

12. Temas.

13. Tipos de texto.

14. Características de cada parte da proba.

15. Resultados.

16. Recomendacións finais.

1. Introdución.

O presente documento contén a descrición das probas de certificación correspondentes ao nivel avanzado que se realizarán durante o curso 2011-2012 nas escolas oficiais de idiomas (EOI) de Galicia. Ten a finalidade de facilitar información sobre a estrutura e o contido destas probas ás persoas candidatas.

As probas de certificación correspondentes ao nivel avanzado están reguladas polo marco legal e administrativo establecido nos seguintes documentos:

– Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (BOE do 4 de maio).

– Real decreto 1629/2006, do 29 de decembro (BOE do 4 de xaneiro de 2007), que fixa os aspectos básicos do currículo das ensinanzas de idiomas de réxime especial reguladas pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

– Decreto 191/2007, do 20 de setembro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas de idiomas de réxime especial e os currículos dos niveis básico e intermedio (DOG do 9 de outubro).

– Decreto 239/2008, do 25 de setembro, polo que se establece o currículo de nivel avanzado das ensinanzas de idiomas de réxime especial (DOG do 29 de outubro).

– Orde do 8 de setembro de 2008 pola que se regula a avaliación e cualificación do alumnado que cursa as ensinanzas especializadas de idiomas de réxime especial que se establecen na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG do 26 de setembro) e modificada pola Orde do 19 de abril de 2012 (DOG do 30 de abril).

– Orde do 5 de agosto de 2011, pola que se desenvolve o Decreto 189/2010, do 11 de novembro, polo que se establece o Regulamento orgánico das escolas oficiais de idiomas da Comunidade Autónoma de Galicia, e se regula a organización e o acceso ás ensinanzas de idiomas de réxime especial.

2. Recoñecemento da certificación.

As certificacións que expiden as EOI son titulacións de recoñecido prestixio no mundo laboral e profesional. É a única titulación oficial con validación en todo o territorio español, expedida polo Ministerio de Educación ou polas comunidades autónomas con competencias educativas, en que se certifica o dominio dun nivel de competencia lingüística dunha lingua estranxeira ou das diferentes linguas autonómicas.

Estas certificacións son validadas e recoñecidas por distintos organismos oficiais como, por exemplo:

– Créditos de libre configuración nas universidades galegas.

– Horas de formación para funcionarios de Galicia e das diferentes comunidades autónomas do Estado español.

– Horas de formación permanente para o profesorado (sexenios, concursos, concesións de bolsas, intercambios, programas europeos...), segundo a Orde do 1 marzo de 2007 (DOG do 14 de abril), da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

– Méritos en concursos de traslados para persoas funcionarias de Galicia e das diferentes comunidades autónomas do Estado español.

– Méritos na fase de concurso-oposición para o acceso á función pública en territorio español.

– Habilitación para impartir especialidades de linguas en educación primaria para funcionarios de carreira, segundo a Orde do 10 de abril de 1992 (DOG do 24 de abril).

3. Perfil das persoas candidatas.

O perfil do alumnado das EOI é moi variado, tanto pola idade como pola súa formación, nivel cultural e motivación.

En consecuencia, as probas serán «neutras», adaptadas aos trazos que caracterizan un alumnado heteroxéneo, e non incluirán, en ningún caso, tarefas que lles exixan un certo grao de complexidade cognitiva ás persoas candidatas.

4. Requisitos para presentarse ás probas.

Poderán presentarse a estas probas aquelas persoas que desexen obter unha certificación académica que faga constar o seu nivel de competencia lingüística no idioma obxecto de exame e que cumpran os seguintes requisitos:

– Ser maior de 16 anos (ou maior de 14 anos se se examina dunha lingua distinta á que cursa como primeira lingua na educación secundaria obrigatoria) ou que os faga no ano 2012, independentemente do seu nivel de estudos ou profesión.

– Efectuar, dentro dos prazos establecidos, os trámites de inscrición e aboar os dereitos correspondentes para realizar as probas.

5. Número de convocatorias.

A Administración educativa organizará para o alumnado oficial polo menos dúas convocatorias anuais de probas para a obtención dos certificados correspondentes, unha convocatoria ordinaria en xuño e outra extraordinaria en setembro, que serán comúns en todas as EOI de Galicia. O alumnado do réxime libre terá dereito unicamente á convocatoria ordinaria.

O calendario de probas para cada convocatoria será fixado na correspondente circular da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa e poderá consultarse nas diferentes EOI e nas súas páxinas web.

6. Dereitos das persoas candidatas.

– Adaptación da proba para persoas con discapacidades.

É posible a adaptación da proba ás necesidades especiais daquelas persoas candidatas que presenten algún tipo de discapacidade motriz, visual ou auditiva.

As persoas candidatas que se matriculen en réxime libre deben declarar e xustificar estas circunstancias no momento da formalización da matrícula mediante certificación oficial acreditativa da súa minusvalidez e do grao desta. A escola poñerao en coñecemento dos equipos de orientación específicos dependentes da xefatura territorial respectiva para que emitan un informe sobre as medidas necesarias para avaliar estas persoas candidatas.

– Xustificantes de asistencia.

As persoas candidatas poderán solicitar un xustificante de asistencia ao exame. Este xustificante solicitarase ao/á profesor/a administrador/a unha vez finalizada a proba escrita ou oral.

– Dereito a reclamar.

De acordo coa lexislación vixente (Orde do 8 de setembro de 2008 pola que se regula a avaliación e cualificación do alumnado que cursa as ensinanzas especializadas de idiomas de réxime especial que se establecen na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación), calquera persoa candidata que estea en desacordo coa súa cualificación final poderá presentar unha reclamación ante a dirección da escola oficial de idiomas nun prazo de dous días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación dos resultados.

A reclamación terá que estar baseada nalgún dos seguintes aspectos:

a) Inadecuación dos obxectivos, contidos e criterios de avaliación da proba aos establecidos no currículo oficial.

b) Incorrecta aplicación dos procedementos e instrumentos de avaliación e/ou dos criterios de cualificación establecidos para estas probas.

Segundo estipula o artigo 7 da citada orde, a dirección da escola resolverá nos dous días hábiles seguintes á presentación da reclamación, ratificando ou rectificando a cualificación. Para iso, solicitaralle ao departamento didáctico o correspondente informe e notificaralle por escrito á persoa candidata a resolución adoptada e os recursos que caben contra a citada resolución.

7. Obrigas das persoas candidatas.

As persoas candidatas deberán:

– Ser puntuais e presentarse na aula onde se realizarán as probas á hora indicada na convocatoria. Non se permitirá a entrada á aula a ningunha persoa candidata despois do último chamamento.

– Presentar o DNI, pasaporte ou calquera outro documento acreditativo da identidade cando lles sexa requirido na aula de exame.

– Presentar o xustificante da matrícula (persoas candidatas libres).

– Usar bolígrafo azul ou negro para a realización do exame porque as probas escritas con lapis ou emendadas con fluído ou cinta correctora non serán cualificadas.

– Manter apagados os teléfonos móbiles e calquera outro dispositivo electrónico durante toda a proba.

– Asinar a entrega de cada parte da proba.

– Abandonar a aula con discreción.

– Permanecer en silencio fóra da aula para non molestar as demais persoas que continúen realizando a proba.

8. Definición do nivel avanzado.

O nivel avanzado das EOI de Galicia (que inclúe os cursos Avanzado 1 e Avanzado 2) equivale ao nivel B2 definido no Marco común europeo de referencia para as linguas (MECRL), un documento creado pola división de Política Lingüística do Consello de Europa, coa intención de proporcionar, en toda a súa zona de influencia, unha base común para a elaboración de programas de linguas, orientacións curriculares, exames, manuais, etc.

Tendo en conta este documento e a lexislación vixente en Galicia:

«O nivel avanzado [...] ten a finalidade de capacitar o alumnado para a utilización do idioma oralmente e por escrito con fluidez, flexibilidade e eficacia, en situacións comunicativas diversas, relativas a temas coñecidos ou propios do campo de especialización do falante, que requiran comprender e producir textos de certa complexidade lingüística, en lingua estándar, nunha variedade de rexistros, e que conteñan expresións, estruturas e locucións idiomáticas variadas e frecuentes, e riqueza léxica. Este nivel de uso do idioma deberá permitir, igualmente, actuar mediando entre falantes de distintas linguas que non poidan comprenderse de forma directa así como garantir a relación fluída entre falantes e culturas».

Decreto 239/2008, do 25 de setembro (DOG do 29 de outubro)

Polo tanto, a persoa que acada este nivel:

– «É capaz de entender as ideas principais de textos complexos que traten de temas tanto concretos como abstractos, mesmo se son de carácter técnico sempre que estean dentro do seu campo de especialización.

– Pode relacionarse con falantes nativos cun grao suficiente de fluidez e naturalidade de xeito que a comunicación se realice sen esforzo por parte de ningún dos interlocutores.

– Pode producir textos claros e detallados sobre temas diversos así como defender un punto de vista sobre temas xerais indicando as vantaxes e os inconvenientes das distintas opcións».

MECRL, Niveis comúns de referencia. Escala global. Descritores nivel B2

9. Estrutura da proba de certificación de nivel avanzado.

Partes da proba (de

Puntuación máxima

Puntuación total

Comprensión de lectura

15 puntos

25

Expresión e interacción escrita

15 puntos

25

Comprensión oral

15 puntos

25

Expresión e interacción oral

15 puntos

25

10. Distribución e orde de administración da proba.

A proba administrarase en dúas sesións:

1.ª sesión:

Partes da proba (destrezas)

Duración

Comprensión de lectura

60 minutos

Pausa

10 minutos

Expresión e interacción escrita

90 minutos

Pausa

10 minutos

Comprensión oral

35 minutos

Total

205 minutos

(3 h 25 min.)

2.ª sesión:

Parte da proba (destreza)

Duración (individual)

Expresión e interacción oral

Preparación: 10 minutos

Intervención: 10 minutos

Total

20 minutos

A sesión correspondente á destreza de expresión e interacción oral poderá ter lugar antes ou despois da sesión correspondente ás outras destrezas, e gravarase en audio a intervención das persoas candidatas.

11. Contidos.

Os contidos xerais da proba de certificación de nivel avanzado serán os descritos no currículo vixente para as escolas oficiais de idiomas (Decreto 239/2008, do 25 de setembro, anexo 1, epígrafe 3).

12. Temas.

Os temas sobre os cales se basearán os distintos exercicios da proba serán os descritos no currículo vixente para as escolas oficiais de idiomas (Decreto 239/2008, do 25 de setembro, anexo 1, epígrafe 3.2.1.1.):

Identificación persoal: datos persoais. Títulos e tratamentos. Actividade profesional e ocupación. Documentación. Biografía: etapas da vida. Sentimentos e estados de ánimo. Sensacións e percepcións físicas. Valores persoais. Gustos e centros de interese.

Vivenda e fogar: construción. Compra e alugueiro. Mudanza e instalación. Tipos de residencia. Equipamento, decoración e mantemento. Contorno sociocultural, físico e económico.

Viaxes: motivacións e obxectivos. Experiencias persoais. Problemas e incidencias. A condución: normas de circulación, mantemento e reparación de vehículos, seguros. Modas e tendencias turísticas.

Relacións humanas e sociais: a familia. Celebracións e actos familiares, sociais e relixiosos. Actitudes e formas de comportarse. Asociacións.

Saúde e coidados físicos: protección social. Medicina tradicional e alternativa. Estética.

Traballo: profesións e cargos. Lugares, ferramentas e roupa de traballo. Tarefas que se desenvolven no traballo. Desemprego e busca de traballo. Condicións laborais. Dereitos e obrigas laborais. Conflitos no traballo. Organizacións e asociacións laborais. Seguridade e riscos laborais.

Educación: sistema educativo. Innovacións. Problemas e conflitos.

Actividades económicas: finanzas e bolsa. Impostos e renda. Comercio. Entidades e empresas. Industria e enerxía.

Alimentación: dieta e nutrición. Gastronomía.

Información e medios de comunicación: prensa escrita. Televisión e radio. Internet.

Clima e ambiente: paisaxe urbana e rural. Clima. Natureza. Desastres naturais. Ecoloxía e problemas ambientais.

Ciencia e tecnoloxía: avances científicos e tecnolóxicos. Cuestións éticas e filosóficas. Tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).

Política e sociedade: institucións. Formas de goberno. Sistemas políticos e de goberno. Conflitos e movementos sociais. Xustiza. Modas e tendencias sociais.

Actividades artísticas: música e danza. Arquitectura, pintura e escultura. Literatura. Fotografía. Cine e teatro. Novas manifestacións artísticas. Artesanía.

13. Tipos de texto.

Os tipos de texto que constitúen a base dos distintos exercicios da proba serán os descritos no currículo vixente para as escolas oficiais de idiomas (Decreto 239/2008, do 25 de setembro, anexo 1, epígrafe 3.2.3.2.1.1.). Utilizaranse textos auténticos adaptados ás características e obxectivos dos exercicios:

Posibles textos orais

Posibles textos escritos

-Adiviñas

-Anuncios publicitarios na radio e na televisión e informacións por megafonía

-Cancións

-Conferencias, relatorios, presentacións e declaracións públicas

-Conversas á cara e en grupo: formais e informais, transaccionais

-Conversas telefónicas: formais e informais, transaccionais

-Debates e discusións públicas

-Discursos e conferencias

-Discusións formais

-Enquisas e cuestionarios

-Entrevistas laborais, académicas, médicas, xornalísticas

-Instrucións e indicacións detalladas

-Mensaxes en contestadores automáticos

-Representacións teatrais

-Reunións de traballo

-Textos audiovisuais: películas, programas de TV ou de radio, noticias, informativos, documentais, material gravado

-Textos humorísticos: chistes, etc.

-Actas

-Adiviñas

-Anuncios publicitarios (en valos e paneis, na prensa escrita, internet, etc.) e anuncios por palabras

-Biografías

-Catálogos

-Bandas deseñadas e tiras cómicas

-Composicións escritas

-Convocatorias

-Correspondencia persoal e formal (cartas comerciais, reclamacións, pedidos, faxes, mensaxes electrónicas, invitacións, felicitacións, condolencias, agradecemento, escusa, etc.)

-Currículos

-Dicionarios

-Documentos comerciais (acordos, contratos, facturas, albarás, cartas comerciais, extractos bancarios)

-Documentos oficiais ou legais (formularios, impresos, instancias, avisos, denuncias, solicitudes, reclamacións, recursos, citacións...)

-Enquisas e cuestionarios

-Guías de viaxe

-Guións

-Informes

-Libros de texto

-Manuais de instrucións e prospectos

-Memorias e informes

-Mensaxes en foros virtuais, blogs, etc.

-Receitas de cociña

-Recensións en xornais e revistas

-Regulamentos e instrucións públicas

-Resumos e sínteses. Apuntamentos

-Textos humorísticos: chistes, etc.

-Textos literarios (contos, relatos breves, novelas, poemas, obras teatrais)

-Textos xornalísticos (noticias, reportaxes, crónicas, cartas ao director, artigos de opinión, editoriais, necrolóxicas, recensións, entrevistas)

-Traballos escolares e académicos

14. Características de cada parte da proba.

Comprensión de lectura

Obxectivos

-Comprender información global e ideas principais.

-Comprender información detallada.

-Comprender información de forma selectiva.

-Comprender información implícita e explícita.

-Comprender opinións e actitudes.

Número de exercicios: entre 3 e 5

Posible formato dos exercicios

-Emparellar textos con situacións, con títulos ou enunciados que resuman a idea principal.

-Contestar preguntas de resposta breve.

-Completar información en esquemas ou diagramas.

-Discriminar afirmacións identificando as verdadeiras e as falsas.

-Contestar preguntas de opción múltiple (a, b, c) cunha soa resposta correcta.

Expresión e interacción escrita

Obxectivos

-Expoñer e avaliar información.

-Solicitar e transmitir información.

-Describir experiencias, espazos, persoas e sensacións.

-Narrar sucesos e acontecementos.

-Expresar desexos, sentimentos e opinións.

-Sintetizar información diferenciando entre ideas principais e secundarias.

-Argumentar para convencer.

-Formular propostas e conclusións.

Número de exercicios: 2

Descrición da proba

Exercicio 1: escribir correspondencia formal ou informal.

Extensión: mínimo 150 palabras - máximo 180 palabras.

Exercicio 2: escribir un texto narrativo, expositivo, descritivo ou argumentativo para unha revista ou un xornal, un foro da internet, unha web, etc… (elixirase entre 2 opcións).

Extensión: mínimo 200 palabras - máximo 230 palabras.

  • Trataranse todos e cada un dos puntos indicados nos exercicios.

Avaliación

Dobre corrección por un tribunal de 2 profesores/as.

Utilizarase un baremo baseado nos seguintes criterios:

-Adecuación

Refírese:

-ao cumprimento da tarefa, é dicir, ao desenvolvemento de todos os puntos citados nela.

-ao respecto do número de palabras que estea estipulado para o texto.

-ao axuste ao formato requirido (carta, nota informal, narración, etc.).

-á adecuación do rexistro en función do destinatario, propósito e situación, reflectido no léxico e estruturas.

-á adecuación do contido ao tema proposto.

-Coherencia

Refírese á organización da información, das ideas e ao mantemento da liña discursiva.

-Cohesión

A cohesión reflíctese na disposición e na unión de oracións e parágrafos (uso de conectores, pronomes, adverbios e demais mecanismos de referencialidade).

-Corrección

Refírese ao correcto uso gramatical, léxico e ortográfico.

-Riqueza

Refírese á variedade e precisión do léxico e das estruturas utilizadas.

Comprensión oral

Obxectivos

-Comprender información global e ideas principais.

-Comprender información detallada.

-Comprender información de forma selectiva.

-Comprender información implícita e explícita.

-Comprender opinións e actitudes.

-Organizar e discriminar información.

Número de exercicios: entre 3 e 5

Posible formato dos exercicios

-Emparellar textos con enunciados ou con títulos que resuman a idea principal.

-Contestar preguntas de resposta breve.

-Completar información en esquemas, diagramas, etc.

-Discriminar afirmacións identificando as verdadeiras e as falsas.

-Contestar preguntas de opción múltipla (a, b, c) cunha soa resposta correcta.

As gravacións correspondentes a cada exercicio escoitaranse dúas veces.

Ningunha persoa candidata poderá abandonar a aula antes de que remate a audición de todos os documentos sonoros.

Expresión e interacción oral

Obxectivos

-Expoñer e avaliar información.

-Describir experiencias, espazos, persoas e sensacións.

-Narrar sucesos e acontecementos.

-Expresar puntos de vista e opinións.

-Argumentar.

-Realizar propostas.

-Intercambiar información, cooperar e negociar para chegar a un consenso.

-Recapitular e reformular información.

-Iniciar, manter e concluír a exposición dun tema.

-Tomar e ceder a quenda de palabra.

Número de exercicios: 2

Descrición da proba

A proba realizarase de maneira individual.

A proba constará das seguintes fases:

1.ª Acollida e presentación das persoas candidatas e do tribunal (non avaliable).

2.ª Exercicio 1: Exposición dun tema.

-A exposición realizarase seguindo as instrucións dunha ficha entregada polo/a profesor/a administrador/a.

-A persoa candidata terá 10 minutos para preparar o seu tema.

-A seguir expoñerá o tema e responderá as preguntas que lle realice o/a profesor/a administrador/a.

-A intervención da persoa candidata durará en total entre 3 e 4 minutos.

3.ª. Exercicio 2: Diálogo co/coa profesor/a administrador/a sobre unha situación comunicativa da vida cotiá a partir dunha ficha.

-Lectura das instrucións do exercicio: 1 minuto.

-Diálogo: mínimo 4 minutos - máximo 5 minutos.

4.ª Despedida (non avaliable).

Avaliación

Tribunal formado por 2 profesores/as.

Un/Unha profesor/a administra e o/a outro/a avalía.

Utilizarase un baremo baseado nos seguintes criterios:

-Adecuación

Refírese:

-ao cumprimento da tarefa, é dicir, ao desenvolvemento de todos os puntos citados nela.

-á relevancia do contido.

-á capacidade de colaborar e interactuar na fase de diálogo.

-ao uso dun rexistro e entoación axeitados ao contexto comunicativo.

-ao respecto ao tempo estipulado.

-Coherencia

Refírese á organización da información e das ideas de maneira lóxica de modo que o discurso sexa facilmente comprensible.

-Cohesión

A cohesión reflíctese na disposición e na unión de oracións e parágrafos (uso de conectores, pronomes, adverbios e demais mecanismos de referencialidade).

-Fluidez

Refírese á capacidade de desenvolverse cun ritmo bastante regular.

-Corrección

Refírese ao grao de corrección gramatical, léxica, de pronunciación e á entoación.

-Riqueza

Refírese á variedade e precisión do léxico e das estruturas utilizadas.

15. Resultados.

Os resultados das probas de ambas as convocatorias publicaranse antes de finalizar o mes da súa realización. Cada escola determinará a data exacta de publicación.

A cualificación outorgada será de apto, non apto ou non presentado, segundo corresponda.

A cualificación será positiva (apto) cando se obteñan 15 puntos de 25 (o 60%) en cada unha das destrezas; é necesario aprobar todas e cada unha das destrezas para superar a proba de certificación.

O alumnado polo réxime oficial só terá que examinarse na convocatoria extraordinaria de setembro das destrezas non aprobadas na convocatoria ordinaria de xuño.

De non obter a cualificación de apto en todas as destrezas na convocatoria de setembro, o alumnado oficial deberá concorrer de novo ás probas de certificación para seren avaliado de todas as destrezas.

As persoas candidatas que obteñan a cualificación de non apto na proba de certificación, se tivesen aprobada algunha/s destreza/s, poderán solicitar unha certificación académica de ter acadado o dominio requirido na/s destreza/s aprobada/s.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por proposta da escola oficial de idiomas en que se realiza a proba, expedirá o correspondente certificado de nivel avanzado a aquelas persoas candidatas que superasen estas probas. A persoa candidata terá que solicitar a expedición deste certificado acreditativo na secretaría do centro examinador.

16. Recomendacións finais.

– Antes da proba.

• Lea atentamente a guía para as persoas candidatas e familiarícese co proceso de realización das probas.

• Asegúrese do día, hora e aula de cada parte da proba.

– Durante a proba.

• Lea con atención todas as instrucións.

• Distribúa adecuadamente o tempo de que dispón para realizar os diferentes exercicios. Resulta conveniente reservar uns minutos finais para poder facer un repaso xeral e corrixir posibles erros.

• Escriba con letra clara en todas as partes das probas.

• Escriba ou marque as respostas con claridade.

– Despois da proba.

• Abandone a aula con discreción e permaneza en silencio para non incomodar as demais persoas que continúen realizando as probas.

missing image file

ÍNDICE

Introdución.

1. Propósito xeral da guía de especificacións.

1.1. Propósito xeral das probas de certificación.

1.2. Principios da proba.

1.3. Perfil das persoas candidatas.

1.4. Requisitos que deben cumprir as persoas candidatas.

1.5. Contidos.

2. Descrición da proba de certificación de nivel básico.

2.1. Puntuación e duración.

2.2. Distribución e orde de administración da proba.

2.3. Comprensión de lectura.

2.3.1. Obxectivos xerais.

2.3.2. Obxectivos específicos.

2.3.3. Criterios de avaliación.

2.3.4. Microdestrezas.

2.3.5. Tipos de textos e as súas características.

2.3.6. Tipo e número de tarefas.

2.4. Expresión e interacción escrita.

2.4.1. Obxectivos xerais.

2.4.2. Obxectivos específicos.

2.4.3. Criterios de avaliación.

2.4.4. Microdestrezas.

2.4.5. Tipos de textos e as súas características.

2.4.6. Tipo e número de tarefas.

2.5. Comprensión oral.

2.5.1. Obxectivos xerais.

2.5.2. Obxectivos específicos.

2.5.3. Criterios de avaliación.

2.5.4. Microdestrezas.

2.5.5. Tipos de textos e as súas características.

2.5.6. Tipo e número de tarefas.

2.5.7. Temporalización das audicións.

2.6. Expresión e interacción oral.

2.6.1. Obxectivos xerais.

2.6.2. Obxectivos específicos.

2.6.3. Criterios de avaliación.

2.6.4. Microdestrezas.

2.6.5. Tipos de textos e as súas características.

2.6.6. Tipo e número de tarefas.

ANEXO I: Táboas de avaliación.

ANEXO II: Modelos de fichas de expresión e interacción oral.

Introdución

As escolas oficiais de idiomas (EEOOII) son os centros docentes públicos nos cales se ofrecen os contextos necesarios para a aprendizaxe e a práctica de idiomas a calquera persoa a partir dos 16 anos e sen límite de idade. Nelas foméntase nomeadamente o estudo das linguas oficiais dos Estados membros da Unión Europea, das cooficiais existentes en España e do español como lingua estranxeira. Así mesmo, facilítase o estudo doutras linguas que, por razóns culturais, sociais ou económicas, presenten un interese especial.

Tamén se promove nas EEOOII o plurilingüismo, co fin de que a diversidade de linguas e culturas non sexa un obstáculo para a comunicación, senón máis ben unha fonte de comprensión e de enriquecemento mutuos.

As ensinanzas de idiomas de réxime especial que se imparten nas EEOOII están reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. Nos seus artigos 59, 60, 61 e 62, establécese que estas ensinanzas se organizan en tres niveis: básico, intermedio e avanzado. As ensinanzas de idiomas de réxime especial reguladas nesta lei teñen a finalidade de capacitar o alumnado para o uso axeitado dos idiomas fóra das etapas ordinarias do sistema educativo, de modo que as persoas interesadas poidan adquirir, actualizar, completar e ampliar a competencia comunicativa nas linguas, para o seu desenvolvemento persoal e profesional, e ao longo de toda a súa vida.

Posteriormente, o Real decreto 1629/2006, do 29 de decembro, fixa os aspectos básicos do currículo das ensinanzas de idiomas de réxime especial. Para a elaboración do currículo partiuse dos descritores fixados polo Marco europeo común de referencia para as linguas (MECRL), que describen diversos niveis ou graos de dominio dos idiomas. Contar con este referente común é esencial para facilitar o recoñecemento mutuo das titulacións obtidas en distintos contextos de aprendizaxe e, consecuentemente, contribuír á mobilidade en Europa. De aí a importancia de que as probas de certificación se axusten aos currículos establecidos.

En Galicia, o Decreto 191/2007, do 20 de setembro de 2007, establece a ordenación das ensinanzas de idiomas de réxime especial e os currículos dos niveis básico e intermedio para a nosa Comunidade, e incorpora as ensinanzas mínimas fixadas polo citado Real decreto 1629/2006.

Xa que logo, as ensinanzas de idiomas de réxime especial das EEOOII organízanse en tres niveis (básico, intermedio e avanzado), que se corresponden coas competencias propias dos niveis A2, B1 e B2, respectivamente, definidos no MECRL.

Para a obtención do certificado de cada nivel cómpre a superación das probas terminais específicas de certificación que se deben elaborar, administrar e avaliar nas condicións determinadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, razón pola que se editan as presentes especificacións.

Co fin de seguir as recomendacións do Consello de Europa, as persoas candidatas que despois da realización das probas non obteñan o certificado correspondente poderán solicitar, nas condicións que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria determine, a certificación de ter alcanzado o nivel de dominio requirido nalgunha das destrezas comunicativas que as probas avaliaran.

1. Propósito xeral da guía de especificacións.

A presente guía contén as especificacións de detalle das probas de certificación correspondentes ao nivel básico que se realizarán nas escolas oficiais de idiomas de Galicia para o alumnado oficial e libre. A súa finalidade é facilitarlles información detallada sobre as probas ás persoas que se encarguen de elaboralas, ao servizo de inspección e ás persoas candidatas.

Este documento establece, igualmente, unha serie de condicións que as persoas elaboradoras das probas deberán ter en conta para garantir a homoxeneidade e a calidade das probas, e para cumprir fielmente cos obxectivos para os que estas se deseñaron.

1.1. Propósito xeral das probas de certificación.

O currículo das ensinanzas de idiomas de réxime especial establece un conxunto de obxectivos, competencias, contidos, principios metodolóxicos e criterios de avaliación, e ten a finalidade de dar resposta ás necesidades de comunicación eficaz na sociedade actual, plurilingüe e pluricultural. Neste contexto de ensino, aprendizaxe e avaliación, a lingua enténdese como un medio de comunicación, polo que adquire sentido o enfoque orientado á acción do MECRL (capítulo 2.1):

«O uso da lingua –que inclúe a aprendizaxe– comprende as accións que realizan as persoas que, como individuos e como axentes sociais, desenvolven unha serie de competencias, tanto xerais como comunicativas en lingua, en particular. As persoas empregan as competencias que se atopan á súa disposición en diversos contextos e baixo distintas condicións e restricións, co fin de realizar actividades da lingua que comportan procesos para producir e recibir textos relacionados con temas en ámbitos específicos, poñendo en xogo as estratexias que parecen máis axeitadas para levar a cabo as tarefas que deben realizar.

O control que destas accións teñen os participantes produce o reforzo ou a modificación das súas competencias».

Así, o enfoque que adopta este currículo céntrase na acción, na medida en que considera os/as aprendices como axentes sociais, é dicir, como membros dunha sociedade que ten tarefas (non só relacionadas coa lingua) que levar a cabo nunha serie determinada de circunstancias, nun ámbito específico e dentro dun campo de acción concreto.

O obxectivo da proba de certificación é, daquela, verificar se a persoa candidata é capaz de «facer», de aplicar ao mundo real o que aprendeu. Co fin de levar todo isto a cabo, no contexto de dominio que lle corresponde ao nivel básico –nivel A2 do MECRL– e de certificar o devandito nivel en cada unha das catro destrezas comunicativas, comprobarase se a persoa candidata está en condicións de realizar funcións básicas da lingua como intercambiar e pedir información, responder cando se lle solicita ou expresar opinións de xeito sinxelo en contextos relacionados coa vida cotiá. Igualmente, verificarase se é quen de se desenvolver nas relacións sociais de xeito sinxelo pero eficaz, utilizando expresións simples e correntes, seguindo as fórmulas básicas e demostrando o seu coñecemento das convencións relacionadas con elas.

Xa que logo, considerarase que a persoa candidata alcanzou o nivel básico establecido no currículo correspondente cando, tanto nas destrezas de comprensión –oral e escrita– como nas de expresión e interacción –oral e escrita–, amose un grao de competencia comunicativa suficiente na utilización eficaz e apropiada do idioma en actividades comunicativas sinxelas e habituais, relativas a necesidades inmediatas e que requiran comprender e producir textos breves, nun rexistro neutro, e que conteñan expresións, estruturas e termos básicos e sinxelos.

A proba non medirá en ningún caso o coñecemento do mundo ou o coñecemento do tema da persoa candidata.

1.2. Principios da proba.

A proba elaborarase, administrarase e avaliarase seguindo estándares establecidos a partir dun código ético e de boas prácticas profesionais, como son os procedementos de validación da proba, os controis de calidade e calquera outro que se considere necesario. Con todo iso preténdese garantir a validez, a fiabilidade, a viabilidade, a equidade e o impacto positivo da avaliación, así como o dereito do alumnado a que se lle avalíe con obxectividade e con plena efectividade.

A proba de certificación é o instrumento utilizado para pór de manifesto determinadas capacidades comunicativas da persoa candidata nunha lingua determinada, e para iso a devandita proba debe reunir as seguintes características:

A) Validez. Garantirase que as tarefas que conforman a proba constitúan unha mostra axeitada e representativa do contido que esta pretenda avaliar; é dicir, que a proba debe medir aquilo para o que foi deseñada e reflectir o dominio das competencias estipuladas para o nivel básico (A2). Para garantir a validez da proba, as tarefas propostas terán que cubrir o 80% dos criterios de avaliación.

As persoas responsables da elaboración das probas comprobarán que estas recollan as seguintes cuestións en relación cos aspectos que se enumeran deseguido.

1. A persoa candidata: que ninguén se poida ver discriminada polo tipo de tarefas proposto.

2. O contexto: que ninguén vexa prexudicada a súa actuación polas condicións de administración da proba.

3. A teoría da proba: que os procesos cognitivos requiridos para realizar as tarefas sexan apropiados a estas.

4. A baremación: que as puntuacións previstas para as probas permitan obter resultados fiables.

5. O criterio da proba: que o nivel da proba se corresponda co nivel do currículo e, en consecuencia, do MECRL ao que ten que referenciarse.

B) Fiabilidade. Unha vez que o construto estea claramente definido e especificado, os resultados deben ser precisos, estables e consistentes, independentemente de variables como o lugar e o momento da administración das probas, as persoas examinadoras e correctoras, etc.

b.1) Na fase de elaboración das probas:

– Cada tarefa permitirá recoller suficiente información sobre a competencia da persoa candidata na destreza obxecto de avaliación.

– As tarefas estarán perfectamente definidas seguindo as directrices destas especificacións.

– As tarefas estarán debidamente guiadas e contextualizadas.

– As puntuacións totais e parciais (por ítem) das tarefas aparecerán claramente indicadas.

– O enunciado das tarefas corresponderase co nivel da proba ou inferior.

– As consignas proporcionarán instrucións claras e sinxelas.

– Os ítems serán claros e non se prestarán a confusión.

– O formato da proba será claro, lexible ou audible, e con boa presentación.

b.2) Na fase de pilotaxe:

– As probas serán supervisadas por profesorado examinador externo.

– Realizarase un tratamento e unha análise estatística dos datos recollidos por ítem.

– Á luz dos resultados da análise estatística, excluiranse os ítems co baixo nivel de discriminación ou que se presten a confusión.

b.3) Para a correcta administración da proba:

– Redactaranse protocolos estritos de administración da proba que o profesorado examinador deberá respectar de xeito escrupuloso.

– Toda a rede de escolas oficiais de idiomas deberá dispor dos medios materiais necesarios e en perfecto estado para a administración das probas.

b.4) Para a corrección das probas:

– Velarase pola homoxeneización de criterios de corrección a través de sesións periódicas de formación e estandarización, de xeito que as persoas administradoras das probas se familiaricen co proceso e que as correctoras comprendan a fondo as escalas e o proceso de puntuación.

– Facilitaranse táboas de avaliación que eviten calquera tipo de ambigüidade, así como a estandarización do seu uso e a análise de resultados mediante patróns de corrección detallados, incluíndo respostas tipo cando corresponda.

b.5) Para a análise posterior dos resultados:

– Recolleranse e analizaranse datos dunha mostra axeitada e representativa de persoas candidatas para calcular a dificultade, a discriminación e a fiabilidade, identificar posibles erros de medida de exame e introducir as melloras necesarias.

C) Viabilidade. Un procedemento de avaliación ten que ser práctico e debe poder levarse a cabo cos medios de que se dispón:

c.1) Establecerase con claridade e transparencia o procedemento de administración e loxística das probas.

c.2) As probas, xunto cos seus protocolos de administración, remitiranse aos centros con antelación suficiente para poder resolver con garantías e tempo os problemas que poidan xurdir unha vez examinado o material.

c.3) As persoas candidatas recibirán información detallada sobre o contido, e sobre os criterios e os baremos de cualificación.

D) Equidade. As probas rexeranse por principios éticos que consideren o respecto ás características individuais de todas as persoas candidatas:

d.1) Evitaranse, por conseguinte, contidos potencialmente ofensivos ou o uso dunha linguaxe inadecuada.

d.2) Estableceranse procedementos que permitan asegurar que as diferenzas nas actuacións das persoas candidatas se deban ás habilidades que se avalían e non a factores como a raza, o sexo, o país de orixe, a relixión ou a orixe étnica.

d.3) Cando as persoas candidatas certifiquen algún tipo de discapacidade, as probas ou as tarefas das que constan estas adaptaranse, de ser o caso, ás características que presenten esas persoas, sen mingua ningunha do nivel exixido nos exames.

E) Impacto positivo. As probas deberán ter un impacto positivo nos axentes que participan nelas.

e.1) Nas persoas responsables da súa elaboración, xa que a análise dos resultados lles debe proporcionar ideas para melloraren as probas na convocatoria seguinte.

e.2) No profesorado, na medida en que os resultados positivos da proba son motivadores e os negativos axudan a reflexionar sobre a propia práctica docente diaria e, xa que logo, a mellorar as programacións de aula.

e.3) Nas persoas candidatas, posto que unhas probas fiables e a avaliación en contextos «auténticos» próximos á súa realidade dan sentido ao esforzo por aprender e motívanas a seguiren aprendendo, mesmo se para iso teñen que modificar determinadas estratexias de aprendizaxe.

1.3. Perfil das persoas candidatas.

Nas escolas oficiais de idiomas existen dous tipos de alumnado, o oficial e o libre, aínda que a maior parte pertence ao grupo do alumnado oficial.

O perfil deste alumnado é moi heteroxéneo, tanto pola idade coma pola súa formación e o seu nivel cultural. Con carácter xeral, na súa maioría estudou polo menos un idioma estranxeiro durante a súa formación escolar.

Aínda que o grupo de idade maioritario abrangue desde os 16 ata os 35 anos, hai unha pequena porcentaxe, en aumento, de alumnado de 14 e 15 anos que desexa seguir as ensinanzas dun idioma distinto ao cursado na ESO como primeira lingua estranxeira, polo que nos atopamos cun grupo non desdeñable de novos adultos.

Debido ao gran número de emigrantes retornados, nalgúns dos idiomas (alemán, francés, inglés, italiano...) existe unha porcentaxe de persoas que estivo en contacto directo co idioma meta e coa súa cultura durante un tempo prolongado.

A motivación das persoas candidatas é tamén moi variada, xa que desexan aprender idiomas por motivos laborais ou culturais, ou puramente de lecer (viaxes, música, cinema, internet, etc.), e cada vez hai máis alumnado universitario que asiste á EOI para obter créditos para a súa licenciatura.

En consecuencia, débense elaborar probas estándar adaptadas aos trazos que caracterizan un alumnado adulto, pero sen considerar a posibilidade, para este nivel, de referilas a un perfil concreto. Cómpre ter en conta que as probas de nivel básico non inclúan en ningún caso tarefas que lles exixan certo grao de complexidade cognitiva ás persoas candidatas.

1.4. Requisitos que deben cumprir as persoas candidatas.

Poderanse presentar ás probas de certificación as persoas que cumpran os seguintes requisitos:

1. Ter cumpridos dezaseis anos en 31 de decembro do ano en que se matricula –quen se presente á proba de certificación do idioma cursado na educación secundaria obrigatoria como primeira lingua estranxeira– ou ser maior de catorce anos –se se trata dun idioma distinto ao cursado na educación secundaria obrigatoria como primeira lingua estranxeira– (Decreto 191/2007, do 20 de setembro, artigo 15, punto 1).

2. Efectuar os trámites de inscrición e o aboamento dos dereitos correspondentes para realizar as probas dentro dos prazos establecidos.

1.5. Contidos.

Os contidos das probas de certificación serán os establecidos no currículo do nivel básico, regulado polo Decreto 191/2007, do 20 de setembro, no seu anexo 1, epígrafe 3.

2. Descrición da proba de certificación de nivel básico.

2.1. Puntuación e duración.

Destrezas

Puntuación

Mínimo (60%)

Duración máxima

Comprensión de lectura

25 puntos

15 puntos

Máximo 55 minutos

Expresión e interacción escrita

25 puntos

15 puntos

Máximo 55 minutos

Comprensión oral

25 puntos

15 puntos

Máximo 35 minutos

Expresión e interacción oral

25 puntos

15 puntos

Máximo 15 minutos

Total

100 puntos

60 puntos

Máximo 2 horas e 40 minutos

A porcentaxe exixida para superar cada destreza será o 60% (15 puntos de 25), e cumprirá superar todas as destrezas para aprobar a proba de certificación.

2.2. Distribución e orde da administración da proba.

As partes da proba que miden as destrezas de comprensión de lectura, expresión e interacción escrita e comprensión oral aplicaranse nunha única sesión e nesa mesma orde. A parte que mide a expresión e interacción oral efectuarase noutra sesión. Cada parte realizarase de modo independente e non se establecerán partes eliminatorias. Todo o alumnado poderá acceder a todas as partes sen que a superación de ningunha delas sexa requisito para poder realizar as restantes.

1ª sesión

Comprensión de lectura

Pausa: 10 minutos

Expresión e interacción escrita

Pausa: 10 minutos

Comprensión oral

2ª sesión

Expresión e interacción oral

2.3. Comprensión de lectura.

Os obxectivos xerais e específicos que se detallan a seguir son os establecidos no currículo vixente para as escolas oficiais de idiomas (Decreto 191/2007, do 20 de setembro, anexo 1: Comprensión de lectura , epígrafe 2.2.2.3).

2.3.1. Obxectivos xerais.

Comprender o sentido xeral, a información esencial, os puntos principais e os detalles salientables en textos breves referidos a asuntos da vida cotiá, de estrutura sinxela e clara, e nunha variante de lingua estándar.

2.3.2. Obxectivos específicos.

– Comprender o sentido global e localizar información salientable e predicible en textos pouco complexos, en lingua estándar e relacionados con temas da súa experiencia.

– Comprender tipos básicos de correspondencia sobre temas cotiáns.

– Comprender o sentido xeral e identificar información salientable en textos xornalísticos breves e sinxelos, que describan feitos e acontecementos coñecidos, nomeadamente se contan con apoio visual.

– Comprender textos instrutivos, descritivos e narrativos sinxelos, ben estruturados e en lingua estándar. Utilizar estratexias que faciliten a comprensión recorrendo a claves lingüísticas e non lingüísticas.

2.3.3. Criterios de avaliación.

Os criterios de avaliación que se detallan a seguir fan referencia aos que figuran no currículo vixente para as escolas oficiais de idiomas (Decreto 191/2007, do 20 de setembro, anexo 1: Comprensión de lectura , epígrafe 4.2).

– Comprender instrucións, indicacións e información básica en lugares dos ámbitos público e de estudo, así como en páxinas web de estrutura moi sinxela, que conteñan apoio visual.

– Identificar información salientable en textos narrativos, argumentativos e descritivos, breves e sinxelos; textos que presenten unha secuencia lineal de elementos, publicados en medios de información e que traten temas moi coñecidos ou relacionados coa súa experiencia, e do seu interese.

– Comprender correspondencia persoal breve en papel ou soporte dixital, redactada en lingua estándar e sinxela, que narre e describa acontecementos, sentimentos básicos ou desexos.

– Comprender suficientemente correspondencia formal para captar as informacións principais que conteña sobre cuestións básicas ou relacionadas co seu traballo.

– Comprender o sentido global de textos auténticos, sinxelos, con ilustracións redundantes e de extensión limitada, cun tema que resulte predicible e familiar.

2.3.4. Microdestrezas.

As seguintes microdestrezas servirán para medir e avaliar a capacidade da persoa candidata na destreza de comprensión de lectura. Estas microdestrezas teñen a súa correspondencia cos tipos de lectura que aparecen detallados nas tarefas.

1. Comprender o sentido xeral de textos escritos.

– Comprender o sentido global ou a idea principal de textos pouco complexos, en lingua estándar e relacionados con temas da súa experiencia.

– Identificar a función comunicativa do texto.

2. Comprender detalles esenciais.

– Identificar detalles e información concreta a través dunha procura.

– Identificar detalles de apoio á idea principal.

3. Comprender as ideas principais e a información salientable.

– Comprender a información e as ideas explícitas do texto.

– Comprender os puntos principais e os detalles salientables e concretos.

4. Comprender a organización básica dun texto.

– Recoñecer a secuencia temporal do texto.

– Comprender a relación entre frases e parágrafos.

– Identificar cambios de tema.

5. Alcance da lingua.

– Recoñecer un repertorio léxico básico e limitado, pero propio do tema.

– Recoñecer un repertorio de estruturas sintácticas básicas.

– Recoñecer estruturas compostas de expresións memorizadas e de frases feitas básicas e de uso moi corrente.

2.3.5. Tipos de textos e as súas características.

– Os textos non deben ser moi específicos nin conter termos técnicos para evitar discriminar aquelas persoas que non estean familiarizadas co tema.

– Os textos versarán sobre temas diversos.

– Os textos non deben provocar inquietude nas persoas candidatas, polo que se deben evitar os que poidan ferir a súa sensibilidade.

– Os textos deben ser auténticos, pero poderán adaptarse para os acurtar ou para corrixir erros gramaticais, sempre que estes sexan graves.

– Cando sexa posible, deberá ofrecerse un apoio visual e un titular ou parágrafo breve que introduza as persoas candidatas na temática do texto.

Tipos de textos:

– Fichas, formularios, cuestionarios e enquisas.

– Listaxes.

– Catálogos, páxinas amarelas, guías e folletos.

– Etiquetas de produtos e embalaxes.

– Billetes e entradas.

– Correspondencia persoal (cartas ordinarias e electrónicas, tarxetas postais, telefaxes, convites, felicitacións, tarxetas de visita, etc.).

– Correspondencia formal sinxela.

– Anuncios (instrucións e indicacións).

– Carteis, letreiros e sinais.

– Notas e mensaxes.

– Menús.

– Textos xornalísticos sinxelos e breves.

– Relatos e contos breves e sinxelos.

– Currículos con información básica e estrutura sinxela.

– Manuais de instrucións con apoio visual.

– Axendas e diarios.

– Receitas de cociña.

– Programacións de radio e de televisión.

– Carteleiras de espectáculos.

2.3.6. Tipo e número de tarefas.

Os tempos indicados para cada tarefa son simplemente orientativos. A persoa candidata pode distribuír a totalidade do tempo (máximo 55 minutos) á súa elección.

Tarefa 1

Nove textos (30-40 palabras por texto) con once epígrafes. Incluirase un ítem marcado con «0» a modo de exemplo.

Aprox. 15 minutos

9 puntos

Tarefa 2

Dous ou tres textos (300 palabras máximo en total) con oito ítems de verdadeiro ou falso en total. No primeiro texto incluirase un ítem marcado con «0» a modo de exemplo.

Aprox. 15 minutos

8 puntos

Tarefa 3

Un ou dous textos (400 palabras máximo en total) con oito ítems de elección múltiple en total. No primeiro texto incluirase un ítem marcado con «0» a modo de exemplo.

Aprox. 25 minutos

8 puntos

Máximo 55 minutos

Total 25 puntos

Tarefa 1

Comprensión global

Obxectivo

A persoa candidata deberá demostrar que é capaz de comprender o sentido global do texto escrito.

Microdestreza:

  • Identificar o tema ou o asunto despois de ver o texto.

Formato de tarefa

Emparellar textos con epígrafes. Incluirase un ítem marcado con «0» a modo de exemplo.

Procedemento

Ler nove textos breves (30-40 palabras por texto) e once titulares ou epígrafes (dos cales nove serán correctos e dous serán distractores).

Emparellar as epígrafes cos textos correspondentes.

Resolución

Escribir a opción correcta nun recadro.

Tempo

Aproximadamente 15 minutos.

Puntuación

Un punto por cada identificación correcta.

Total: 9 puntos

Tarefa 2

Comprensión de detalle

Obxectivo

A persoa candidata deberá demostrar que é capaz de comprender indicacións, instrucións, avisos e normas en distintos ámbitos.

Microdestrezas:

  • Recoñocer a secuencia temporal do texto.
  • Identificar cambios de tema e a relación entre parágrafos.

Formato de tarefa

ítems de verdadeiro ou falso. No primeiro texto incluirase un ítem marcado con “0” a modo de exemplo.

Procedemento

Ler dous ou tres textos breves (300 palabras máximo en total) e responder a oito ítems de verdadeiro ou falso.

Resolución

Marcar nun recadro a opción correcta.

Tempo

Aproximadamente 15 minutos.

Puntuación

Un punto por cada resposta correcta.

Total: 8 puntos

Tarefa 3

Comprensión de detalle

Obxectivo

A persoa candidata deberá demostrar que é capaz de comprender a información salientable.

Microdestreza:

  • Comprender detalles esenciais.

Formato de tarefa

Opción múltiple.

Para cada pregunta só haberá unha resposta correcta. No primeiro texto incluirase un ítem marcado con «0» a modo de exemplo.

Procedemento

Ler un ou dous textos (400 palabras máximo en total) e responder a oito preguntas de elección múltiple con tres opcións de resposta (a, b ou c).

Resolución

Marcar nun recadro a opción correcta de entre as tres dadas (a, b ou c).

Tempo

Aproximadamente 25 minutos.

Puntuación

Un punto por cada resposta correcta.

Total: 8 puntos

2.4. Expresión e interacción escrita.

Os obxectivos xerais e específicos que a seguir se detallan son os establecidos no currículo vixente para as escolas oficiais de idiomas (Decreto 191/2007, do 20 de setembro, anexo 1: Expresión e interacción escrita, epígrafe 2.2.2.4).

2.4.1. Obxectivos xerais.

Escribir textos breves e de estrutura sinxela, referidos a asuntos da vida cotiá, nos cales se pida ou transmita información, utilizando correctamente os recursos de cohesión e as convencións ortográficas e de puntuación máis elementais.

2.4.2. Obxectivos específicos.

– Intercambiar información concreta e sinxela sobre aspectos cotiáns e habituais nos ámbitos de actividade social.

– Describir de forma sinxela lugares, obxectos e persoas, e narrar feitos e experiencias, así como expor plans e presentar proxectos relacionados con temas cotiáns.

– Intercambiar correspondencia breve e sinxela sobre temas predicibles relacionados coa experiencia persoal e en que se expresen sentimentos, opinións, reaccións e actitudes, ou se solicite ou se ofreza un servizo ou unha información nun rexistro acaído para a situación de comunicación.

2.4.3. Criterios de avaliación.

Os criterios de avaliación que a seguir se detallan fan referencia aos que figuran no currículo vixente para as escolas oficiais de idiomas (Decreto 191/2007, do 20 de setembro, anexo 1: Expresión e interacción escrita, epígrafe 4.2).

– Dar información elemental sobre a actividade profesional, a formación, os hábitos e os intereses.

– Escribir descricións moi breves e básicas de lugares, obxectos e persoas mediante frases e oracións sinxelas e con léxico propio da descrición de características físicas e psicolóxicas elementais, pero precisas.

– Narrar de xeito sinxelo e breve feitos e experiencias, así como expor plans e presentar proxectos de modo moi elemental, relacionados con temas cotiáns.

– Escribir correspondencia breve e sinxela en papel ou en soporte dixital, na cal se expresen sentimentos, opinións e actitudes.

2.4.4. Microdestrezas.

As seguintes microdestrezas servirán para medir e avaliar a capacidade da persoa candidata na destreza de expresión e interacción escrita. Estas microdestrezas teñen a súa correspondencia cos tipos de expresión que aparecen detallados nas tarefas.

1. Adecuación.

– Utilizar a estrutura e o formato da correspondencia persoal.

– Utilizar expresións fixas básicas propias da función comunicativa da correspondencia persoal.

– Adecuar de forma básica o rexistro á situación de comunicación: destinatario/a, contexto e canle.

2. Coherencia e cohesión.

– Utilizar recursos sinxelos para organizar un texto.

– Utilizar frases e oracións sinxelas enlazadas con conectores simples.

– Utilizar recursos simples para evitar repeticións innecesarias.

– Usar elementos deícticos para referirse a conceptos citados anteriormente e/ou ao contexto extralingüístico.

– Utilizar referencias espaciais: uso de expresións e adverbios espaciais básicos.

– Utilizar referencias temporais: uso dos tempos verbais, uso de adverbios básicos e de expresións temporais sinxelas.

3. Alcance da lingua.

– Utilizar un repertorio léxico básico e limitado, pero propio do tema.

– Utilizar un repertorio de estruturas sintácticas básicas.

– Utilizar estruturas compostas de expresións memorizadas e de frases feitas básicas.

4. Corrección formal.

– Respectar a orde das palabras.

– Respectar as regras morfolóxicas do idioma de tal xeito que a mensaxe non perda a coherencia intertextual e extratextual.

– Escribir con corrección ortográfica o léxico e as expresións propias do nivel.

– Utilizar con razoable corrección as regras básicas regulares da representación de fonemas e signos de entoación.

2.4.5. Tipos de textos e as súas características.

– Correspondencia persoal (cartas, tarxetas postais, correos electrónicos, telefaxes, convites e felicitacións).

– Notas e mensaxes.

– Anuncios, instrucións e indicacións.

– Currículos sinxelos.

– Receitas de cociña.

– Correspondencia formal.

– Fichas, formularios, cuestionarios e enquisas.

2.4.6. Tipo e número de tarefas.

Dúas tarefas, guiadas e contextualizadas con intencións comunicativas e temáticas diferentes.

Un dos formatos requiridos será o da correspondencia.

Entregaranse as dúas tarefas á vez e fixarase o tempo total para a realización das dúas tarefas: máximo 55 minutos.

Tarefa 1

Produción escrita en rexistro neutro

Aprox. 25 minutos

12 puntos

Tarefa 2

Interacción escrita

Aprox. 30 minutos

13 puntos

Máximo 55 minutos

Total 25 puntos

Tarefa 1

Produción escrita en rexistro neutro

Obxectivo

A persoa candidata deberá demostrar que é capaz de expor, narrar e/ou describir por escrito de forma sinxela e breve.

Microdestrezas:

  • Adecuar de forma básica o rexistro á situación de comunicación: destinatario/a, contexto e canle.
  • Utilizar recursos sinxelos para organizar un texto.
  • Utilizar unha serie de frases e oracións sinxelas enlazadas con conectores simples.
  • Utilizar recursos simples para evitar repeticións innecesarias.
  • Usar elementos deícticos para referirse a conceptos citados anteriormente e/ou ao contexto extralingüístico.
  • Utilizar un repertorio de estruturas sintácticas básicas.
  • Utilizar estruturas compostas de expresións memorizadas e de frases feitas.
  • Utilizar un repertorio léxico básico e limitado, pero propio do tema.
  • Respectar a orde das palabras.
  • Respectar as regras morfolóxicas do idioma de tal xeito que a mensaxe non perda a coherencia intertextual e extratextual.
  • Escribir con corrección ortográfica o léxico e as expresións do nivel de tal xeito que permita a comprensión.
  • Utilizar con razoable corrección as regras básicas regulares da representación de fonemas e signos de entoación.

Formato de tarefa

Elaborar textos como:

  • Unha descrición simple e breve de lugares, obxectos ou persoas.
  • Un relato simple dun feito ou dunha experiencia en relación coa vida cotiá.
  • Unha exposición simple e breve de hábitos, gustos, intereses e situacións persoais.

A tarefa corresponderase cunha acción da vida cotiá.

Guiarase a tarefa con entre tres e cinco pautas.

Procedemento

Resolver mediante un texto escrito a situación proposta pola tarefa.

Resolución

Escribir un texto de 80-100 palabras, que non excederá o espazo facilitado para a tarefa.

Cumprir o requisito de extensión.

Puntuación

12 puntos

Tarefa 2

Interacción escrita

Obxectivo

A persoa candidata deberá demostrar que é capaz de interactuar por escrito expresando distintas intencións comunicativas e adecuándose ao contexto e á persoa interlocutora.

Microdestrezas:

  • Utilizar a estrutura e o formato da correspondencia persoal.
  • Adecuar de forma básica o rexistro á situación de comunicación: destinatario/a, contexto e canle.
  • Utilizar recursos sinxelos para organizar un texto.
  • Utilizar unha serie de frases e oracións sinxelas enlazadas con conectores simples.
  • Utilizar recursos simples para evitar repeticións innecesarias.
  • Usar elementos deícticos para referirse a conceptos citados anteriormente e/ou ao contexto extralingüístico.
  • Utilizar un repertorio léxico básico e limitado, pero propio do tema.
  • Utilizar un repertorio de estruturas sintácticas básicas.
  • Utilizar estruturas compostas de expresións memorizadas e de frases feitas propias da función comunicativa que se realice.
  • Respectar a orde das palabras.
  • Respectar as regras morfolóxicas do idioma de tal xeito que a mensaxe non perda a coherencia intertextual e extratextual.
  • Escribir con corrección ortográfica o léxico e as expresións do nivel.
  • Utilizar con razoable corrección as regras básicas regulares da representación de fonemas e signos de entoación.

Formato de tarefa

Elaborar textos como:

  • Cartas ordinarias e electrónicas.
  • Telefaxes.
  • Tarxetas postais.
  • Invitacións.
  • Felicitacións.
  • Notas.
  • Mensaxes.

A tarefa corresponderase cunha acción da vida cotiá.

Guiarase a tarefa con entre tres e cinco pautas.

Poderase incluír correspondencia para a cal se solicita resposta.

Procedemento

Resolver mediante un texto escrito a situación proposta pola tarefa.

Resolución

Escribir un texto de 80-100 palabras, que non excederá o espazo facilitado para a tarefa.

Cumprir o requisito de extensión.

Puntuación

13 puntos

Parámetros de avaliación.

Se a produción escrita non cumpre co criterio de extensión adecuada, indicarase no recadro correspondente e valorarase con 0 puntos a epígrafe correspondente á adecuación (véxase o anexo I: Táboas de avaliación).

2.5. Comprensión oral.

Os obxectivos xerais e específicos que se detallan a seguir son os establecidos no currículo vixente para as escolas oficiais de idiomas (Decreto 191/2007, do 20 de setembro, no seu anexo 1: Comprensión oral, epígrafe 2.2.2.1).

2.5.1. Obxectivos xerais.

Comprender o sentido xeral, a información esencial e os puntos principais de textos breves referidos a asuntos da vida cotiá, ben estruturados, articulados a unha velocidade lenta e con claridade, transmitidos de viva voz ou por medios técnicos, nunha variedade de lingua estándar, e sempre que as condicións acústicas sexan boas e a mensaxe non estea distorsionada.

2.5.2. Obxectivos específicos.

– Comprender frases ou expresións habituais relacionadas con necesidades inmediatas e temas cos que se teña moita familiaridade, sempre que se fale dun xeito pausado e ben articulado.

– Comprender o sentido xeral e a información específica predicible de conversas básicas sobre temas cotiáns que se desenvolvan na súa presenza, e identificar un cambio de tema.

– Comprender o significado global e as informacións salientables de mensaxes gravadas sinxelas que relaten experiencias persoais e predicibles, articuladas lentamente e nunha lingua estándar.

– Comprender a información esencial en exposicións e presentacións públicas breves e sinxelas, referidas a temas habituais e coñecidos.

– Comprender o sentido xeral e a información esencial predicible de textos audiovisuais sinxelos, mesmo cando exista un apoio de imaxes moi redundantes.

2.5.3. Criterios de avaliación.

Os criterios de avaliación que se detallan a seguir fan referencia aos que figuran no currículo vixente para as escolas oficiais de idiomas (Decreto 191/2007, do 20 de setembro, no seu anexo 1: Comprensión oral, epígrafe 4.2).

– Comprender o sentido global de conversas que aborden temas básicos cotiáns, se se fala amodo e con claridade, utilizando expresións e palabras habituais do tema en cuestión, e identificar un cambio de tema.

– Comprender transaccións e xestións básicas sempre que se fale de xeito pausado e articulando ben.

– Comprender a información esencial de textos gravados breves, así como conversas telefónicas, sobre temas previsibles e básicos.

– Comprender os puntos principais e os detalles salientables en mensaxes e en anuncios públicos transmitidos por medios técnicos ou de viva voz, que conteñan instrucións, indicacións ou outra información relativa a situacións de necesidade inmediata.

– Comprender textos sinxelos en que se solicite ou se dea información sobre feitos pasados, que conten anécdotas ou relaten experiencias persoais cotiás, cun repertorio de léxico e unhas estruturas de carácter básico e sinxelo, identificando funcións de comunicación variadas e captando tanto as liñas xerais como os aspectos secundarios de relevancia, sempre que se fale lentamente e nunha linguaxe estándar.

– Comprender a información esencial en exposicións e presentacións públicas sinxelas, articuladas axeitadamente e con claridade, que se refiran a temas habituais e coñecidos.

– Comprender o sentido xeral e identificar a información esencial de textos audiovisuais, como partes meteorolóxicos ou informativos, emitidos cunha pronuncia clara e pausada, e cando os comentarios conten co apoio de imaxes de carácter redundante.

2.5.4. Microdestrezas.

As seguintes microdestrezas han servir para medir e avaliar a capacidade da persoa candidata na destreza de comprensión oral. Estas microdestrezas teñen a súa correspondencia cos tipos de comprensión que aparecen detallados nas tarefas.

1. Comprender o sentido xeral de textos orais.

– Comprender o sentido global ou a idea principal de textos orais pouco complexos en lingua estándar e relacionados con temas da súa experiencia.

– Identificar a intención comunicativa do texto.

2. Comprender detalles esenciais.

– Identificar a información concreta e puntual a través de palabras clave.

– Identificar detalles de apoio á idea principal.

3. Comprender as ideas principais e a información salientable.

– Comprender a información e as ideas explícitas do texto.

– Comprender os puntos principais, e os detalles salientables e concretos.

4. Comprender a organización básica dun texto.

– Recoñecer a secuencia temporal do texto.

– Identificar cambios de tema.

– Comprender fórmulas básicas de interacción social.

5. Alcance da lingua.

– Recoñecer un repertorio léxico básico e limitado pero propio do tema.

– Recoñecer un repertorio de estruturas sintácticas básicas.

– Recoñecer estruturas compostas de expresións memorizadas e de frases feitas básicas e de uso moi corrente.

2.5.5. Tipos de textos e as súas características.

– Os textos orais utilizados como soporte para as tarefas serán auténticos ou verosímiles, explotados por primeira vez para a ocasión, e adaptados cando se considere pertinente.

– A tipoloxía dos textos será diversa, e estes poderán proceder de fontes como a radio, a televisión, podcasts, material gravado (só audio ou audiovisual), etc.

– Sempre que sexa posible debe ofrecerse un apoio visual e un texto breve (oral e/ou escrito) que introduza ao oínte no contexto en que se vaia desenvolver a audición.

Tipos de textos:

– Noticias sinxelas e breves.

– Conversas cara a cara e telefónicas sobre temas previsibles e básicos.

– Transaccións e xestións básicas.

– Mensaxes, anuncios e avisos de carácter privado e público relativos á vida cotiá.

– Entrevistas de carácter privado e público relativas a temas da vida cotiá.

– Partes meteorolóxicos breves e sinxelos.

– Exposicións e presentacións públicas breves sobre temas habituais ou previamente coñecidos.

– Contos, historias e anécdotas sobre feitos pasados ou relativos a experiencias persoais cotiás.

– Instrucións básicas relativas a necesidades cotiás.

2.5.6. Tipo e número de tarefas.

Tarefa 1

Oito textos e dez epígrafes. Referido ao primeiro texto, incluirase un ítem marcado con «0» a modo de exemplo.

Aprox. 10 minutos

8 puntos

Tarefa 2

Un texto e oito ítems de resposta semiaberta. Incluirase un ítem marcado con «0» a modo de exemplo.

Aprox. 10 minutos

8 puntos

Tarefa 3

Un ou dous textos con nove ítems de elección múltiple en total. Referido ao primeiro texto, incluirase un ítem marcado con «0» a modo de exemplo.

Aprox. 15 minutos

9 puntos

Máximo 35 minutos

Total 25 puntos

Tarefa 1

Comprensión global

Obxectivo

A persoa candidata deberá demostrar que é capaz de comprender o sentido xeral de textos orais.

Microdestrezas:

  • Comprender o sentido global ou a idea principal de textos orais.
  • Identificar a intención comunicativa do texto.

Formato de tarefa

Emparellar textos con epígrafes. Dúas epígrafes non se corresponderán claramente con ningún texto e funcionarán como distractores. Incluirase un ítem marcado con “0” a modo de exemplo.

Procedemento

Escoitar oito textos e, dun total de dez epígrafes, identificar oito que se corresponderán co tema ou asunto de que trata o texto.

Resolución

Marcar a epígrafe que corresponda a cada un dos textos escoitados.

Tempo

O conxunto dos textos terá unha duración máxima de tres minutos.

Os textos escoitaranse todos seguidos. Para iso gravaranse incluíndo un asubío ou un número entre eles, de modo que se indique en todo momento a orde que corresponde a cada texto.

A duración total desta primeira tarefa non excederá os dez minutos.

Deseguido deixaranse trinta segundos de pausa antes de proceder a escoitar a audición por segunda vez.

Puntuación

Un punto por cada resposta correcta.

Total: 8 puntos

Tarefa 2

Comprensión de detalle

Obxectivo

A persoa candidata deberá demostrar que é capaz de identificar detalles dun texto oral.

Microdestrezas:

  • Identificar información concreta e puntual.
  • Identificar as palabras clave.
  • Comprender fórmulas básicas ligadas ao contexto.

Formato de tarefa

Respostas semiabertas (unha ou dúas palabras tomadas do texto).

Diagramas, cadros e esquemas para completar ou encher.

Incluirase un ítem marcado con “0” a modo de exemplo.

Procedemento

Escoitar un texto para identificar detalles específicos.

Completar diagramas, cadros, esquemas con oito ítems ou contestar a oito respostas semiabertas nas que haberá que escribir un máximo dunha ou dúas palabras tomadas do texto.

Resolución

Escribir no recadro ou no espazo en branco a información requirida.

Tempo

O texto terá unha duración máxima de tres minutos e escoitarase dúas veces cun intervalo de trinta segundos entre a primeira e a segunda escoita.

A duración total desta tarefa non excederá os dez minutos.

Puntuación

Un punto por cada resposta correcta.

Total: 8 puntos

Tarefa 3

Comprensión de detalle

Obxectivo

A persoa candidata deberá demostrar que é capaz de comprender as ideas principais e a información relevante dun texto oral.

Microdestrezas:

  • Comprender a información e as ideas explícitas do texto.
  • Comprender os puntos principais e os detalles salientables e concretos.
  • Recoñecer a secuencia temporal do texto.
  • Identificar cambios de tema.
  • Comprender fórmulas básicas ligadas ao contexto.

Formato de tarefa

Ítems de elección múltiple.

Non se dará a opción “non mencionado”.

Incluirase un ítem marcado con «0» a modo de exemplo.

Procedemento

Escoitar un ou dous textos e responder a nove ítems de elección múltiple en total. Os ítems terán tres opcións de resposta (a, b ou c). Só unha das tres opcións será correcta.

Resolución

Marcar nun recadro a opción correcta de entre as tres dadas (a, b ou c).

Tempo

Os textos terán unha duración total de catro minutos.

Cada un dos textos será escoitado dúas veces, con intervalos de trinta segundos entre a primeira escoita e a segunda, e un minuto entre un texto e o seguinte.

A duración total desta tarefa non excederá os quince minutos.

Puntuación

Un punto por cada resposta correcta.

Total: 10 puntos

2.5.7. Temporalización das audicións.

Deseguido establécense as pautas para preparar os textos en soporte dixital para a súa posterior audición no exame.

– Todos os textos, así como os tempos de silencio, recolleranse na gravación que se achegará co exame para que non haxa diferenzas na administración da proba entre os centros examinadores.

– A gravación final facilitarase nun só CD ou DVD, nun formato compatible cos aparellos dispoñibles nos centros examinadores.

– As instrucións de cada tarefa presentaranse no idioma meta.

– Cada tarefa gravarase nunha pista segundo se indica a continuación:

1.ª pista: introdución.

2.ª pista: tarefa 1.

3.ª pista: tarefa 2.

4.ª pista: tarefa 3.

5.ª pista: final da proba.

– Na táboa que segue recóllense as pautas para a gravación das audicións, tendo en conta que na tarefa 3 se utilizan dous textos. En caso de que se empregue un só texto, seguirase o mesmo procedemento e os mesmos tempos que para as tarefas 1 e 2.

Procedemento

Tempo

Introdución

Tempo inicial antes de empezar a proba (para ler as instrucións xerais).

Un minuto.

Comeza a gravación. Escóitase a introdución xeral á proba.

Duración da introdución.

Tarefa 1

Escóitanse as instrucións da primeira tarefa.

Duración das instrucións.

Silencio para ler as instrucións da primeira tarefa.

Un minuto.

Dá comezo a primeira escoita da primeira tarefa.

Duración do texto

(máximo, tres minutos).

Silencio antes de dar paso á segunda escoita da primeira tarefa.

Trinta segundos.

Dá comezo a segunda escoita da primeira tarefa.

Duración do texto

(máximo, tres minutos).

Silencio para repasar as respostas da primeira tarefa.

Un minuto.

Tarefa 2

Escóitanse un ton de separación para dar comezo á segunda tarefa e a seguir as instrucións da segunda tarefa.

Duración das instrucións

Silencio para ler as instrucións da segunda tarefa.

Un minuto.

Dá comezo a primeira escoita da segunda tarefa.

Duración do texto

(máximo, tres minutos).

Silencio antes de dar paso á segunda escoita da segunda tarefa.

Trinta segundos.

Dá comezo a segunda escoita da segunda tarefa.

Duración do texto

(máximo, tres minutos).

Silencio para repasar as respostas da segunda tarefa.

Un minuto.

Tarefa 3

Escóitanse un ton de separación para dar comezo á terceira tarefa e deseguido as instrucións da terceira tarefa.

Duración das instrucións

Silencio para ler as instrucións da terceira tarefa.

Un minuto.

Dá comezo a primeira escoita da parte A da terceira tarefa.

Duración do texto

(máximo, dous minutos).

Silencio antes de dar paso á segunda escoita da parte A da terceira tarefa.

Trinta segundos.

Dá comezo a segunda escoita da parte A da terceira tarefa.

Duración do texto

(máximo, dous minutos).

Silencio para repasar as respostas da parte A da terceira tarefa.

Un minuto.

Dá comezo a primeira escoita da parte B da terceira tarefa.

Duración do texto

(máximo, dous minutos).

Silencio antes de dar paso á segunda escoita da parte B da terceira tarefa.

Trinta segundos.

Dá comezo a segunda escoita da parte B da terceira tarefa.

Duración do texto

(máximo, dous minutos).

Silencio para repasar as respostas da parte B da terceira tarefa.

Un minuto.

Final

Tempo para repasar todos os exercicios de todas as tarefas, pasar a limpo as respostas e facer as rectificacións que consideran necesarias.

Tres minutos.

Final da proba. Gravación en que se anuncia que a proba rematou.

5-10 segundos.

Total: aprox. 35 minutos

2.6. Expresión e interacción oral.

Os obxectivos xerais e específicos que a seguir se detallan son os establecidos no currículo vixente para as escolas oficiais de idiomas (Decreto 191/2007, do 20 de setembro, anexo 1: Expresión e interacción oral, epígrafe 2.2.2.2).

2.6.1. Obxectivos xerais.

Producir textos orais breves, referidos a asuntos da vida cotiá, tanto na comunicación cara a cara como por teléfono ou outros medios técnicos, e comunicarse de xeito comprensible, aínda que resulten evidentes o acento estranxeiro, as pausas e os titubeos, e sexa necesaria a repetición, a paráfrase e a cooperación das persoas interlocutoras para manter a comunicación.

2.6.2. Obxectivos específicos.

– Desenvolverse nas relacións sociais habituais de xeito sinxelo pero eficaz.

– Desenvolverse en actividades habituais e transaccións e xestións cotiás, sinxelas, propias de situacións e temas coñecidos.

– Describir nun monólogo, de forma breve e sinxela, accións, persoas, lugares e obxectos.

– Expor plans e facer hipóteses, de forma breve e sinxela, en conversacións informais en relación con asuntos cotiáns.

– Expresar de xeito breve a opinión, as crenzas ou as suxestións sobre un tema coñecido.

– Solicitar a colaboración do/a interlocutor/a e utilizar estratexias para asegurar a comunicación.

2.6.3. Criterios de avaliación.

Os criterios de avaliación que a seguir se detallan fan referencia aos que figuran no currículo vixente para as escolas oficiais de idiomas (Decreto 191/2007, do 20 de setembro, anexo 1: Expresión e Interacción oral, epígrafe 4.2).

– Desenvolverse en intercambios sociais básicos utilizando fórmulas neutras e informais de saúdo e de despedida, de estrutura sinxela, realizando e respondendo a invitacións e a suxestións.

– Participar en conversas con intencións comunicativas básicas diversas facéndose entender, utilizando estratexias axeitadas para poder iniciar, manter e rematar o diálogo, e producindo un discurso comprensible con expresións básicas e axeitado ás características da situación de comunicación.

– Desenvolverse nunha entrevista e en transaccións e xestións cotiás facéndose entender, e intercambiando a información pertinente se se fala con lentitude e claridade.

– Producir un texto oral breve e sinxelo en que se narre ou se describa algo ou a alguén mediante un repertorio básico de palabras, expresións e estruturas, utilizando un nivel elemental de coherencia e cohesión, cunha pronuncia clara e comprensible, aínda que teña que facer pausas para pensar o que se vai dicir e recorrer a reformulacións.

– Realizar presentacións breves, sinxelas e previamente ensaiadas, sobre temas habituais e coñecidos, respondendo a preguntas breves e sinxelas dos/as oíntes, sempre que estes/as as repitan cando se lles solicite e axuden coas súas respostas falando claro e amodo.

– Intercambiar opinións sobre un tema coñecido mediante a expresión do coñecemento, a opinión e a crenza, mediante fórmulas básicas e expresións frecuentes memorizadas, usando estruturas sintácticas e grupos de palabras básicos.

– Expor plans ou facer hipóteses de xeito breve, sinxelo e comprensible, en conversas informais sobre asuntos cotiáns.

– Desenvolverse nas relacións sociais reaccionando coa expresión de actitudes e sentimentos de contento, satisfacción, decepción, interese, desinterese, esperanza, preferencia, admiración, sorpresa e tristura, con expresións sinxelas e habituais, e respectando as normas de cortesía.

– Expresarse intelixiblemente e solicitar a colaboración da persoa interlocutora, e responder igualmente á súa petición para asegurar a comprensión e o mantemento da comunicación.

2.6.4. Microdestrezas.

As seguintes microdestrezas servirán para medir e avaliar a capacidade da persoa candidata na destreza de Expresión e interacción oral. Estas microdestrezas teñen a súa correspondencia cos tipos de expresión que aparecen detallados nas tarefas.

1. Interactuar en intercambios sociais básicos.

– Utilizar e recoñecer as fórmulas habituais de inicio e pechamento da interacción axeitadas ao rexistro familiar ou neutro, segundo corresponda polo contexto, en intercambios sinxelos habituais, aínda que se necesite a axuda do/a interlocutor/a.

– Formular preguntas breves e sinxelas sobre temas habituais, básicos e coñecidos, e responder a elas.

– Utilizar fórmulas básicas e sinxelas de mantemento e seguimento do discurso oral: toma e cesión da quenda de palabra, demostración de entendemento e petición de aclaración.

2. Realizar presentacións breves, sinxelas e previamente planificadas, sobre temas habituais e coñecidos.

– Ofrecer información básica sobre temas habituais e coñecidos ou persoais, expresando gustos e preferencias cando se solicite.

3. Adecuación da interacción.

– Adecuar de forma básica o rexistro á situación de comunicación: destinatario/a, contexto e canle.

– Utilizar expresións básicas moi habituais adecuadas á situación de comunicación nas relacións sociais habituais.

– Utilizar frases sinxelas memorizadas, salientables para o tema da interacción.

4. Coherencia e cohesión.

– Utilizar un repertorio básico de palabras, expresións e estruturas propio do tema.

– Utilizar referencias espaciais: expresións e adverbios espaciais básicos e sinxelos.

– Utilizar referencias temporais: uso dos tempos verbais, uso de expresións e adverbios temporais básicos e sinxelos.

– Utilizar frases e oracións sinxelas enlazadas con conectores simples.

– Elidir elementos textuais cando estes poidan ser inferidos doadamente do expresado anteriormente polo/a interlocutor/a.

5. Alcance da lingua.

– Utilizar un repertorio léxico básico e limitado, pero propio do tema.

– Utilizar un repertorio de estruturas sintácticas básicas.

– Utilizar estruturas compostas de expresións memorizadas e de frases feitas básicas e de uso moi corrente.

6. Corrección formal.

– Expresarse con pronunciación intelixible, e con entoación e acentuación prosódica da cadea falada adecuadas para asegurar a comprensión.

7. Fluidez.

– Facerse entender en intercambios sinxelos habituais, aínda que resulten evidentes as pausas, as dúbidas iniciais e a reformulación.

– Expresarse en intercambios breves e sinxelos con certa facilidade e espontaneidade, de tal xeito que as pausas, as dúbidas iniciais e a reformulación non interfiran significativamente na continuidade da fala.

2.6.5. Tipos de textos e as súas características.

– Conversas cara a cara ou telefónicas sobre temas previsibles e básicos.

– Entrevistas de carácter privado e/ou público relativas a actividades cotiás.

– Transaccións e xestións breves.

– Presentacións breves e sinxelas previamente planificadas sobre temas habituais e coñecidos.

– Mensaxes e avisos de carácter privado ou público relativos a actividades cotiás.

– Relatos, historias ou anécdotas sobre feitos pasados relativos a experiencias persoais.

– Instrucións básicas relativas a necesidades inmediatas.

2.6.6. Tipo e número de tarefas.

– Dúas tarefas –monólogo sostido e diálogo– guiadas e contextualizadas, con diversas intencións comunicativas e enfocadas á acción.

– A temática da tarefa 1 será distinta da da tarefa 2. As propostas para a tarefa 1 versarán sobre un tema común con dúas variantes (ou tres, en caso de número impar de persoas candidatas).

– Antes de comezar o exame propiamente dito, haberá unha fase de acollida das persoas candidatas, que durará entre un e dous minutos, e non poderá terse en conta na cualificación final.

– Na fase de acollida, o profesorado examinador dará as instrucións e explicará o procedemento que se vai seguir.

– A actuación da persoa candidata na expresión e interacción oral poderá ser gravada.

Introdución

Fase de acollida

Aprox. 2 minutos

Non avaliable

Tarefa 1

Monólogo sostido

Aprox. 2 minutos por persoa candidata

12 puntos

Tarefa 2

Interacción dialóxica

Aprox. 5 minutos por parella (máis aprox. 5 minutos de avaliación das dúas tarefas das dúas persoas candidatas)

13 puntos

Máximo 15 minutos

Total 25 puntos

Tarefa 1

Monólogo sostido contextualizado

Obxectivo

A persoa candidata deberá demostrar que é capaz de narrar e de describir algo ou a alguén oralmente de xeito breve e sinxelo.

Microdestrezas:

  • Adecuar de xeito básico o rexistro á situación de comunicación.
  • Utilizar as fórmulas habituais de inicio e pechamento da exposición axeitadas ao rexistro familiar ou neutro, segundo corresponda polo contexto.
  • Utilizar un repertorio de estruturas sintácticas básicas, e de frases e oracións sinxelas enlazadas con conectores simples.
  • Utilizar recursos simples para evitar repeticións innecesarias.
  • Usar elementos deícticos para se referir a conceptos citados anteriormente e/ou ao contexto extralingüístico.
  • Utilizar un repertorio léxico básico e limitado, pero propio do tema.
  • Respectar a orde das palabras.
  • Respectar as regras morfolóxicas do idioma de tal xeito que a mensaxe non perda a coherencia intertextual e extratextual.
  • Expresarse con pronuncia intelixible, e con entoación e acentuación prosódica da cadea falada adecuadas para asegurar a comprensión.
  • Expresarse con certa facilidade e espontaneidade, de tal maneira que as pausas, as dúbidas iniciais e a reformulación non interfiran significativamente na continuidade da fala.

Formato de tarefa

Presentaranse dez fichas numeradas, onde se definan tarefas comunicativas o máis reais que sexa posible. En previsión dun número impar de persoas candidatas, dúas das dez fichas serán adaptables a tres interlocutores.

As fichas presentaranse en xogos de fichas (A e B), un para cada persoa candidata, con instrucións e información para soster os monólogos, e poderase incluír apoio visual e/ou gráfico (véxase o anexo II).

As propostas presentarán un tema común con dúas variantes sobre ese tema (ou tres, en caso de número impar de persoas candidatas).

Procedemento

As persoas candidatas entrarán á vez, e cada unha recibirá das persoas examinadoras unha ficha. En ningún caso poderán ver a ficha do seu compañeiro ou da súa compañeira.

As persoas examinadoras darán as instrucións, iguais para todas as persoas candidatas, e só intervirán cando o consideren indispensable.

Os xogos de dez fichas serán barallados antes de comezar a proba e utilizaranse nesa orde aleatoria (sen posibilidade de escoller) ata os empregar todos, momento en que se barallarán de novo. En caso de número impar de persoas candidatas, estas utilizarán unha das dúas fichas elaboradas para tal efecto.

Para a atribución das opcións A ou B (ou C, en caso de tres persoas candidatas) seguirase a orde alfabética dos apelidos das persoas candidatas. Unha vez entregada a ficha, cada persoa candidata disporá dun minuto para preparar a súa tarefa (todas deben preparar a súa intervención á vez).

As persoas candidatas non poderán interromper a intervención monolóxica do seu compañeiro ou da súa compañeira.

As persoas candidatas non poderán utilizar durante a proba notas escritas nin ningún outro tipo de material nin soporte.

Resolución

Transcorrido o tempo de preparación establecido, a persoa candidata A levará a cabo un breve monólogo segundo a información que figura na súa ficha.

Unha vez rematada a intervención da persoa candidata A, a persoa candidata B procederá a ofrecer a información da súa ficha.

Procedemento de avaliación

O tribunal estará composto por dúas persoas examinadoras. Durante a tarefa cubrirán a táboa de avaliación de cada persoa candidata e, despois da realización da segunda tarefa, intercambiarán valoracións e tratarán de consensuar a cualificación individual das dúas persoas candidatas. En caso de non existir consenso, realizarase a media ponderada entre as cualificacións de ambas as persoas examinadoras.

Tempo

Preparación: un minuto.

Duración de cada intervención monolóxica: aproximadamente dous minutos.

Tempo global: aproximadamente cinco minutos. No caso dun trío, cumprirá contar con aproximadamente dous minutos máis.

Puntuación

12 puntos

Tarefa 2

Interacción dialóxica (entendida como cooperación entre as persoas candidatas)

Obxectivo

A persoa candidata deberá demostrar que é capaz de interactuar e producir textos orais breves, tanto na comunicación cara a cara como por teléfono ou outros medios técnicos.

Microdestrezas:

  • Utilizar as fórmulas de inicio e pechamento da conversa axeitadas ao rexistro familiar ou neutro, segundo corresponda polo contexto.
  • Utilizar expresións básicas moi habituais axeitadas á situación de comunicación nas relacións sociais habituais.
  • Formular preguntas breves e sinxelas sobre temas habituais, básicos e coñecidos ou persoais, e responder a elas.
  • Utilizar fórmulas simples de mantemento e seguimento do discurso oral: toma e cesión da quenda de palabra, demostración de entendemento e petición de aclaración.
  • Utilizar frases sinxelas memorizadas, salientables para o tema da interacción.
  • Utilizar un repertorio básico de palabras, expresións e estruturas, cun nivel elemental de coherencia e cohesión.
  • Utilizar referencias espaciais e/ou temporais: expresións e adverbios espaciais e temporais básicos e sinxelos.
  • Elidir elementos textuais cando estes poidan ser inferidos doadamente do expresado anteriormente por outro/a interlocutor/a.

Formato de tarefa

Presentaranse dez fichas numeradas, onde se definan tarefas comunicativas o máis reais que sexa posible. En previsión dun número impar de persoas candidatas, dúas das dez fichas serán adaptables a tres interlocutores.

As fichas presentaranse en xogos de fichas (A e B), un para cada persoa candidata, con instrucións e información para levar a cabo a interacción, e poderase incluír apoio visual e/ou gráfico (véxase o anexo II).

As propostas presentarán un tema común.

Os papeis das persoas candidatas serán parellos, e evitaranse papeis profesionais.

Procedemento

As persoas candidatas entrarán á vez, e cada unha recibirá das persoas examinadoras unha ficha. En ningún caso poderán ver a ficha do seu compañeiro ou da súa compañeira.

As persoas examinadoras darán as instrucións, iguais para todas as persoas candidatas, e só intervirán cando o consideren indispensable.

Os xogos de dez fichas serán barallados antes de comezar a proba e utilizaranse nesa orde aleatoria (sen posibilidade de escoller) ata os empregar todos, momento en que se barallarán de novo. En caso de número impar de persoas candidatas, estas utilizarán unha das dúas fichas elaboradas para tal efecto.

Cada parella de persoas candidatas disporá dun minuto para a preparación individual do diálogo. Posteriormente, cada parella intervirá durante un período de aproximadamente cinco minutos (en caso de trío, prolongarase aproximadamente dous minutos máis).

As persoas candidatas non poderán utilizar durante a proba notas escritas nin ningún outro tipo de material nin soporte.

Resolución

Transcorrido o tempo de preparación establecido, as persoas candidatas comezarán a súa intervención dialóxica seguindo as pautas da súa ficha, de xeito que se produza unha cooperación entre elas.

Procedemento de avaliación

O tribunal estará composto por dúas persoas examinadoras. Durante a tarefa cubrirán a táboa de avaliación de cada persoa candidata e, despois da realización da segunda tarefa, intercambiarán as súas valoracións respectivas e tratarán de consensuar o grao de consecución de cada descritor das dúas tarefas mostrado por cada persoa candidata. De non existir consenso, realizarase a media ponderada entre as cualificacións de ambas as persoas examinadoras.

Tempo

Preparación: un minuto.

Actuación conxunta: aproximadamente cinco minutos (de sete a oito, en caso de trío).

Tempo global: aproximadamente sete minutos.

Avaliación do tribunal para cada parella de persoas candidatas (tarefas 1 e 2): aproximadamente cinco minutos.

Puntuación

13 puntos

missing image file

Expresión e interacción escrita • Nivel básico

Tarefa 1: Produción escrita en Rexistro Neutro

(texto expositivo, narrativo ou descritivo)

Cada descritor ten un valor de 1 punto (non se admiten puntuacións de 0,5 puntos).

Apelidos e nome

da persoa candidata:

Avaliador/a:

Extensión adecuada:

r SI r NON

Adecuación (3 puntos)

r Desenvolve todos os puntos.

r O contido é relevante e adecuado.

r Axústase ao tipo de texto.

Coherencia e cohesión (3 puntos)

r As ideas son coherentes, están ben estruturadas en oracións e parágrafos.

r Fai un uso adecuado dos conectores propios do nivel (e, pero, porque...).

r Emprega adecuadamente os elementos deícticos propios do nivel (pronomes, posesivos, demostrativos, adverbios...).

Corrección (4 puntos)

r Utiliza correctamente as estruturas sintácticas propias do nivel (tempos verbais, comparativos, expresión da necesidade, obriga...).

r Fai un uso correcto do léxico propio do nivel.

r Ten un bo dominio da puntuación e da ortografía das palabras do nivel.

r A orde das palabras é correcta.

Riqueza (2 puntos)

r Presenta un léxico variado e preciso propio do nivel.

r Utiliza frases feitas de uso corrente e estruturas memorizadas propias do nivel.

Total: ............. / 12 puntos

Expresión e interacción escrita • Nivel básico

Tarefa 2: Correspondencia

(cartas, tarxetas postais, correos electrónicos, telefaxes, invitacións, felicitacións, notas, mensaxes, etc.)

Cada descritor ten un valor de 1 punto (non se admiten puntuacións de 0,5 puntos).

Apelidos e nome

da persoa candidata:

Avaliador/a:

Extensión adecuada:

r SI r NON

Adecuación (4 puntos)

r Desenvolve todos os puntos.

r O contido é relevante e adecuado.

r Axústase ao tipo de texto.

r Respecta o formato de correspondencia propio da tarefa (encabezamento, saúdo, despedida...).

Coherencia e cohesión (3 puntos)

r As ideas son coherentes, están ben estruturadas en oracións e parágrafos.

r Fai un uso adecuado dos conectores propios do nivel (e, pero, porque...).

r Emprega adecuadamente os elementos deícticos propios do nivel (pronomes, posesivos, demostrativos, adverbios...).

Corrección (4 puntos)

r Utiliza correctamente as estruturas sintácticas propias do nivel (tempos verbais, comparativos, expresión da necesidade, obriga...).

r Fai un uso correcto do léxico propio do nivel.

r Ten un bo dominio da puntuación e da ortografía das palabras do nivel.

r A orde das palabras é correcta.

Riqueza (2 puntos)

r Presenta un léxico variado e preciso propio do nivel.

r Utiliza frases feitas de uso corrente e estruturas memorizadas propias do nivel.

Total: ............. / 13 puntos

Expresión e interacción oral • Nivel básico

Tarefa 1: Monólogo

Cada descritor vale un punto (non se admiten puntuacións de 0,5 puntos)

Apelidos e nome da persoa candidata:

Ficha n.º:

Avaliador/a:

Total:

............. / 12 puntos

Adecuación

(2 puntos)

Coherencia e cohesión

(4 puntos)

Corrección

(2 puntos)

Riqueza

(2 puntos)

Fluidez e pronuncia

(2 puntos)

r Desenvolve todos os puntos.

r O contido é relevante e adecuado.

r As ideas son coherentes e non se repiten.

r As frases están enlazadas con conectores sinxelos (e, pero, porque...).

r O discurso presenta coherencia temporal propia do nivel.

r Utiliza coherentemente elementos deícticos propios do nivel (pronomes, posesivos, demostrativos...).

r Utiliza correctamente as estruturas sintácticas propias do nivel (tempos verbais, comparativos, expresión da necesidade, obriga...).

r A orde das palabras é correcta e non dificulta a comprensión.

r Utiliza frases feitas de uso corrente e estruturas memorizadas propias do nivel.

r Fai un uso correcto do léxico propio do nivel.

r Exprésase con pronuncia intelixible.

r As pausas non interfiren na continuidade do discurso.

Expresión e interacción oral • Nivel básico

Tarefa 2: Interacción

Cada descritor vale un punto (non se admiten puntuacións de 0,5 puntos)

Apelidos e nome da persoa candidata:

Ficha n.º:

Avaliador/a:

Total:

............. / 13 puntos

Adecuación

(3 puntos)

Coherencia e cohesión (4 puntos)

Corrección

(2 puntos)

Riqueza

(2 puntos)

Fluidez e pronuncia

(2 puntos)

r Utiliza fórmulas simples de inicio, mantemento e finalización da interacción.

r Colabora suficientemente para o desenvolvemento da interacción.

r Respecta as quendas de intervención.

r As ideas son coherentes.

r As frases están enlazadas con conectores sinxelos (e, pero, porque...).

r O discurso presenta coherencia temporal propia do nivel.

r Utiliza coherentemente elementos deícticos propios do nivel (pronomes, posesivos, demostrativos...).

r Utiliza correctamente as estruturas sintácticas propias do nivel (tempos verbais, comparativos, expresión da necesidade, obriga...).

r A orde das palabras é correcta e non dificulta a comprensión.

r Utiliza frases feitas de uso corrente e estruturas memorizadas propias do nivel.

r Fai un uso correcto do léxico propio do nivel.

r Exprésase con pronuncia intelixible.

r As pausas non impiden a comprensión.

Tarefa 1: Breve monólogo sostido

Persoa candidata A

Tema: Vacacións na praia

Atópase cunha amiga ao finalizar o verán e cóntalle as súas últimas vacacións.

  1. Describa as seguintes fotografías.
  2. Fale sobre unhas vacacións na praia como se as tiver Trate os seguintes puntos:
  • Cando, onde e con quen.
  • Aloxamento (hotel, etc.).
  • Actividades.
  • O mellor das vacacións.

missing image file

Persoa candidata B

Tema: Vacacións na montaña

Atópase cun amigo ao finalizar o verán e cóntalle as súas últimas vacacións.

  1. Describa as seguintes fotografías.
  2. Fale sobre unhas vacacións na montaña como se as tiver Trate os seguintes puntos:
  • Cando, onde e con quen.
  • Aloxamento (hotel, etc.).
  • Actividades.
  • O mellor das vacacións.

missing image file

Tarefa 2: Interacción dialóxica

Persoa candidata A

Organice unha festa para os compañeiros e as compañeiras do seu curso na escola oficial de idiomas. Planifíquea cunha compañeira ou cun compañeiro. Traten os seguintes puntos (dispón dun minuto de preparación):

• Onde?

• Cando?

• Convidados?

• Música?

• Comida?

• Bebidas?

&– – – – – – – – – –

Persoa candidata B

Organice unha festa para os compañeiros e as compañeiras do seu curso na escola oficial de idiomas. Planifíquea cunha compañeira ou cun compañeiro. Traten os seguintes puntos (dispón dun minuto de preparación):

• Onde?

• Cando?

• Convidados?

• Música?

• Comida?

• Bebidas?

missing image file
missing image file

ANEXO VI
Medidas para a atención do alumnado con necesidades especiais

A disposición adicional primeira da Orde do 8 de setembro de 2008, pola que se regula a avaliación e cualificación do alumnado que cursa as ensinanzas especializadas de idiomas de réxime especial, establece que a organización e aplicación das probas para a obtención das certificacións por parte do alumnado con discapacidade basearanse no principio de igualdade de oportunidades, non discriminación e compensación de desvantaxes. Así mesmo, a devandita disposición establece que se deberán adaptar, se é o caso, a duración e as condicións de realización das probas para o alumnado que no momento da matrícula o solicite e achegue a documentación acreditativa da súa minusvalidez, así como aqueloutra requirida pola escola, que o centro poñerá en coñecemento dos equipos de orientación específicos dependentes da xefatura territorial para as adaptacións pertinentes.

Unha vez recibido o informe do equipo de orientación específico, será labor do departamento correspondente, informada a comisión permanente de validación, adaptar as probas para as persoas candidatas con discapacidade de xeito individual, atendendo ás necesidades especiais de cada persoa candidata e consonte as medidas suxeridas a continuación.

Medidas posibles de adaptación das probas para as persoas candidatas con necesidades especiais:

a) Persoas con deficiencias visuais e invidentes:

– Material da proba en escritura táctil (sistema Braille estándar).

– Material a tamaño ampliado.

– Prolongación do tempo de realización da proba (segundo as necesidades particulares).

– Reprodución dos medios de son coas pausas intermedias que sexan necesarias para responder as preguntas e para ditar, escribir ou mecanografar as respostas (comprensión oral).

b) Persoas con discapacidade auditiva parcial ou total:

– Proba de comprensión oral presentada mediante lingua de signos en vídeo.

– Intérprete de lingua de signos encargado/a e pagado/a pola persoa candidata.

– Aumento do volume na reprodución dos medios de son.

– Repeticións adicionais do texto oral.

c) Persoas candidatas con trastornos da lectura e/ou escritura (disortografía):

– Prolongación do tempo da proba (segundo as necesidades particulares).

d) Persoas con trastornos da escritura (disgrafía):

– Prolongación do tempo da proba (segundo as necesidades particulares).

– Utilización dun ordenador de sobremesa ou portátil exento de unidades de axuda.

– Un/ha secretario/a, examinador/a, profesor/a escribe o texto que vai sendo ditado, consulta coa persoa candidata para asegurar a ortografía e, ao remate, entrega a esta o texto.

e) Á hora de cualificar a proba oral das persoas candidatas con trastornos da fala haberá que considerar o grao da discapacidade.

f) A realización da proba por parte das persoas candidatas con discapacidades múltiples é posible mediante a combinación de diferentes tipos de medidas.

missing image file

Índice

1. Introdución.

2. Normativa de aplicación e instrucións xerais.

3. Guía de elaboración e estrutura da proba de clasificación.

3.1. Propósito xeral da proba.

3.2. Partes da proba e duración.

3.2.1. Comprensión de lectura e comprensión oral.

3.2.2. Expresión e interacción escrita.

3.2.3. Expresión e interacción oral.

3.3. Descritores.

4. Especificacións para a elaboración da proba.

4.1. Comprensión de lectura.

4.2. Expresión e interacción escrita.

4.3. Comprensión oral.

4.4. Expresión e interacción oral.

5. Anexos.

1. Introdución.

As probas de clasificación teñen por obxecto identificar o nivel de dominio no idioma da persoa candidata, que desexe matricularse nas escolas oficiais de idiomas de Galicia nun nivel superior ao 1.º curso de nivel básico.

Os resultados da proba terán unha validez de dous cursos académicos en calquera das escolas oficiais de idiomas de Galicia, e unicamente para efectos de solicitude de matrícula.

Cómpre ter en conta que o traballo do profesorado consiste unicamente en identificar o nivel das persoas candidatas.

2. Normativa de aplicación e instrucións xerais.

Os artigos 59 ao 62 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, regulan as ensinanzas de idiomas de réxime especial, que se imparten nas escolas oficiais de idiomas, e estrutúranas en tres niveis: básico, intermedio e avanzado. Así mesmo, o artigo 62.1 establece que o título de bacharelato habilitará para acceder directamente aos estudos de idiomas de nivel intermedio na primeira lingua cursada no bacharelato.

O artigo 2.1 do Real decreto 1629/2006, do 29 de decembro, polo que se fixan os aspectos básicos do currículo de ensinanzas de idiomas de réxime especial reguladas pola LOE, establece que as ensinanzas de nivel básico de idiomas terán as características e organización que as administracións educativas determinen, e no seu artigo 3.7 sinala que as Administracións educativas regularán as condicións nas que pode incorporarse a calquera curso dos niveis intermedio e avanzado dun idioma quen acredite o dominio das competencias suficientes no dito idioma.

Así se recolle no Decreto 191/2007, do 20 de setembro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas de idiomas de réxime especial e os currículos dos niveis básico e intermedio para a Comunidade Autónoma de Galicia, no artigo 15.4.

A Orde do 5 de agosto do 2011, pola que se desenvolve o Decreto 189/2010, do 11 de novembro, polo que se establece o Regulamento orgánico das escolas oficiais de idiomas da Comunidade Autónoma de Galicia, e se regula a organización e o acceso ás ensinanzas de idiomas de réxime especial, recolle no seu artigo 23 as probas de clasificación.

De acordo co punto 10 de dito artigo, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria facilita neste documento ás escolas oficiais de idiomas a estrutura e criterios de cualificación e corrección das probas de clasificación.

A elaboración e administración das probas de clasificación, así como a cualificación destas, será responsabilidade dos distintos departamentos de idiomas das EOI, segundo a estrutura e baremo que se establecen nesta guía.

Os resultados das probas de clasificación deberán facerse públicos dentro dos sete días naturais seguintes á realización de cada proba, e consistirán na expresión do curso o que se dá acceso: 1.º de nivel básico (NB1), 2.º de nivel básico (NB2), 3.º de nivel básico (NB3) no caso de chinés e xaponés, 1.º de nivel intermedio (NI1), 2.º de nivel intermedio (NI2), 3.º de nivel intermedio (NI3) no caso de árabe, chinés e xaponés, 1.º de nivel avanzado (NA1) e 2.º de nivel avanzado (NA2).

Se o resultado da proba de nivel non lle concede á persoa candidata o acceso a un curso superior a 1.º de nivel básico e esta desexa matricularse no 1.º curso de nivel básico do idioma en que realizou a proba, terá que seguir o proceso ordinario de admisión.

O acceso ao curso acadado mediante a proba de clasificación farase constar no expediente académico do/a alumno/a.

Cando un/ha alumno/a desexe matricularse nun curso superior a 1.º de nivel básico dun idioma facendo uso do acceso acadado na proba de clasificación e a matrícula teña lugar nunha EOI de Galicia diferente da EOI en que realizou esa proba, deberá presentar certificación expedida pola EOI onde realizou a proba, e poderá formalizar a matrícula se houber prazas dispoñibles.

Coa finalidade de ter constancia administrativa dos resultados da proba, cada EOI levantará acta de cada unha das probas de clasificación realizadas, que se axustará ao modelo recollido no anexo 7 desta guía, e que asinará o profesorado participante así como a xefatura do departamento correspondente.

O procedemento para a resolución das reclamacións será o establecido con carácter xeral para as cualificacións das ensinanzas impartidas nas escolas oficiais de idiomas.

As escolas comunicarán á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa os resultados das probas de clasificación con copia das actas e o informe estatístico recollidos no anexo 7, que reflectirán para cada idioma o número de solicitantes, o número de persoas presentadas e o número de persoas que acceden a cada curso, así como, se é o caso, unha valoración do procedemento e dos resultados obtidos.

3. Guía de elaboración e estrutura da proba de clasificación.

3.1. Propósito xeral da proba.

A proba de clasificación ten por obxecto identificar o nivel de competencia das persoas candidatas con vistas a colocalas no curso que lles ofreza as mellores garantías de progreso na súa aprendizaxe. Para conseguilo, a proba permitirá recoller información das catro destrezas (compresión oral e de lectura, expresión oral e expresión e interacción escrita). En función dos resultados obtidos, as persoas candidatas poderán acceder ao curso que corresponda.

3.2. Partes da proba e duración.

1.ª sesión

(máximo 2 horas)

Comprensión de lectura

Expresión e interacción escrita

Comprensión oral

Máximo 30 minutos

Máximo 60 minutos

Máximo 30 minutos

2.ª sesión

Expresión e interacción oral

5 minutos por persoa candidata

A sesión correspondente á expresión e interacción oral poderá ter lugar antes ou despois da sesión correspondente ás restantes destrezas, segundo o calendario fixado por cada escola.

3.2.1. Comprensión de lectura e comprensión oral

Á hora de elaborar a proba, os departamentos deberán propoñer textos referenciados aos niveis A2, B1 e B2, respectivamente.

As persoas candidatas deberán demostrar a máxima competencia en cada un dos niveis (5 ítems correctos) para que o profesorado pase á corrección das tarefas do nivel seguinte.

A elaboración das tarefas axustarase ás especificacións recollidas na táboa 4.1 (comprensión de lectura) e 4.3 (comprensión oral), segundo as seguintes fases:

1. Elixir un descritor de cada nivel (A2, B1 e B2) do Portfolio europeo das linguas (PEL) de adultos ou do capítulo 4 do Marco europeo común de referencia para as linguas (MECRL).

2. Buscar un ou máis textos que expliciten as capacidades descritas no enunciado do descritor.

3. Redactar os ítems das tarefas.

As tarefas referenciadas ao nivel A2 permitirán clasificar as persoas candidatas en 1.º ou 2.º de nivel básico (tamén 3.º en chinés e xaponés), ou en 1.º de nivel intermedio, de acordo co seguinte baremo:

Nivel

Número de ítems totais

Número de ítems correctos

Accede a

A2

5 ítems

0 ou 1

1.º de nivel básico

entre 2 e 4

2.º de nivel básico

5

1.º de nivel intermedio

No caso de chinés e xaponés, utilizarase o baremo seguinte:

Nivel

Número de ítems totais

Número de ítems correctos

Accede a

A2

5 ítems

0 ou 1

1.º de nivel básico

2 ou 3

2.º de nivel básico

4 ou 5

3.º de nivel básico

As tarefas referenciadas ao nivel B1 permitirán clasificar as persoas candidatas en 1.º ou 2.º de nivel intermedio (tamén 3.º no caso de árabe, chinés e xaponés), ou en 1.º de nivel avanzado, de acordo co seguinte baremo:

Nivel

Número de ítems totais

Número de ítems correctos

Accede a

B1

5 ítems

0 ou 1

1.º de nivel intermedio

entre 2 e 4

2.º de nivel intermedio

5

1.º de nivel avanzado

No caso de árabe, chinés e xaponés, utilizarase o baremo seguinte:

Nivel

Número de ítems totais

Número de ítems correctos

Accede a

B1

5 ítems

0

3.º de nivel básico

1 ou 2

1.º de nivel intermedio

3 ou 4

2.º de nivel intermedio

5

3.º de nivel intermedio

As tarefas referenciadas ao nivel B2 permitirán clasificar as persoas candidatas en 1.º ou 2.º de nivel avanzado (tamén 3.º de nivel intermedio no caso de árabe, chinés e xaponés), de acordo co seguinte baremo:

Nivel

Número de ítems totais

Número de ítems correctos

Accede a

B2

5 ítems

entre 0 e 2

1.º de nivel avanzado

entre 3 e 5

2.º de nivel avanzado

No caso de árabe, chinés e xaponés, utilizarase o baremo seguinte:

Nivel

Número de ítems totais

Número de ítems correctos

Accede a

B2

5 ítems

0 ou 1

3.º de nivel intermedio

2 ou 3

1.º de nivel avanzado

4 ou 5

2.º de nivel avanzado

3.2.2. Expresión e interacción escrita.

Na proba de expresión e interacción escrita, os departamentos deberán deseñar dúas tarefas referenciadas aos niveis A2 e B1, respectivamente. A elaboración das tarefas axustarase ás especificacións recollidas na táboa 4.2 segundo as seguintes fases:

1. Elixir un descritor de cada un dos niveis (A2 e B1) do PEL de adultos ou do MECRL (capítulo 4).

2. Deseñar tarefas que permitan avaliar as capacidades descritas no enunciado do descritor.

O profesorado avaliador deberá usar as táboas de baremación que se achegan nos anexos 4a (todas as linguas excepto chinés e xaponés), 4b (só chinés e xaponés), 4c (todas as linguas excepto árabe, chinés e xaponés) e 4d (árabe, chinés e xaponés) para establecer os accesos.

3.2.3. Expresión e interacción oral.

Para a proba de expresión e interacción oral, os departamentos deberán deseñar unha tarefa referenciada ao nivel B1. A elaboración da tarefa axustarase ás especificacións recollidas na táboa 4.4 e seguirá as seguintes fases:

1. Elixir un descritor do nivel B1 do PEL de adultos ou do MECRL (capítulo 4).

2. Elaborar actividades baseadas en imaxes que permitan avaliar as capacidades descritas no enunciado do descritor.

O profesorado avaliador deberá usar a táboa de baremación da expresión e interacción oral que se achega no anexo 5 para establecer os accesos.

No caso de chinés e xaponés, poderá establecerse o acceso a 3.º de nivel básico cando o nivel da persoa candidata comparta características entre os accesos a 2.º de nivel básico e 1.º de nivel intermedio.

No caso de árabe, chinés e xaponés, poderá establecerse o acceso a 3.º de nivel intermedio cando a persoa candidata comparta características entre os accesos a 2.º de nivel intermedio e 1.º de nivel avanzado.

O tribunal orientará as súas preguntas e comentarios en función do nivel de cada persoa candidata para detectar o curso máis adecuado ao que debe acceder. Non obstante, e coa idea de orientar, achegamos as seguintes microdestrezas ordenadas polo seu grao de dificultade crecente:

– Localizar, describir, interactuar (nivel A2).

– Comparar, describir, narrar, interactuar (nivel B1).

– Argumentar, convencer, describir, narrar, contextualizar, interactuar (nivel B2).

3.3. Descritores.

Para a redacción das probas, os departamentos deberán consultar os descritores que recollen o PEL de adultos e o MECRL para os niveis A2, B1 e B2. O enunciado de cada un deles pode actuar como texto xerador de ideas e facilitar o deseño dos ítems ou das tarefas que se propoñan ás persoas candidatas.

4. Especificacións para a elaboración da proba.

A proba axustarase ás especificacións que figuran nas seguintes táboas.

4.1. Comprensión de lectura.

Parámetros

Descrición das tarefas

A2

B1

B2

Tipos de textos

Xornais

Correspondencia

Carteis e sinais públicos

Cuestionarios e formularios sinxelos

Catálogos e folletos

Carteis e sinais públicos

Textos xornalísticos

Manuais de instrucións

Correspondencia persoal e formal

Catálogos e folletos

Carteis e sinais públicos

Textos xornalísticos

Manuais de instrucións

Correspondencia persoal e formal

Informes

Autenticidade

Documentos auténticos ou adaptados

Documentos auténticos ou adaptados

Documentos auténticos

Tipos de discurso

Narrativo

Informativo

Descritivo

Descritivo

Narrativo

Expositivo

Argumentativo

Descritivo

Narrativo

Expositivo

Argumentativo

Ámbito

Persoal

Público

Persoal

Público

Profesional

Educativo

Persoal

Público

Profesional

Educativo

Temas

(Non se poderá utilizar o mesmo tema para máis dun nivel.

Por exemplo, se escolle “identificación persoal” para a tarefa de nivel A2, a tarefa de nivel B1 terá que tratar dun tema distinto)

Identificación persoal

Vivenda, fogar e contorno

Tempo libre e lecer

Viaxes e transportes

Relacións humanas e sociais

Saúde e coidados físicos

Educación

Compras e actividades comerciais

Alimentación

Bens e servizos

Clima, condicións atmosféricas e ambiente

Identificación persoal

Vivenda, fogar e contorno

Traballo e profesión

Tempo libre e actualidade

Viaxes e transportes

Relacións humanas e sociais

Saúde e coidados físicos

Educación

Compras e actividades comerciais

Alimentación

Bens e servizos

Clima, condicións atmosféricas e ambiente

Ciencia e tecnoloxía

Identificación persoal

Vivenda, fogar e contorno

Traballo e profesión

Tempo libre e actualidade

Viaxes e transportes

Relacións humanas e sociais

Saúde e coidados físicos

Educación

Compras e actividades comerciais

Alimentación

Bens e servizos

Clima, condicións atmosféricas e ambiente

Ciencia e tecnoloxía

Lonxitude do(s) texto(s)

1 ou máis textos

80 palabras máximo no seu conxunto

1 ou máis textos

100 palabras máximo no seu conxunto

1 texto

120 palabras máximo

Número de ítems e formato das respostas

(Non se poderá utilizar o mesmo formato para máis dun nivel)

5 ítems en total a escoller entre:

  • Elección múltiple (3 opcións)
  • Verdadeiro ou falso
  • Asociación

5 ítems en total a escoller entre:

  • Elección múltiple (3 ou 4 opcións)
  • Verdadeiro ou falso
  • Asociación

5 ítems en total a escoller entre:

  • Elección múltiple (3 ou 4 opcións)
  • Verdadeiro ou falso
  • Asociación
  • Reconstrución/ordenación do texto

Vocabulario

Unicamente termos concretos e de uso frecuente

Unicamente termos de uso frecuente

Amplo vocabulario referido a temas xerais

Sintaxe

Unicamente estruturas sinxelas

Maioritariamente estruturas sinxelas e uso dos nexos axeitados ao nivel

Estruturas complexas cos principais nexos de coordinación e subordinación

Microdestrezas

Comprender a idea principal e as secundarias

Identificar detalles relevantes

Comprender a idea principal e as secundarias

Identificar e comprender detalles relevantes

Comprender argumentos e instrucións

Comprender a idea principal e as secundarias

Identificar e comprender detalles relevantes

Comprender argumentos e instrucións

Captar implicacións e información implícita

4.2. Expresión e interacción escrita.

Parámetros

Descrición das tarefas

A2

B1

Tipos de textos

(Debe utilizarse un tipo distinto en cada nivel)

Correspondencia persoal

Escritura creativa

Correspondencia

Escritura creativa

Ámbito

Persoal

Público

Educativo

Persoal

Público

Educativo

Profesional

Temas

(Non se poderá utilizar o mesmo tema para máis dun nivel.

Por exemplo, se escolle “identificación persoal” para a tarefa de nivel A2, a tarefa de nivel B1 terá que tratar dun tema distinto)

Identificación persoal

Vivenda, fogar e contorno

Tempo libre e ocio

Viaxes e transportes

Relacións humanas e sociais

Saúde e coidados físicos

Educación

Compras e actividades comerciais

Alimentación

Bens e servizos

Clima, condicións atmosféricas e ambiente

Identificación persoal

Vivenda, fogar e contorno

Traballo e profesión

Tempo libre e actualidade

Viaxes e transportes

Relacións humanas e sociais

Saúde e coidados físicos

Educación

Compras e actividades comerciais

Alimentación

Bens e servizos

Clima, condicións atmosféricas e ambiente

Ciencia e tecnoloxía

Lonxitude do texto

1 texto entre 50-80 palabras

1 texto entre 70-100 palabras

Formato da tarefa

Texto guiado:

  • Enunciado
  • Texto de partida (se houber)
  • 4 pautas

Texto guiado:

  • Enunciado
  • Texto de partida (se houber)
  • 4 pautas

4.3. Comprensión oral.

Parámetros

Descrición das tarefas

A2

B1

B2

Fonte dos textos

Mensaxes e avisos

Entrevistas

Transaccións e xestións

Medios de comunicación

Exposicións e presentacións

Conversas

Mensaxes e avisos

Anuncios publicitarios

Instrucións detalladas

Conversas e discusións

Entrevistas e enquisas

Exposicións e presentación

Textos audiovisuais

Mensaxes e avisos

Anuncios publicitarios

Instrucións detalladas

Conversas e discusións

Entrevistas e enquisas

Exposicións e presentación

Textos audiovisuais

Autenticidade

Documentos adaptados

Documentos auténticos ou adaptados

Documentos auténticos

Tipos de discurso

Dialóxico

Narrativo

Informativo

Descritivo

Dialóxico

Descritivo

Narrativo

Informativo

Expositivo

Dialóxico

Descritivo

Narrativo

Informativo

Expositivo

Argumentativo

Ámbito

Persoal

Público

Persoal

Público

Profesional

Educativo

Persoal

Público

Profesional

Educativo

Temas

(Non se poderá utilizar o mesmo tema para máis dun nivel. Por exemplo se escolle “identificación persoal” para a tarefa de nivel A2, a tarefa de nivel B1 terá que tratar dun tema distinto)

Identificación persoal

Vivenda, fogar e contorno

Tempo libre e ocio

Viaxes e transportes

Relacións humanas e sociais

Saúde e coidados físicos

Educación

Compras e actividades comerciais

Alimentación

Bens e servizos

Clima, condicións atmosféricas e ambiente

Identificación persoal

Vivenda, fogar e contorno

Traballo e profesión

Tempo libre e actualidade

Viaxes e transportes

Relacións humanas e sociais

Saúde e coidados físicos

Educación

Compras e actividades comerciais

Alimentación

Bens e servizos

Clima, condicións atmosféricas e ambiente

Ciencia e tecnoloxía

Identificación persoal

Vivenda, fogar e contorno

Traballo e profesión

Tempo libre e actualidade

Viaxes e transportes

Relacións humanas e sociais

Saúde e coidados físicos

Educación

Compras e actividades comerciais

Alimentación

Bens e servizos

Clima, condicións atmosféricas e ambiente

Ciencia e tecnoloxía

Duración da(s) gravación(s)

45 segundos máximo no seu conxunto (1 ou varios textos)

60 segundos máximo no seu conxunto (1 ou varios textos)

75 segundos máximo no seu conxunto

(1 ou varios textos)

Velocidade e articulación

Claridade

Lentitude

Claridade

Lingua estándar

Lingua estándar

N.º de escoitas

2

2

2

Número de ítems e formato das respostas

(Non se poderá utilizar o mesmo formato para máis dun nivel)

5 ítems en total a escoller entre:

  • Elección múltiple (3 opcións)
  • Verdadeiro ou falso
  • Asociación

5 ítems en total a escoller entre:

  • Elección múltiple (3 ou 4 opcións)
  • Verdadeiro ou falso
  • Asociación

5 ítems en total a escoller entre:

  • Elección múltiple (3 ou 4 opcións)
  • Verdadeiro ou falso
  • Asociación

Vocabulario

Unicamente termos concretos e de uso frecuente

Unicamente termos de uso frecuente

Amplo vocabulario sobre temas xerais

Sintaxe

Unicamente estruturas sinxelas

Maioritariamente estruturas sinxelas e uso dos nexos axeitados ao nivel

Estruturas complexas cos principais nexos de coordinación e subordinación

Microdestrezas

Comprender a idea principal e as secundarias

Identificar detalles relevantes

Comprender a idea principal e as secundarias

Identificar e comprender detalles relevantes

Comprender argumentos e instrucións

Comprender a idea principal e as secundarias

Identificar e comprender detalles relevantes

Comprender argumentos e instrucións

Captar implicacións e información implícita

– Guión para gravar o CD de comprensión oral.

Indícase en cursiva o texto que debe gravarse literalmente no CD:

Escolas oficiais de idiomas de Galicia

Proba de clasificación

Comprensión oral

Dispón dun minuto para ler as instrucións da portada

(1 minuto de silencio)

(bip)

Tarefa 1

Dispón de trinta segundos para ler as instrucións

(30 segundos de silencio)

(bip)

(audio correspondente á tarefa 1)

(30 segundos de silencio)

(bip)

(audio correspondente á tarefa 1)

(bip) (bip)

Fin da tarefa 1

(5 segundos de silencio)

Tarefa 2

Dispón de trinta segundos para ler as instrucións

(30 segundos de silencio)

(bip)

(audio correspondente á tarefa 2)

(30 segundos de silencio)

(bip)

(audio correspondente á tarefa 2)

(bip) (bip)

Fin da tarefa 2

(5 segundos de silencio)

Tarefa 3

Dispón de trinta segundos para ler as instrucións

(30 segundos de silencio)

(bip)

(audio correspondente á tarefa 3)

(30 segundos de silencio)

(bip)

(audio correspondente á tarefa 3)

(bip) (bip)

Fin da tarefa 3

(5 segundos de silencio)

Dispón de dous minutos ata a fin da proba

(2 minutos de silencio)

Fin da proba

4.4. Expresión e interacción oral.

Parámetros

Descrición da tarefa

Tipos de textos

Interacción

Ámbito

Persoal

Público

Profesional

Educativo

Temas

Identificación persoal

Vivenda, fogar e contorno

Traballo e profesión

Tempo libre e actualidade

Viaxes e transportes

Relacións humanas e sociais

Saúde e coidados físicos

Educación

Compras e actividades comerciais

Alimentación

Bens e servizos

Clima, condicións atmosféricas e ambiente

Ciencia e tecnoloxía

Número de tarefas

1

Tempo

Máximo 5 minutos por persoa candidata

Material que hai que elaborar

  • 10 imaxes (seleccionaranse 2 imaxes por persoa candidata)
  • Preguntas, comentarios e/ou consignas relacionados coas imaxes e de dificultade graduada

Procedemento

  • As persoas candidatas examinaranse individualmente
  • O tribunal cualificador estará composto por 2 profesores/as (un/ha deles conducirá a interacción e o/a outro/a centrarase no baremo proposto)
  • Os/as candidatos/as co/a profesor/a de acordo coas preguntas e/ou comentarios suxeridos.

5. Anexos.

Anexo 1 Instrucións para as persoas candidatas.

Anexo 2 Instrucións para as xefaturas de departamento.

Anexo 3 Instrucións para o profesorado que administrará as probas.

Anexo 4a Táboa para a avaliación da expresión e interacción escrita (tarefa 1, nivel A2).

Anexo 4b Táboa para a avaliación da expresión e interacción escrita (tarefa 1,
nivel A2: chinés ou xaponés).

Anexo 4c Táboa para a avaliación da expresión e interacción escrita (tarefa 2, nivel B1).

Anexo 4d Táboa para a avaliación da expresión e interacción escrita (tarefa 2,
nivel B1: árabe, chinés ou xaponés).

Anexo 5 Táboa para a avaliación da expresión oral.

Anexo 6 Ficha de avaliación.

Anexo 7 Acta de avaliación.

Anexo 8 Informe estatístico xeral para remitir á Dirección Xeral de Educación,
Formación Profesional e Innovación Educativa.

Anexo 9 Suxestión de proba de expresión oral.

Anexo 10 Escalas complementarias.

Anexo 1
Información para as persoas candidatas

As probas de clasificación teñen por obxecto facilitar a incorporación a calquera curso e nivel dun idioma do alumnado que dispoña de coñecementos previos del.

Lembrámoslle que as probas de clasificación non teñen carácter certificador e só pretenden avaliar o seu coñecemento da(s) lingua(s) elixida(s) co fin de situalo no curso máis acorde ao seu grao de coñecemento demostrado.

As probas de clasificación de todos os idiomas teñen como referencia os currículos para as escolas oficiais de idiomas de Galicia, baseados nos descritores do Marco europeo común de referencia para as linguas e no Portfolio europeo das linguas de adultos (16+).

Terán dereito a realizar as probas de clasificación para cada idioma aquelas persoas que desexen acceder por primeira vez ás ensinanzas de idiomas na modalidade presencial, e tamén poderán realizar estas probas as persoas que cursaron con anterioridade estudos do idioma e que non se matricularon en réxime oficial nos dous cursos anteriores ao que desexen acceder. Este alumnado deberá ter en conta que se o resultado da proba lle dá acceso a un curso que xa superou nese idioma non poderá cursalo de novo, polo que o resultado da proba non terá efecto.

O alumnado que se inscriba nas probas de clasificación terá que realizar tamén a preinscrición no idioma correspondente, se desexa optar a unha praza no primeiro curso do nivel básico no caso de que non obteña o acceso por proba de clasificación a un curso ou nivel superior.

A incorporación ao curso que determine o resultado da proba estará suxeita á dispoñibilidade de prazas no dito curso. Esta incorporación non dará dereito en ningún caso á certificación dos cursos e niveis inferiores.

O resultado obtido nas probas de clasificación terá validez nas dúas convocatorias seguintes, para os efectos de formalizar a matrícula en calquera das escolas oficiais de idiomas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Estrutura e calendario da proba de clasificación

A estrutura da proba é común para todas as linguas impartidas nas escolas oficiais de idiomas:

Destrezas

Duración

1.ª sesión

(máximo 2 horas)

Comprensión de lectura

Expresión e interacción escrita

Comprensión oral

Máximo 30 minutos

Máximo 60 minutos

Máximo 30 minutos

2.ª sesión

Expresión e interacción oral

Máximo 5 minutos por persoa candidata

A escola fixará as datas de realización da proba, dentro dos primeiros vinte días do mes de xuño.

Teña en conta que a sesión correspondente á proba de expresión e interacción oral poderá ter lugar antes ou despois da sesión correspondente ás restantes destrezas, segundo o calendario establecido pola escola.

Normas de obrigado cumprimento durante a proba

1. Prégase puntualidade na proba. Non se permitirá o acceso ás aulas a ningunha persoa candidata unha vez comezada a proba.

2. As persoas candidatas deberán presentarse ás probas cun documento que certifique a súa identidade (DNI, NIE ou pasaporte). É obrigatorio acudir á proba co xustificante da matrícula.

3. As persoas candidatas deberán seguir as indicacións que en cada momento reciban do profesorado encargado da administración da proba.

4. O profesorado escribirá no encerado a hora de comezo e de remate da proba, así como das pausas se as houber, e as datas de entrega de notas, sempre dentro dos 7 días naturais seguintes ao da realización da proba.

5. Nas partes escritas da proba, as persoas candidatas deberán usar bolígrafos azuis ou negros. Non se corrixirán tarefas realizadas con lapis, nin se permitirá o uso de correctores. Lembre que as respostas se deben escribir obrigatoriamente nos puntos destinados para ese fin nas follas de respostas. Calquera resposta fóra deles non será tida en conta.

6. Nas tarefas de elección múltiple cumprirá elixir unha soa resposta. No caso de querer cambiar a opción xa marcada, deberase marcar a nova elección e rodeala cun círculo.

7. Nas tarefas de textos con espazos en branco para completar, débese colocar unha soa palabra en cada espazo en branco, salvo que se indique o contrario. As persoas candidatas deberán escribir a resposta cunha caligrafía lexible.

8. Ao remate de cada unha das partes da proba as persoas candidatas deberán entregar os exames e calquera papel ou documento empregado durante a realización do exercicio (incluídos borradores e esquemas).

9. Nas probas de expresión e interacción escrita, as persoas candidatas deberán contar o número de palabras utilizadas e sinalalo no recadro correspondente, sen exceder o número indicado en cada unha das tarefas.

10. Cada tarefa de comprensión oral será reproducida un máximo de dúas veces. Entre cada escoita da mesma tarefa haberá unha pausa de trinta segundos, e entre cada tarefa haberá unha pausa dun minuto. Despois da última escoita os candidatos disporán de dous minutos antes de entregar o exercicio.

11. Para as probas de expresión oral as persoas candidatas serán citadas individualmente por orde alfabética de acordo cos seus apelidos.

12. Poderanse gravar as probas de expresión oral.

13. Os bolsos, abrigos, teléfonos, carpetas e demais obxectos persoais das persoas candidatas depositaranse no espazo habilitado para tal uso polo profesorado que administre a proba.

14. Os teléfonos móbiles e calquera outro dispositivo electrónico deberán permanecer apagados durante toda a proba.

15. As persoas candidatas non poderán empregar materiais de consulta de ningún tipo nin comunicarse con outras persoas candidatas e/ou externas á proba durante a súa realización.

16. Durante a proba non se permitirá a saída e posterior ingreso das persoas candidatas na aula. A saída da aula supón a finalización e entrega do exercicio.

17. Durante as pausas, se as houber, as aulas permanecerán pechadas sen que ningunha das persoas candidatas poida ter acceso ao seu interior.

Anexo 2
Instrucións para as xefaturas de departamento

1. A presente guía contén o seguinte material e documentos:

Anexo 1 Instrucións para as persoas candidatas.

Anexo 2 Instrucións para as xefaturas de departamento.

Anexo 3 Instrucións para o profesorado que administrará as probas.

Anexo 4a Táboa para a avaliación da expresión e interacción escrita (tarefa 1, nivel A2).

Anexo 4b Táboa para a avaliación da expresión e interacción escrita (tarefa 1,
nivel A2: chinés ou xaponés).

Anexo 4c Táboa para a avaliación da expresión e interacción escrita (tarefa 2, nivel B1).

Anexo 4d Táboa para a avaliación da expresión e interacción escrita (tarefa 2,
nivel B1: árabe, chinés ou xaponés).

Anexo 5 Táboa para a avaliación da expresión oral.

Anexo 6 Ficha de avaliación.

Anexo 7 Acta de avaliación.

Anexo 8 Informe estatístico para remitir á Dirección Xeral de Educación,
Formación Profesional e Innovación Educativa.

Anexo 9 Suxestión de proba de expresión oral.

Anexo 10 Escalas complementarias.

2. Para a realización das probas, a súa administración e corrección o profesorado deberá coñecer e ter sempre presentes os descritores que, para cada unha das destrezas e niveis, se presentan no Marco europeo común de referencia para as linguas.

3. De xurdir algunha circunstancia que, ao xuízo da xefatura do departamento e tras a consulta e o acordo coa xefatura de estudos, faga imposible a celebración dalgunha das probas nas datas e/ou nas horas establecidas no calendario publicado, deberase establecer unha nova data e hora para a realización da proba do idioma correspondente.

4. A xefatura de departamento deberá completar os datos correspondentes ao departamento no informe estatístico xeral que a escola deberá enviar á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Anexo 3
Instrucións para o profesorado que administrará as probas

Duración da primeira sesión da proba: 2 horas.

1. Non se permitirá a entrada ao exame a ningunha persoa candidata despois da hora de comezo da proba.

2. As persoas candidatas deberán presentarse ás probas cun documento que certifique a súa identidade (DNI, NIE ou pasaporte) e co xustificante da matrícula.

3. Cómpre comprobar a identidade das persoas concorrentes. As persoas candidatas serán chamadas por orde alfabética.

4. Debe lembrarse ás persoas candidatas que deben seguir as indicacións que reciban do profesorado encargado da administración das probas. Do mesmo xeito recomendarase ás persoas candidatas a lectura atenta das instrucións de cada unha das tarefas.

5. Escribirase no encerado a hora de comezo e de remate da proba, así como das pausas, se as houber, e as datas de entrega de notas, sempre dentro dos 7 días naturais seguintes ao da celebración da proba.

6. Ao remate de cada unha das partes da proba os/as candidatos/as deberán entregar os exames e calquera papel ou documento empregado durante a realización do exercicio (incluídos borradores e esquemas).

7. Lembrarase ás persoas candidatas que nas partes escritas só está permitido usar bolígrafos azuis ou negros, que non se corrixirán exercicios realizados con lapis, nin se permitirá o uso de correctores. As respostas deberán escribirse obrigatoriamente nos puntos destinados a ese fin. Calquera resposta fóra deles non será tida en conta.

8. Lembrarase ás persoas candidatas que nas tarefas de elección múltiple cumprirá elixir unha soa resposta. No caso de querer cambiar a opción xa marcada, deberase marcar a nova resposta e rodeala cun círculo.

9. As persoas candidatas deberán escribir a resposta cunha caligrafía lexible.

10. Lembrarase ás persoas candidatas que nas probas de expresión escrita deberán contar o número de palabras utilizadas sen exceder o número indicado en cada unha das tarefas.

11. Lembrarase ás persoas candidatas que cada tarefa de comprensión oral será reproducida un máximo de dúas veces. Entre cada escoita da mesma tarefa haberá unha pausa de trinta segundos, e entre cada tarefa haberá unha pausa dun minuto. Despois da última escoita os/as candidatos/as disporán de dous minutos antes de entregar o exercicio.

12. O profesorado que administra a proba habilitará un espazo na aula para que as persoas candidatas deixen as súas pertenzas. Os bolsos, abrigos, teléfonos, carpetas, e demais obxectos persoais das persoas candidatas depositaranse no espazo habilitado para tal uso. As persoas candidatas só poderán ter sobre a mesa DNI, NIE ou pasaporte.

13. Os teléfonos móbiles e calquera outro dispositivo electrónico deberán permanecer apagados durante toda a proba.

14. Lembrarase ás persoas candidatas que non poderán empregar materiais de consulta de ningún tipo nin comunicarse con outras persoas candidatas e/ou externas á proba.

15. O persoal examinador non dará respostas relativas aos aspectos académicos da proba.

16. Lembrarase aos candidatos que durante as probas non se permitirá a saída e posterior ingreso do alumnado na aula. A saída da aula supón a finalización e entrega do exercicio.

17. Durante as pausas, se as houber, as aulas permanecerán pechadas sen que ningunha das persoas candidatas poida ter acceso ao seu interior.

18. O profesorado examinador poderá excluír das probas aquelas persoas que contraveñan estas normas. As medidas que se adopten deberán quedar reflectidas nun informe de incidencias.

Anexo 4a
Expresión e interacción escrita • Tarefa 1 (nivel A2)

Nome da persoa candidata:

Avaliador(a):

Adecuación da tarefa (Este ítem deberá marcarse necesariamente para a corrección da tarefa pero non computará no número de ítems acadados)

r Achega a información necesaria e pertinente para cumprir a tarefa (resposta aos puntos propostos nas instrucións, respecta o número de palabras requirido...)

Competencia lingüística

riqueza e corrección

Competencia sociolingüística

consecución

(elixir só unha columna segundo a tarefa proposta)

Coherencia e cohesión

r Ten suficiente vocabulario para expresar e satisfacer as necesidades requiridas.

r Utiliza con corrección os recursos básicos de puntuación e ortografía.

r Utiliza estruturas sinxelas correctamente pero comete erros básicos sistematicamente (confunde tempos verbais, esquece manter a concordancia... ). Porén, a orde das palabras adoita ser correcta e acostuma a quedar claro o que intenta dicir.

r Utiliza estruturas e expresións memorizadas simples e habituais de uso moi corrente e frases feitas sinxelas.

Correspondencia

Escritura creativa

r A información está organizada seguindo un esquema e ten coherencia temporal básica (contén unha secuencia cronolóxica, co-relacionando tempos verbais e indicadores de tempo), aínda que aparezan erros elementais que non impiden a comprensión.

r As ideas son coherentes: non se contradín, non se repiten innecesariamente e non son confusas.

r Mantén a cohesión temática do texto utilizando recursos tales como a co-referencia (por exemplo, o uso de artigos, pronomes, demostrativos, concordancia de tempos verbais…), a elipse, as repeticións, etc.

r Enlaza grupos de palabras con conectores sinxelos («e», «pero», «entón», «porque»....)

r Desenvólvese en intercambios sociais moi breves utilizando fórmulas cotiás propias da tarefa (saúdo, fórmulas de tratamento, corpo e despedida).

r Sabe levar a cabo funcións básicas da lingua como, por exemplo, intercambiar e solicitar información; así mesmo, expresa opinións e actitudes de forma sinxela, sabe formular e responder a invitacións e suxestións, pedir e aceptar desculpas, etc.

r Sabe levar a cabo unha gran diversidade de funcións lingüísticas utilizando os expoñentes máis habituais desas funcións.

r Sabe adaptarse ás características, á organización básica, ao rexistro e ao formato do texto.

Entre 0 e 3 ítems: 1.º nivel básico Entre 4 e 8 ítems: 2.º nivel básico 9 ou 10 ítems: 1.º nivel intermedio

Anexo 4b
Expresión e interacción escrita • Tarefa 1 (nivel A2 - chinés ou xaponés)

Nome da persoa candidata:

Avaliador(a):

Adecuación da tarefa (Este ítem deberá marcarse necesariamente para a corrección da tarefa pero non computará no número de ítems acadados)

r Achega a información necesaria e pertinente para cumprir a tarefa (resposta aos puntos propostos nas instrucións, respecta o número de palabras requirido...)

Competencia lingüística

riqueza e corrección

Competencia sociolingüística

consecución

(elixir só unha columna segundo a tarefa proposta)

Coherencia e cohesión

r Ten suficiente vocabulario para expresar e satisfacer as necesidades requiridas.

r Utiliza con corrección os recursos básicos de puntuación e ortografía.

r Utiliza estruturas sinxelas correctamente pero comete erros básicos sistematicamente (confunde tempos verbais, esquece manter a concordancia... ). Porén, a orde das palabras soe ser correcta e acostuma quedar claro o que intenta dicir.

r Utiliza estruturas e expresións memorizadas simples e habituais de uso moi corrente e frases feitas sinxelas.

Correspondencia

Escritura creativa

r A información está organizada seguindo un esquema e ten coherencia temporal básica (contén unha secuencia cronolóxica, co-relacionando tempos verbais e indicadores de tempo), aínda que aparezan erros elementais que non impiden a comprensión.

r As ideas son coherentes: non se contradín, non se repiten innecesariamente e non son confusas.

r Mantén a cohesión temática do texto utilizando recursos tales como a co-referencia (por exemplo, o uso de artigos, pronomes, demostrativos, concordancia de tempos verbais…), a elipse, as repeticións, etc.

r Enlaza grupos de palabras con conectores sinxelos («e», «pero», «entón», «porque»....)

r Desenvólvese en intercambios sociais moi breves utilizando fórmulas cotiás propias da tarefa (saúdo, fórmulas de tratamento, corpo e despedida).

r Sabe levar a cabo funcións básicas da lingua como, por exemplo, intercambiar e solicitar información; así mesmo, expresa opinións e actitudes de forma sinxela, sabe formular e responder a invitacións e suxestións, pedir e aceptar desculpas, etc.

r Sabe levar a cabo unha gran diversidade de funcións lingüísticas utilizando os expoñentes máis habituais desas funcións.

r Sabe adaptarse ás características, á organización básica, ao rexistro e ao formato do texto.

Entre 0 e 4 ítems: 1.º nivel básico Entre 5 e 7 ítems: 2.º nivel básico 8 ou 9 ítems: 3.º nivel básico 10 ítems: 1.º nivel intermedio

Anexo 4c
Expresión e interacción escrita • Tarefa 2 (nivel B1)

Esta tarefa só se corrixe se a persoa candidata acadou entre 9 e 10 ítems na tarefa 1

Nome da persoa candidata:

Avaliador(a):

Adecuación da tarefa (Este ítem deberá marcarse necesariamente para a corrección da tarefa pero non computará no número de ítems acadados)

r Achega a información necesaria e pertinente para cumprir a tarefa (resposta aos puntos propostos nas instrucións, respecta o número de palabras requirido...)

Competencia lingüística

riqueza e corrección

Competencia sociolingüística

consecución

(elixir só unha columna segundo a tarefa proposta)

Coherencia e cohesión

r Ten suficiente vocabulario para expresarse sobre a maioría dos temas pertinentes para a súa vida diaria como, por exemplo, familia, gustos e intereses, traballo, viaxes e sucesos de actualidade, reformulando se é necesario.

r Manifesta un bo dominio do vocabulario elemental, pero aínda comete erros importantes cando expresa pensamentos máis complexos ou cando aborda temas e situacións pouco frecuentes.

r Emprega con razoable corrección un repertorio de expresións fixas e estruturas habituais relacionadas coas situacións máis predicibles.

r A ortografía, a puntuación e a estruturación son o suficientemente correctas como para que se comprendan case sempre.

Correspondencia

Escritura creativa

r Emprega unha gran diversidade de elementos lingüísticos sinxelos con flexibilidade para expresar gran parte do que quere.

r Enlaza unha serie de elementos breves, concretos e sinxelos para crear unha secuencia cohesionada e lineal.

r Transmite información detallada facendo entender que aspectos lle parecen máis importantes.

r Utiliza conectores para expresar relacións lóxicas tales como causa, consecuencia, finalidade, etc.

r Escribe axeitadamente correspondencia en que se solicite información, se expresen sentimentos, reaccións, desexos e aspiracións e/ou se expliquen problemas.

r Utiliza correctamente o formato e convencións da correspondencia formal e persoal.

r Escribe descricións e narracións sobre unha serie de temas cotiáns dentro da súa área de interese.

r Escribe experiencias describindo sentimentos e reaccións en textos sinxelos e estruturados.

Entre 0 e 5 ítems: 1.º nivel intermedio 6 ou 7 ítems: 2.º nivel intermedio 8 ou 9 ítems: 1.º nivel avanzado 10 ítems: 2.º nivel avanzado

Anexo 4d
Expresión e interacción escrita • Tarefa 2 (nivel B1 - árabe, chinés ou xaponés)

Esta tarefa só se corrixe se a persoa candidata acadou entre 9 e 10 ítems na tarefa 1 no caso de árabe, ou 10 ítems no caso de chinés ou xaponés

Nome da persoa candidata:

Avaliador(a):

Adecuación da tarefa (Este ítem deberá marcarse necesariamente para a corrección da tarefa pero non computará no número de ítems acadados)

r Achega a información necesaria e pertinente para cumprir a tarefa (resposta aos puntos propostos nas instrucións, respecta o número de palabras requirido...)

Competencia lingüística

riqueza e corrección

Competencia sociolingüística

consecución

(elixir só unha columna segundo a tarefa proposta)

Coherencia e cohesión

r Ten suficiente vocabulario para expresarse sobre a maioría dos temas pertinentes para a súa vida diaria como, por exemplo, familia, gustos e intereses, traballo, viaxes e sucesos de actualidade, reformulando se é necesario.

r Manifesta un bo dominio do vocabulario elemental, pero aínda comete erros importantes cando expresa pensamentos máis complexos ou cando aborda temas e situacións pouco frecuentes.

r Emprega con razoable corrección un repertorio de expresións fixas e estruturas habituais relacionadas coas situacións máis predicibles.

r A ortografía, a puntuación e a estruturación son o suficientemente correctas como para que se comprendan case sempre.

Correspondencia

Escritura creativa

r Emprega unha gran diversidade de elementos lingüísticos sinxelos con flexibilidade para expresar gran parte do que quere.

r Enlaza unha serie de elementos breves, concretos e sinxelos para crear unha secuencia cohesionada e lineal.

r Transmite información detallada facendo entender que aspectos lle parecen máis importantes.

r Utiliza conectores para expresar relacións lóxicas tales como causa, consecuencia, finalidade, etc.

r Escribe axeitadamente correspondencia na que se solicite información, se expresen sentimentos, reaccións, desexos e aspiracións e/ou se expliquen problemas.

r Utiliza correctamente o formato e convencións da correspondencia formal e persoal.

r Escribe descricións e narracións sobre unha serie de temas cotiáns dentro da súa área de interese.

r Escribe experiencias describindo sentimentos e reaccións en textos sinxelos e estruturados.

Entre 0 e 5 ítems: 1.º nivel intermedio 6 ou 7 ítems: 2.º nivel intermedio 8 ítems: 3.º nivel intermedio

9 ítems: 1.º nivel avanzado 10 ítems: 2.º nivel avanzado

Anexo 5
Táboa de baremación da expresión e interacción oral

Nome da persoa candidata:

Avaliador(a):

Accede a

1.º nivel básico

Accede a

2.º nivel básico

Accede a

1.º nivel intermedio

Accede a

2.º nivel intermedio

Accede a

1.º nivel avanzado

Accede a

2.º nivel avanzado

Interacción

r

Claras dificultades de comprensión

Non é capaz de seguir unha conversa

r

Pode responder preguntas sinxelas sobre necesidades concretas

Non ten autonomía para unha conversa

r

Pode realizar intercambios breves pero con axuda e repetición

r

Sabe comezar, manter e finalizar unha conversa

Sabe pedir axuda ou aclaración

r

Coñece frases feitas de comunicación

Dubida ás veces en situacións inesperadas do discurso

Non adoita precisar axuda

r

Usa sempre frases axeitadas ao contexto e situación

Ampla variedade de estratexias de comunicación e de funcións

Seguridade á hora de intervir, non dubida, mostra empatía e asertividade

Fluidez

(expresión e funcional)

r

Frases curtas e illadas

Inaudible ou incomprensible

r

Desenvólvese en enunciados breves con moitas pausas e dúbidas

r

Necesita tempo para planear o discurso, cústalle improvisar reparar ou autocorrixirse

Comprensible aínda que irregular ou abrupta expresión

r

Logra describir temas variados do ámbito persoal, orixe educativa ou traballo de forma fluída aínda que con lentitude

É capaz de reparar ou corrixirse

r

Exprésase clara e coherentemente

Improvisa facilmente

Ás veces dubida ante determinadas estruturas ou expresións complexas

Poucas pausas e sen importancia

r

Mostra espontaneidade

Non necesita esforzarse nin no uso de frases máis complexas, longas, etc.

Riqueza

(léxica)

r

Falta de coñecemento léxico

Termos e estruturas moi pobres ou non axeitadas

r

Repertorio moi xusto para transmisións moi simples

r

Vocabulario básico de supervivencia

Cústalle dar equivalentes, parafrasear, e dubida moito

r

Vocabulario simple e neutro directamente relacionado con comunicación básica

Pode dar equivalentes e parafrasear aínda que dubide

r

Suficiente vocabulario para expresarse na maioría dos temas exixidos de tipo familiar ou próximo

Pode dar equivalentes e parafrasear con facilidade

r

Importante coñecemento léxico axeitado a calquera tema proposto

Emprega ampla variedade de termos para evitar a repetición

Corrección

(gramatical)

r

Demasiados erros que impiden a transmisión da mensaxe

r

Escaso control de estruturas que dificulta a expresión

r

Repertorio limitado e repetitivo de estruturas básicas sen arriscar

Pódense dar erros básicos (de coordinación, mestura tempos…)

r

Emprega correctamente estruturas sintácticas básicas

Aínda que con algúns erros, transmite o que quere dicir

r

Emprega correctamente frases feitas, estruturas verbais e nominais, domina o uso dos tempos

Pode haber algún erro que non dificulta a expresión

r

Efectivo dominio das estruturas

Comunícase fielmente en calquera rexistro ou contexto

Adapta con éxito o seu coñecemento lingüístico a contextos inesperados

Pronunciación

r

Erros en termos básicos ou familiares que chega a imposibilitar a transmisión

r

Comprensible aínda que con erros frecuentes en termos básicos e terminacións

r

Correcta no vocabulario básico

Pode haber incorreccións nas terminacións

Evidente acento e influencia da lingua propia

r

En xeral, clara e comprensible

Pode haber erros de acento e entoación

r

Correcta pronunciación da maioría do léxico empregado

Non hai erros importantes nas terminacións, ou pronuncia dos termos débiles da frase

Non hai erros salientables de acento e entoación en vocábulos do ámbito familiar ou persoal

r

Domina tanto a pronuncia como o acento e a entoación tanto do vocabulario do ámbito familiar e persoal como o máis complexo

Imita o acento e a entoación da lingua estranxeira con facilidade

Anexo 6
Proba de clasificación • Resultados

Datos da persoa candidata

Apelidos e nome:

DNI:

Idioma:

EOI de

Data da convocatoria da proba:

Resultados da proba por destrezas

O resultado das destrezas na proba da persoa candidata é o seguinte:

Comprensión

de lectura

r 1.º nivel básico

r 2.º nivel básico

r 3.º nivel básico

(só chinés ou xaponés)

r 1.º nivel intermedio

r 2.º nivel intermedio

r 3.º nivel intermedio

(só árabe, chinés ou xaponés)

r 1.º nivel avanzado

r 2.º nivel avanzado

Expresión e interacción escrita

r 1.º nivel básico

r 2.º nivel básico

r 3.º nivel básico

(só chinés ou xaponés)

r 1.º nivel intermedio

r 2.º nivel intermedio

r 3.º nivel intermedio

(só árabe, chinés ou xaponés)

r 1.º nivel avanzado

r 2.º nivel avanzado

Comprensión oral

r 1.º nivel básico

r 2.º nivel básico

r 3.º nivel básico

(só chinés ou xaponés)

r 1.º nivel intermedio

r 2.º nivel intermedio

r 3.º nivel intermedio

(só árabe, chinés ou xaponés)

r 1.º nivel avanzado

r 2.º nivel avanzado

Expresión e interacción oral

r 1.º nivel básico

r 2.º nivel básico

r 3.º nivel básico

(só chinés ou xaponés)

r 1.º nivel intermedio

r 2.º nivel intermedio

r 3.º nivel intermedio

(só árabe, chinés ou xaponés)

r 1.º nivel avanzado

r 2.º nivel avanzado

A maioría das cruces nun mesmo curso determinará a proposta de matrícula da persoa candidata.

