Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 4 de xuño de 2012 Páx. 21355

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 25 de maio de 2012 pola que se acorda a cesión do uso de mobiliario propiedade da Comunidade Autónoma de Galicia ao Concello de Cangas.

O artigo 27.23 do Estatuto de autonomía de Galicia, en consonancia coas competencias outorgadas ás comunidades autónomas polo artigo 148.1.20 da Constitución española, establece que a Comunidade Autónoma de Galicia ten competencia exclusiva en materia de asistencia social. No exercicio desta competencia exclusiva, aprobouse a Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.

Segundo o Decreto 109/2012, do 22 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo e Benestar e tendo en conta o Decreto 13/2012, do 4 de xaneiro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, a Consellería de Traballo e Benestar é o departamento da Administración autonómica ao que lle corresponde, de conformidade co Estatuto de autonomía e coa Constitución, o exercicio das competencias en materia de servizos sociais, incluíndo as políticas de familia, menores, benestar social, inclusión social, servizos comunitarios, atención aos discapacitados e ás persoas maiores, a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia.

Consonte o artigo 60.1.b) da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, é competencia dos concellos a creación, xestión e mantemento dos servizos sociais comunitarios específicos. Non obstante, o artigo 59.i) da mesma lei tamén lle atribúe á Xunta de Galicia a competencia para a creación, mantemento e a xestión dos centros e programas dos servizos sociais comunitarios específicos que, pola súa natureza, ámbito supramunicipal ou outras circunstancias, debidamente xustificadas, asuma a Xunta de Galicia. Por outra parte, o artigo 64 desta mesma lei establece que a Xunta de Galicia promoverá unha efectiva coordinación e cooperación cos concellos co fin de asegurar a calidade e unha cobertura equilibrada dos servizos sociais en todo o territorio, especialmente no que atinxe á creación e ao mantemento de servizos sociais comunitarios específicos.

Ao abeiro destas previsións normativas, a Consellería de Traballo e Benestar conta co informe favorable, con data do 4 de abril de 2012, da Asesoría Xurídica da Consellería de Traballo e Benestar para a sinatura do convenio de colaboración co Concello de Cangas para darlle continuidade ao funcionamento do centro sociocomunitario do dito concello, como servizo social comunitario específico de titularidade local.

De acordo co previsto no dito convenio, para os efectos de colaborar co Concello de Cangas no amoblamento do centro sociocomunitario dese concello como servizo social comunitario específico de titularidade municipal, a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Traballo e Benestar, comprometeuse a poñer a disposición do Concello de Cangas o uso do mobiliario do antigo centro sociocomunitario titularidade da Xunta, que xa non está en funcionamento, para o seu destino ao novo centro sociocomunitario municipal.

A Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia é propietaria do mobiliario do centro sociocomunitario de Cangas.

O artigo 82.1 da Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, permite a cesión de bens mobles da Comunidade Autónoma sempre que se dediquen a fins de utilidade pública ou interese social e o artigo 85.1 do mesmo texto legal establece que os bens e dereitos obxecto da cesión só poden destinarse aos fins que a xustifican, e na forma e coas condicións que se establezan no correspondente acordo. Así mesmo, o artigo 82.3 da Lei 5/2011, establece que a cesión pode ter por obxecto a propiedade do ben ou dereito, o seu usufruto ou só o seu uso.

Para tal fin, a Consellería de Traballo e Benestar tramitou o expediente de cesión, de conformidade co disposto no artigo 82.1 da Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia e no artigo 96 bis do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o regulamento da Lei 3/1985.

Polo exposto e en uso das facultades que me confiren os artigos 34.6 e 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, e o artigo 83.3 da Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo 1.

Acórdase a cesión do uso a favor do Concello de Cangas dos seguintes bens:

Cantidade

Código

Designación

1

Armario de dúas portas

1

Cadeira de despacho negra con respaldo alto, con rodas e sen brazos

1

Cadeira de oficina negra con rodas

8

Cadeiras amarelas con medio respaldo e con brazos

12

Cadeiras amarelas con respaldo alto e con brazos

8

Cadeiras amarelas con respaldo alto e sen brazos

2

Cadeiras grises con respaldo alto e con brazos curvados

22

Cadeiras grises con respaldo alto e con brazos

11

Cadros de cristal con foto

1

Caixa de chaves

1

Caixa de correo de suxestións

2

Caixoneiras

1

Destrutora de papel Fellowes P-40

1

Encerado

5

Estantes

1

Estante de seis ocos

1

Estante de dous ocos

2

Extintores

1

Impresora Lexmark T 642

1

Impresora/fotocopiadora Olivetti d-Color MF 2000

1

Maceteiro

1

Mesa de despacho

1

Mesa de reunións

1

Mesa de televisión

4

Mesas pregables (200 x 90 cm)

4

Mesas redondas (60 cm de diámetro)

10

Mesas (80 x 80 cm)

10

Mesas de ordenador

1

Moble baixo de dúas portas

1

Mostrador

1

Ordenador marca Óptima

4

Ordenadores marca Inves

7

Ordenadores marca Visa Hermes

10

Papeleiras

3

Paraugueiros

6

Percheiros

1

Radiador de aceite Solac

2

Reloxos de parede redondos, funcionamento a pilas, marca Alba Quartz

1

Sillón de despacho negro, imitación pel, sen rodas

14

Sillóns

2

Taboleiros de anuncios (un de corcho e outro de metal e cristal)

1

Teléfono/fax Panasonic KX-FL401

1

Televisor Phillips UVSH 56 modelo 14 PT6107/00

2

Televisores Samsung DV3 1080 Full HD

Artigo 2.

As cesións sinaladas no artigo anterior quedan sometidas ás seguintes cláusulas:

a) De conformidade co establecido no artigo 96 bis, punto 2, do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o regulamento da Lei 3/1985, a cesión outorgarase polo prazo do ano natural 2012, período de vixencia do convenio, prorrogable por períodos anuais sucesivos, condicionada a que se manteña o seu destino ao centro sociocomunitario municipal de Cangas, se así o acordase expresamente a consellería cedente, logo de petición do cesionario con anterioridade ao vencemento do período anterior, quedando excluída a tácita recondución.

b) Os bens cedidos, tal como establecen os artigos 82.1 da Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e artigo 96 bis do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o regulamento da Lei 3/1985, destinaranse a fins de utilidade pública ou interese social. Concretamente, destinaranse ao equipamento do novo centro sociocomunitario municipal do Concello de Cangas.

c) Se os bens cedidos non se aplicasen aos fins sinalados, se se descoidasen ou utilizasen con grave quebranto ou se incumprisen as condicións do acordo, considerarase resolta a cesión e os bens reverterán na Comunidade Autónoma de Galicia, que terá dereito a percibir, logo da taxación pericial, o valor do detrimento ou deterioracións que experimentasen.

d) Serán por conta do cesionario o detrimento ou a deterioración sufridos polos bens cedidos, sen que sexan indemnizables os gastos nos que incorra para cumprir as cargas ou condicións impostas.

Artigo 3.

As ditas cesións formalizaranse mediante acta subscrita pola secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar ou funcionario en quen delegue, e debe constar nela o acordo de cesión e a aceptación do cesionario.

Disposición derradeira primeira.

Facúltase a secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar para ditar e realizar as resolucións e trámites necesarios para o desenvolvemento e a execución desta orde.

Disposición derradeira segunda.

Esta orde terá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2012.

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar