Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 4 de xuño de 2012 Páx. 21362

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2012 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta axencia no primeiro cuadrimestre do ano 2012.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (Diario Oficial de Galicia núm. 136 do 14 de xuño) impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

Dispoño:

Artigo único. Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas no primeiro cuadrimestre do ano 2012, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2012.

Ethel M.ª Vázquez Mourelle
Directora da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2012

Convenio

Importe total do convenio

Data da
sinatura

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Moaña para a mellora do acceso á Capela de Samertolameu (Meira -Moaña).

49.495,15

24.4.2012

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e a Deputación Provincial de Pontevedra, para levar a cabo os proxectos de mellora da seguridade viaria na estrada EP-9305, tr.: Freixo-Leiro-Ribadumia e construción dunha glorieta na intersección das estradas PO-300, EP-9508 e EP-9504 Ribadumia.

398.693,79

16.4.2012

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Cambados para a mellora de servizos urbanísticos na avenida de Galicia.

82.706,20

4.4.2012

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Xinzo de Limia para o acondicionamento da estrada OU-304 Baltar, treito N-525-Intersección estrada provincial Xinzo a Cualedro.

910.842,62

4.4.2012

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Barbadás para a mellora do firme na antiga OU-540.

231.274,70

27.3.2012

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas, a Consellería do Medio Rural e do Mar e o Concello do Corgo para a reconstrución dunha ponte na estrada de acceso a Marei-Vila-Santalla.

145.000,00

6.2.2012