Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 4 de xuño de 2012 Páx. 21360

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2012, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo da comisión paritaria do Convenio colectivo de residencias privadas da terceira idade, relativo á aclaración dos criterios establecidos pola dita comisión en relación co disposto na cláusula adicional segunda do citado convenio.

Visto o acordo polo que se procede á aclaración dos criterios establecidos pola comisión paritaria do Convenio colectivo de residencias privadas da terceira idade en relación co disposto na cláusula adicional segunda do citado convenio, subscrito na xuntanza mantida o 16 de maio de 2012, e de conformidade co disposto no artigo 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo.

A Dirección Xeral de Relacións Laborais

ACORDA:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante a Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG n.º 222, do 18 de novembro)

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2012.

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Relacións Laborais

ANEXO

En Santiago de Compostela, ás once horas do día dezaseis de maio de dous mil doce, na sede do Consello Galego de Relacións Laborais reúnense as persoas abaixo sinaladas.

– Representación empresarial:

Jorge José Ces Mariño (ACOLLE).

M.ª Celina Rey Diéguez (ACOLLE).

Lucía del Campo Redondo (AGARTE).

Tamar Hidalgo González (AGARTE).

José M.ª Pazos Seco (AGARTE).

Eva María Jove González (AGARTE).

José Antonio Patiño Amboage (AGARTE).

– Representación social:

• CIG.

Paulo Paio Rubido Bará.

Xavier Vázquez López.

• UGT-Galicia.

Belén Muñiz Caamaño.

Sonia Outón Casal.

A cuestión obxecto desta xuntanza é a aclaración dos criterios establecidos por esta comisión paritaria na xuntanza do vinte e tres de febreiro de dous mil doce, en relación co disposto na cláusula adicional segunda do II Convenio colectivo de residencias privadas da terceira idade na Comunidade Autónoma de Galicia.

Esta comisión pon de manifesto nesta aclaración que o acordado nas xuntanzas mantidas nos días dez e vinte e tres de febreiro concrétase nos seguintes termos:

O seguro regulado na cláusula adicional segunda do Convenio será aboado unha vez transcorrido o prazo de vinte e catro meses establecido no artigo 48.2 ET. Isto é, cando transcorrese a obriga de reserva do posto de traballo do traballador incapacitado.

Esta comisión autoriza o persoal habilitado do Consello Galego de Relacións Laborais para a realización dos trámites precisos para o efecto de proceder ao rexistro, depósito e publicación desta acta pola autoridade laboral.

E non tendo máis asuntos que tratar, levántase a reunión, ás doce horas do día sinalado no encabezamento, e expídese para o efecto esta acta, que asinan todos os asistentes, en proba de conformidade.