Se hai un empate (2 cruces en 2 cursos), a proposta farase para o curso inferior dos dous.

Se hai unha cruz en catro cursos distintos, proporase a matrícula no curso que indique a expresión e interacción escrita.

Proposta de matrícula

A persoa candidata poderá matricularse no curso:

r 1.º nivel básico

r 2.º nivel básico

r 3.º nivel básico

(só chinés ou xaponés)

r 1.º nivel intermedio

r 2.º nivel intermedio

r 3.º nivel intermedio

(só árabe, chinés ou xaponés)

r 1.º nivel avanzado

r 2.º nivel avanzado

Data:

Asdo.: O/A xefe/a do departamento

O resultado da proba de clasificación ten unha validez de dous cursos académicos nas escolas oficiais de idiomas de Galicia

Anexo 7
Proba de clasificación • Acta de avaliación

Datos da escola

Código do centro

Nome da escola

Dirección

Localidade

Concello

Provincia

Idioma

Data da convocatoria

Datos do alumnado

DNI ou pasaporte

Apelidos e nome

Curso o que accede

DNI ou pasaporte

Apelidos e nome

Curso ao que accede

DNI ou pasaporte

Apelidos e nome

Curso ao que accede

Data: (Se é preciso, manifeste calquera incidencia)

Asdo.: O/A xefe/a do departamento

Asdo.: Profesor/a

Asdo.: Profesor/a

Anexo 8
Proba de clasificación • Informe estatístico xeral

Datos da escola

Código do centro

Nome da escola

Localidade

Concello

Provincia

Data da convocatoria

Idioma

Número de matriculados/as

Número de presentados/as

Acceden a 1.º nivel básico

Acceden a 2.º nivel básico

Acceden a 3.º nivel básico

Acceden a 1.º nivel intermedio

Acceden a 2.º nivel intermedio

Acceden a 3.º nivel intermedio

Acceden a 1.º nivel avanzado

Acceden a 2.º nivel avanzado

Alemán

Árabe

Chinés

Español para estranxeiros

Francés

Galego

Inglés

Italiano

Portugués

Ruso

Xaponés

Total

Asdo.: O/A secretario/a Visto e prace: O/A director/a

Data:

Anexo 9
Proba de expresión oral: suxestión de proba

Características xerais.

Proba individual.

Duración: a proba desenvolverase en 5 minutos (máximo 7 minutos).

Tarefas que se van desenvolver: describir e contestar preguntas sobre tema ou área temática relacionada cunha foto, comparar fotos, opinar.

1.º paso: descrición dunha foto con preguntas dirixidas (2 minutos)

Soporte: fotografía 1.

Procedemento.

O/a examinador/a pídelle ao alumnado que mire unha fotografía en detalle durante un minuto e lle fale dela (o/a profesor/a pode preguntar: que describa as persoas, a clase, o que están a facer, o que levan posto, idades, como cren que se senten, que cren que van facer a continuación, etc.)

Criterios de avaliación referidos ao nivel básico.

Obxectivo da tarefa/contidos comunicativos: o/a alumno/a entende as instrucións e preguntas, sabe referirse e sinala o que describe sobre a foto se se lle require.

Contidos lingüísticos: tempos na forma axeitada do presente para describir, e futuro para indicar plans, vocabulario sobre idade, educación, roupa, expresar opinión (creo que…), adxectivos para indicar tamaño, forma, cor, idade, adverbios e preposicións de lugar e tempo, a pronunciación non impide a comprensión.

Se supera este nivel, séguese avaliando; se non, quedaría en 1.º de nivel básico ou en 2.º de nivel básico (ou 3.º de nivel básico no caso de chinés e xaponés).

2.º paso: comparar con outra foto sobre o mesmo tema (2 minutos).

Soporte: fotografía 2.

Procedemento.

O/a examinador/a preséntalle unha segunda fotografía e pídelle ao/á alumno/a que compare ambas as fotos (segundo o que ve nelas poderá deducir por exemplo de que tipo de escolas se trata, a tipoloxía e características do alumnado e profesorado, así como o ensino que se imparte).

Criterios de avaliación referidos ao nivel intermedio.

Obxectivo da tarefa/contidos comunicativos: o/a alumno/a comprende a instrución e é capaz de referirse a ambas fotos simultaneamente interactuando co/coa entrevistador/a.

Contidos lingüísticos: tempos na forma axeitada do presente para describir, comparativos, aumentativos, adverbios para indicar probabilidade (quizais, ao mellor,…) conectores para contrastar (mentres, mentres que….), modais para deducir e/ou expresar probabilidade, expresións idiomáticas de opinión (paréceme que, non o sei pero, na miña opinión…) e conectores (en primeiro lugar, pola outra banda, finalmente…), pronunciación correcta dos termos familiares e claridade nas terminacións verbais.

Se supera o nivel, séguese avaliando; se non, quedaría en 1.º de nivel intermedio ou en 2.º de nivel intermedio (ou 3.º de nivel intermedio no caso de árabe, chinés e xaponés).

3.º paso: opinar e argumentar sobre o tema e área temática das fotos presentadas anteriormente (3 minutos)

Procedemento.

O/a examinador/a faille un par de preguntas relacionadas co tema descrito anteriormente nas fotografías para que dea a súa opinión persoal. Por exemplo se as fotografías son dúas estancias de centros educativos poderíase optar pola seguinte batería de preguntas:

– ¿Con que tipo de escola te identificarías máis no teu caso? ¿Por que?

– Dá a túa opinión sobre o teu centro de ensino, ¿gustaríache poder ir/ter ido a estudar ao estranxeiro? ¿Por que?

– ¿Cal é a túa valoración sobre o ensino público e o privado? ¿Por que?

– ¿Que cambiarías do actual sistema do ensino?

– ¿Que cres que é mellorable?

– ¿Que cambios farías se foses ministro de educación?, etc.

Criterios de avaliación referidos ao nivel avanzado.

Obxectivo da tarefa/contidos comunicativos: o/a alumno/a comprende a instrución e é capaz de opinar, dar hipóteses, imaxinar, discutir, ofrecer distintos puntos de vista, mostrar acordo ou desacordo, falar de vantaxes e desvantaxes.

Contidos lingüísticos (a maiores dos contidos da sección anterior): tempo pasado para falar de experiencias persoais e educativas anteriores, variedade de condicionais, estruturas verbais complexas, subordinadas, ampla variedade de expresións idiomáticas, comparativos e superlativos, léxico e expresións do ámbito educativo e público, pronuncia correcta da maioría das palabras, acento e entoación.

Á vista das evidencias decidiríase se o/a alumno/a se clasifica para o 1.º ou o 2.º curso de nivel avanzado.

Anexo 10
Escalas complementarias

Este anexo preséntase co obxectivo de proporcionar escalas complementarias que axuden o profesorado a identificar o nivel das persoas candidatas despois de usar as táboas que se proporcionan nesta guía.

Esta información está recollida do Marco europeo común de referencia para as linguas e aparece graduada por niveis de concreción.

1.º nivel de concreción

Escala global

A1

É capaz de comprender e empregar expresións cotiás de uso moi frecuente así como frases sinxelas destinadas a satisfacer necesidades de tipo inmediato. Pode presentarse a si mesmo e a outros, pedir e dar información persoal básica sobre o seu domicilio, as súas pertenzas e as persoas que coñece. Pode relacionarse de forma elemental sempre que o seu/a súa interlocutor/a fale amodo e con claridade e estea disposto/a a cooperar.

A2

É capaz de comprender frases e expresións de uso frecuente relacionadas con áreas de experiencia que lle son especialmente relevantes (información básica sobre si mesmo e a súa familia, compras, lugares de interese, ocupacións, etc.). Sabe comunicarse para levar a cabo tarefas simples e cotiás que non requiran máis ca intercambios sinxelos e directos de información sobre cuestións que lle son coñecidas ou habituais. Sabe describir en termos sinxelos aspectos do seu pasado e o seu contorno así como cuestións relacionadas coas súas necesidades inmediatas.

B1

É capaz de comprender os puntos principais de textos claros e en lingua estándar se tratan sobre cuestións que lle son coñecidas, xa sexa en situacións de traballo, de estudo ou de lecer. Sabe desenvolverse na maior parte das situacións que poden xurdir durante unha viaxe por zonas en que se emprega a lingua. É capaz de producir textos sinxelos e coherentes sobre temas que lle son familiares ou nos que ten un interese persoal. Pode describir experiencias, acontecementos, desexos e aspiracións, así como xustificar brevemente as súas opinións ou explicar os seus plans.

B2

É capaz de comprender as ideas principais de textos complexos que traten de temas tanto concretos como abstractos, mesmo se son de carácter técnico sempre que estean dentro do seu campo de especialización. Pode relacionarse con falantes nativos/as cun grao suficiente de fluidez e naturalidade de modo que a comunicación non resulte difícil para ningún/ha dos/as interlocutores/as. Pode producir textos claros e detallados sobre temas diversos e tamén defender un punto de vista sobre temas xerais indicando os argumentos a favor e en contra das distintas opcións.

C1

É capaz de comprender unha ampla variedade de textos extensos e con certo nivel de exixencia, así como recoñecer neles sentidos implícitos. Sabe expresarse de forma fluída e espontánea sen mostras moi evidentes de esforzo para atopar a expresión adecuada. Pode facer un uso flexible e efectivo do idioma para fins sociais, académicos e profesionais. Pode producir textos claros, ben estruturados e detallados sobre temas de certa complexidade, amosando un uso correcto dos mecanismos de organización, articulación e cohesión do texto.

C2

É capaz de comprender con facilidade practicamente todo o que oe ou le. Sabe reconstruír a información e os argumentos procedentes de diversas fontes, xa sexan en lingua falada ou escrita, e presentalos de maneira coherente e resumida. Pode expresarse espontaneamente, con gran fluidez e cun grao de precisión que lle permite diferenciar pequenos matices de significado mesmo en situacións complexas.

2.º nivel de concreción

Análise das funcións, as nocións, a gramática e o vocabulario necesarios para realizar as tarefas comunicativas descritas nas escalas.

Nivel A1

Considérase o nivel máis baixo do uso xenerativo da lingua, o punto no que o/a alumno/a é capaz de interactuar de forma sinxela, facer preguntas e contestar sobre si mesmo, sobre o lugar onde vive, sobre as persoas que coñece e sobre as cousas que ten; realiza afirmacións sinxelas en áreas de necesidade inmediata ou relativas a temas moi cotiáns e é capaz de responder a cuestións dese tipo cando llas formulan a el, en lugar de depender simplemente dun repertorio moi limitado, ensaiando e organizando lexicamente frases que se empregan en situacións concretas.

Nivel A2

É neste nivel onde se atopan a maioría dos descritores que expoñen as funcións sociais, como, por ex.: é capaz de empregar as formas habituais de saudar e de dirixirse aos demais amablemente, saudar as persoas, preguntar como están e é capaz de reaccionar ante noticias; desenvólvese ben en intercambios sociais moi breves; é capaz de formular e contestar preguntas sobre o que fai no traballo e no seu tempo de lecer; é capaz de facer unha invitación e responder a ela; é capaz de discutir o que hai que facer, a onde ir e preparar unha cita; é capaz de facer un ofrecemento e aceptalo. Aquí tamén se van atopar descritores sobre o desenvolvemento na vida social: a versión simplificada e reducida do conxunto total de especificacións relativas a transaccións do nivel Soleira para os adultos que viven no estranxeiro como, por exemplo, é capaz de realizar transaccións sinxelas en tendas, oficinas de correos ou bancos; é capaz de conseguir información sinxela sobre viaxes; emprega o transporte público (autobuses, trens e taxis); pide información básica, pregunta e explica como se vai a un lugar e compra billetes; pide e proporciona bens e servizos cotiáns.

Nivel B1

Ten quizais dúas características principais. A primeira é a capacidade de manter unha interacción e de facerse entender nunha variedade de situacións; por exemplo: xeralmente comprende as ideas principais dos debates extensos que se dan ao seu arredor sempre que o discurso se articule con claridade nun nivel de lingua estándar; ofrece e pide opinións persoais nun debate informal con amigos; expresa de forma comprensible a idea principal que quere dar a entender; emprega con flexibilidade unha linguaxe ampla e sinxela para expresar gran parte do que quere; é capaz de manter unha conversa ou un debate, pero ás veces pode resultar difícil entendelo cando intenta dicir exactamente o que quere; exprésase comprensiblemente, aínda que sexan evidentes as súas pausas para realizar certa planificación gramatical e léxica e certa corrección, sobre todo en períodos longos de produción libre.

A segunda característica é a capacidade de saber como enfrontar de forma flexible problemas cotiáns como, por exemplo: enfrontar situacións menos correntes no transporte público, típicas situacións que acostuman xurdir cando un realiza reservas para viaxes a través dunha axencia ou cando está viaxando; participa en conversas sobre asuntos habituais sen telo previsto; é capaz de formular queixas; toma a iniciativa nunha entrevista ou consulta (por exemplo, sabe como iniciar un novo tema), malia que aínda se lle nota que depende do/a entrevistador/a durante a intervención; sabe como pedir a alguén que aclare ou desenvolva o que acaba de dicir.

Nivel B1+

As dúas características anteriores seguen presentes, co engadido de varios descritores que se centran no intercambio de cantidade de información; por exemplo: é capaz de tomar nota cando alguén solicita información ou expón un problema; é capaz de proporcionar a información concreta que se require nunha entrevista ou consulta (por exemplo, é capaz de describirlle a un/ha médico os seus síntomas), aínda que isto o fai con pouca precisión; é capaz de explicar o motivo dun problema, de resumir e dar a súa opinión sobre un conto, un artigo, un discurso, un debate, unha entrevista ou un documental e contesta preguntas que demanden detalles; é capaz de levar a cabo unha entrevista preparada, comprobando e confirmando información, aínda que pode que teña que pedir de vez en cando que lle repitan o dito se a resposta da outra persoa é rápida ou extensa; é capaz de describir como se fai algo dando instrucións detalladas; intercambia con certa seguridade información factual acumulada sobre feitos, asuntos habituais ou problemas que non sexan tan comúns, dentro da súa especialidade.

3.º nivel de concreción

De necesitar información máis detallada, os/as avaliadores/as poden consultar as escalas que consideren pertinentes dos capítulos 4 e 5 do Marco europeo común de referencia para as linguas.

Capítulo 4: Actividades comunicativas da lingua e estratexias

Expresión.

Oral

Escrita

Estratexias

  • xeral
  • monólogo sostido: descrición de experiencias
  • monólogo sostido: argumentación
  • declaracións públicas
  • falar en público
  • xeral
  • escritura creativa
  • informes e redaccións
  • planificación
  • compensación
  • control e corrección

Comprensión

Auditiva

De lectura

Audiovisual

Estratexias

  • xeral
  • comprender conversacións entre falantes nativos/as
  • escoitar conferencias e presentacións
  • escoitar avisos e instrucións
  • escoitar retransmisións e material gravado
  • xeral
  • ler correspondencia
  • ler para orientarse
  • ler en busca de información e argumentos
  • ler instrucións
  • ver televisión e cine
  • identificación das claves e inferencia

Interacción

Oral

Escrita

Estratexias

  • xeral
  • comprender a un/ha interlocutor/a nativo/a
  • conversación
  • conversación informal (con amigos)
  • conversación formal e reunións de traballo
  • colaborar para alcanzar un obxectivo
  • interactuar para obter bens e servizos
  • intercambiar información
  • entrevistar e ser entrevistado
  • xeral
  • escribir cartas
  • notas, mensaxes e formularios
  • tomar a palabra
  • cooperar
  • pedir aclaracións.

Capítulo 5: As competencias comunicativas da lingua

Lingüísticas

Sociolingüística

Pragmáticas

  • xeral
  • riqueza de vocabulario
  • domino do vocabulario
  • corrección gramatical
  • dominio da pronunciación
  • dominio da ortografía
  • adecuación
  • flexibilidade
  • quendas de palabra
  • desenvolvemento de descricións e narracións
  • coherencia e cohesión
  • fluidez oral
  • precisión

Avaliación da expresión oral

Alcance

Corrección

Fluidez

Interacción

Coherencia

A1

Ten un repertorio básico de palabras e frases sinxelas relativas aos seus datos persoais e a situacións concretas.

Demostra un control limitado dunhas poucas estruturas gramaticais sinxelas e de modelos de oracións dentro dun repertorio memorizado.

Só manexa expresións moi breves, illadas e preparadas de antemán, empregando moitas pausas para buscar expresións, pronunciar palabras menos habituais e corrixir a comunicación.

Pode formular e contestar preguntas relativas a datos persoais. Pode participar nunha conversa de forma sinxela, pero a comunicación baséase totalmente na repetición, reformulación e corrección de frases.

É capaz de enlazar palabras ou grupos de palabras con conectores moi básicos e lineais como e, entón.

A2

Emprega estruturas básicas con expresións, grupos dunhas poucas palabras e fórmulas memorizadas co fin de comunicar información limitada en situacións sinxelas e cotiás.

Emprega algunhas estruturas sinxelas correctamente, pero aínda comete sistematicamente erros básicos.

Faise entender con expresións moi breves, aínda que resultan moi evidentes as pausas, as dúbidas iniciais e a reformulación.

Pode contestar preguntas e responder a afirmacións sinxelas. Pode indicar cando comprende unha conversa, pero apenas comprende o suficiente para manter unha conversa por decisión propia.

É capaz de enlazar grupos de palabras con conectores sinxelos tales como e, pero e porque.

B1

Ten un repertorio lingüístico amplo de abondo como para desenvolverse e un vocabulario adecuado para expresarse, aínda que un tanto dubitativamente e con circunloquios, sobre temas tales como a súa familia, as súas afeccións e intereses, o seu traballo, as súas viaxes e acontecementos actuais.

Emprega con razoable corrección un repertorio de fórmulas e estruturas de uso habitual e asociadas a situacións predicibles.

Pode manter unha conversa falando de forma comprensible, aínda que sexan evidentes as súas pausas para realizar unha planificación gramatical e léxica e para facer correccións, sobre todo en períodos longos de expresión libre.

É capaz de iniciar, manter e rematar conversas sinxelas cara a cara sobre temas cotiáns de interese persoal. Pode repetir parte do que alguén dixo para confirmar a comprensión mutua.

É capaz de enlazar unha serie de elementos breves, diferenciados e sinxelos para formar unha secuencia lineal de ideas relacionadas.

B2

Ten un nivel de lingua amplo de abondo como para poder ofrecer descricións claras e expresar puntos de vista sobre temas xerais sen que se lle note que ten que buscar palabras adecuadas e sabe empregar oracións complexas para conseguilo.

Demostra un control gramatical relativamente alto. Non comete erros que provoquen a incomprensión e corrixe case todas as súas incorreccións.

É capaz de producir fragmentos de discurso cun ritmo bastante uniforme, aínda que pode dubidar mentres busca estruturas ou expresións. Non se observan pausas longas.

Pode principiar o discurso, empregar a súa quenda de palabra no momento adecuado e finalizar unha conversa cando ten que facelo, aínda que pode que non o faga sempre con elegancia. Pode colaborar en conversas que traten temas cotiáns confirmando a súa comprensión, invitando aos demais a participar, etc.

Pode empregar un número limitado de mecanismos de cohesión para converter as súas frases nun discurso claro e coherente, aínda que pode mostrar certo nerviosismo se a intervención é longa.